O novo imposto ao autoconsumo enerxético empurra os consumidores á economía mergullada

Cuberta solar fotovoltaica para autoconsumo CC-BY xornalcerto

O autoconsumo a través de instalacións fotovoltaicas (os paneis solares), pequena e mediana eólica e outras tecnoloxías será unha solución menos rendible para rebaixar o custo que pagan os usuarios na factura da luz tras a reforma que presentou o Goberno. As novas condicións para o sector eléctrico contemplan unha imposta -peaxe de respaldo- que terán que pagar os produtores de electricidade para consumo propio.

Coa nova repartición de custos da factura da luz, que sobe na parte fixa e baixa na variable, penalízase directamente a eficiencia enerxética. O consumidor preocupado por non gastar moita electricidade xa non aforrará tanto no seu recibo. Esta nova medida anunciada polo Ministerio de Industria que castiga o aforro contrasta con outro Real Decreto, de 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios e que obriga a pasar unha serie de requisitos aos propietarios das vivendas para aforrar enerxía.

Ante as constantes subidas na factura da luz dos últimos tempos, máis do 70% en seis anos, moitas persoas optaron por instalar no teito das súas casas ou dos seus pequenos negocios placas solares que xerasen electricidade e aforrar parte da factura. Agora estes mesmos usuarios están a pensar moi seriamente en declararse insubmisos ou directamente desenfucharse da rede.

É o caso de Ricard Jornet, un empresario hostaleiro que apostou polo autoconsumo instantáneo e a eficiencia no seu restaurante Lasal del Varador, en Mataró. Foi o primeiro proxecto solar en toda Europa viable sen primas nin axudas de ningún tipo. Con motivo da Feira Intersolar de Munich, o pasado 19 de xuño, recibiu o premio ao mellor proxecto solar pola instalación de autoconsumo solar de 8 kW. Un mes despois, e tras a reforma do Goberno, Jornet di "verse obrigados moralmente a devolver o premio, xa que co novo Real Decreto que vai entrar en vigor xa non son rendibles”.

Coas placas solares que instalou no teito do seu local podía permitirse baixar os prezos da súa carta grazas á vantaxe competitiva respecto ao resto de restaurantes da zona que lle proporcionaba o aforro conseguido na factura da luz

Coas placas solares que instalou no teito do seu local podía permitirse baixar os prezos da súa carta grazas á vantaxe competitiva respecto ao resto de restaurantes da zona que lle proporcionaba o aforro conseguido na factura da luz. "Persoalmente creo que se pode apostar pola ecoloxía dentro da economía" comenta Fornet: "benefícianos a nós que aforramos, beneficia o cliente que goza de mellores prezos e ademais contribuímos a mellorar o medio ambiente".

Respecto á peaxe de respaldo que prevé impor o Goberno ao autoconsumo, este empresario que apostou pola cuberta solar no seu restaurante sinala que "é moi grave o que van facer, ou fágome insubmiso ou íllome enerxeticamente falando, non teño intención de pagar este novo imposto, paréceme moi inxusto. Fixen a instalación en decembro de 2012, que me custou 13.500 euros, sen ningún tipo de axuda nin subvención e agora esnaquízannos todo o plan de aforro previsto".

Ricard Fornet ten claro que todos estes "despropósitos" son debidos a que "as grandes empresas do sector eléctrico están a ver como se lles está terminando o negocio"

Ricard Fornet ten claro que todos estes "despropósitos" son debidos a que "as grandes empresas do sector eléctrico están a ver como se lles está terminando o negocio. Está a crecer o autoconsumo instantáneo enormemente nos últimos tempos e querían dar a volta á situación para seguir obtendo beneficios".  Coa nova regulación Lasal do Varador consegue un 48,6% menos de aforro. Un proxecto destas características, no que se mira a rendibilidade a longo prazo, foi sometido a un estudo de SolarTradex que concluíu que coa nova regulación, en 20 anos, o aforro acumulado pasa de case 38.000 euros antes a que agora sexa de algo máis de 10.000.

