A Consellaría de Traballo e Benestar presentou o martes 3 de abril a súa proposta de eliminar setenta postos de traballo ante a Mesa Xeral de Negociación de Empregados e Empregadas Públicas, algo que foi denunciado pola CIG, que salientou que estas medidas supoñen o peche do Centro de Menores de Montealegre, en Ourense, "coa xustificación de unificar nun único complexo de menores en Ferrol". O sindicato tamén denuncia que pecha de maneira encuberta o Centro de Menores Soutomaior, trasladando os traballadores fixos e despedindo ao persoal laboral.
Así mesmo, segundo a denuncia, a Consellaría de Traballo e Benestar amortizaría deste xeito dúas prazas de ordenanzas nas residencias de maiores de Santiago, Volta do Castro, Oleiros e Ferrol, "contratando unha empresa de seguridade privada para as quendas de noite que ata o de agora viña facendo o persoal da Xunta e despedindo ao persoal temporal que ocupaba os postos". Finalmente, a CIG tamén denuncia que a Consellaría minimiza ao máximo os cadros de persoal da residencia de Tempo Libre de Patos e da residencia de Carballiño.
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña denuncia as medidas que a Consellaría vén adoptando dende hai meses, "comezando pola eliminación das compensacións horarias" obrigan "a que traballemos máis horas reais"
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña denuncia as medidas que a Consellaría vén adoptando dende hai meses, "comezando pola eliminación das compensacións horarias" obrigan "a que traballemos máis horas reais de traballo efectivo". O Comité afirma que "a Consellería, a conta nosa, gaña tempos de traballo, polo que dentro de pouco teremos á Consellería dicindo que lle sobran traballadores".
Os traballadores e traballadoras de Benestar veñen de iniciar unha campaña de protestas, comezando pola recollida de sinaturas e o escrito Futuro para os centros de Traballo e Benestar. Así mesmo, a partir deste luns 9 terán lugar asembleas no centros de traballo, que levarán a unha mobilización máis xeral a finais do mes de abril.
- Escrito de recollida de sinaturas polo Futuro para os centros de Traballo e Benestar