O Festival do Leite trouxo este sábado a Lugo unha escolma dos mellores grupos musicais galegos do momento, cun cartel encabezado polos emblemáticos Siniestro Total. Os concertos iniciáronse ás 13 horas e prolónganse ata a madrugada. Milleiros de persoas achegáronse a un certame que tomo como cumio a actuación do grupo de rock vigués.
O festival, desta vez en Lugo, volveu poñer en valor a importancia do sector lácteo para Galicia
O festival, que se celebrou no parque fluvial do Río Miño, en Lugo, foi organizado por Deleite, a marca propiedade de gandeiros galegos, que con este evento trata de poñer en valor a importancia do sector lácteo para Galicia e promover o leite como un alimento natural e saudable.
Durante toda a xornada, desfilaron polos dous escenarios do festival bandas como Os Amigos dos Músicos, Caxade, Cachas&Cousins, Primordiais ou Adrián Costa&The Criers. O evento, aínda que de acceso libre, ten tamén unha finalidade solidaria, xa que se recoleron alimentos para a Federación Galega de Bancos de Alimentos.
En canto aos beneficios das barras do Festival, irán destinados a ONGs que traballan coas persoas refuxiadas.