Segundo advirten fontes do sector, a nova normativa pode levar a que moitos usuarios se mergullen, é dicir, fagan autoconsumo sen declaralo para así evitar a peaxe de respaldo

Segundo advirten fontes do sector, a nova normativa pode levar a que moitos usuarios se mergullen, é dicir, fagan autoconsumo sen declaralo para así evitar a peaxe de respaldo. O Goberno xa contemplou esta posibilidade e obriga a que todos os usuarios de autoconsumo a través de fotovoltaica se inscriban no rexistro oficial no prazo de dous meses desde que entre en vigor o Real Decreto. Doutro xeito, enfrontaranse ao corte de subministración ou sancións que poden chegar até os 30 millóns de euros. Xorde a dúbida de como se perseguirá a fraude no sector, xa que parece pouco verosímil que se inspeccionen as casas en busca de instalacións solares.

 

Beneficios cernados

Non supón custe para o sistema eléctrico; consegue maior eficiencia enerxética ao evitar as perdas por transporte, porque a enerxía prodúcese preto dos puntos de consumo

Esta forma de autoabastecemento enerxético, ademais do beneficio evidente que produce no peto do usuario, xera unha importante cantidade de efectos positivos que detalla a Plataforma para o impulso da xeración distribuída e o autoconsumo enerxético. Non supón custe para o sistema eléctrico; consegue maior eficiencia enerxética ao evitar as perdas por transporte, porque a enerxía prodúcese preto dos puntos de consumo; diminúe o gasto en combustibles fósiles e a dependencia enerxética de España co exterior; permite un aforro a través da redución de emisións de CO2 e logra canalizar o aforro privado cara a un investimento local e próximo que beneficiaría toda a sociedade.

As asociacións que apostan polo autoconsumo aseguran que coa nova regulación, todos estes beneficios se reducirán. O novo imposto que se aplicará (peaxe de respaldo) levará a uns períodos de amortización das instalacións de autoconsumo moito máis elevados do que podían ser coa normativa anterior ao Real Decreto anunciado polo Executivo hai unhas semanas. A Asociación para o aforro e a eficiencia enerxética (ANAE) asegura que o período de amortización dunha instalación agora será de 17 anos mentres que antes da nova regulación era de 5,7.

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) considera que "o Goberno lexisla en contra dos autoconsumidores de enerxía"

Varias empresas de instalación e posta en marcha de placas solares para autoconsumo, a tecnoloxía máis utilizada dentro das renovables, aseguran que a desconfianza se estendeu entre os clientes e algúns botáronse atrás despois do anuncio do borrador do Real Decreto que anunciou o Goberno. ”Até setembro ou outubro que entren en vigor as reformas definitivamente non podemos botar contas, agora mesmo o sector está parado e varios clientes interesados no autocosumo botáronse atrás despois de coñecer o novo panorama”, aseguran desde a empresa burgalesa de instalacións fotovoltaicas Abasol. Pola súa banda, a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) considera que "o Goberno lexisla en contra dos autoconsumidores de enerxía".

A toda a restrición en autoconsumo hai que sumar que se prohibe o mix enerxético, é dicir, non se poden instalar simultaneamente dúas tecnoloxías diferentes, por exemplo, placas solares combinado con minieólicos.

“É que isto é coma se alguén que ten unha horta na súa casa e planta os seus tomates tivese que pagar un imposto por comelos”, comentan fontes de UNEF

UNEF, a principal asociación empresarial do sector, calcula que os fogares pagarán ao redor dun 27% máis de impostos por consumir a enerxía propia que un usuario que a tome da rede convencional. Se a potencia contratada é maior, como sucede no caso das industrias, as diferenzas aumentan. A peaxe de respaldo pode chegar a ser, en determinadas condicións, até o 2360% máis cara que se se consumise da rede, o que fai que un proxecto de autoconsumo na industria sexa completamente inviable. “É que isto é coma se alguén que ten unha horta na súa casa e planta os seus tomates tivese que pagar un imposto por comelos”, comentan fontes de UNEF.

A Asociación Española para a Calidade na Edificación (Asece) considera que a peaxe de respaldo ao autoconsumo instantáneo é ilegal e así llo fixo saber á Comisión Nacional da Enerxía, que ten que emitir nas próximas semanas un informe non vinculante no que valore o borrador do Real Decreto que lle presentou o Goberno.

Cuberta solar fotovoltaica para autoconsumo CC-BY xornalcerto

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.