Traballo desviou 26 millóns de euros para formación

Mobilización da CIG ante unha oficina de emprego CC-BY-NC-SA CIG

Nunha nota feita pública pola Consellería de Traballo o día 21 de xaneiro de 2013 afirmaba que ía destinar 46,4 millóns de euros a formación para o emprego. O PSdeG acusouna de desviar 16 millóns dos fondos que destinaba o Estado para formación e que se financian coas cotas á Seguridade Social por formación profesional. A conselleira negouno. No “Consello de Ministros” do venres, 8 de novembro, formalizouse a distribución dos fondos de 2013 dos que se destinan á formación en Galicia 60,5 millóns e a obradoiros de emprego case 20 millóns adicionais, todos eles financiados coa cota de formación.

A orixe, que sexa unha cota, fai que o seu destino teña que ser finalista. Con eses cartos non se pode facer outra cousa que para o que foi recadado.

Unha vez mais desvelase que a conselleira Beatriz Mato mentiu como cando dixo que a clave S-698 non podía sacar parados das estatísticas e saíron, e como moitas outras veces. Unha vez mais os feitos desvelan a súa mentira. Galicia recibe preto de 80,5 millóns de euros para formación para o emprego que veñen das cotas que pagamos todos á Seguridade Social. A orixe, que sexa unha cota, fai que o seu destino teña que ser finalista. Con eses cartos non se pode facer outra cousa que para o que foi recadado.

Fondos para formación Orzamento 2013 Segundo Mato Tranferencia do Estado Diferenza
Formación de traballadores ocupados 6.638.525 6.000.000 9.386.337 -3.386.337
Formación de traballadores desempregados 36.359.450 36.359.450 51.161.210 -10.701.760
Formación en centros propios 10.649.000 4.100.000
TOTAL 53.646.975 46.459.450 60.547.547 -14.088.097
Obradoiros de emprego 22.725.223 7.700.000 19.821.321 -12.121.321
Financiado coa cota de formación 76.372.198 54.159.450 80.368.868 -26.209.418

Os fondos dos obradoiros de emprego que aparecen na columna “Mato” son os que figuran na Orde deste ano que os regula e aos que destina esa cantidade e que tamén se financian coas cotas. Mato desviou dos fins para os que todos cotizamos mais de 26 millóns de euros.

Feijoo e Beatriz Mato eliminaron os fondos que a Xunta destinaba para políticas activas de emprego e que no último orzamento que deixou aprobado o bipartito eran 72,9 millóns de euros. En 2013 os 72,9 estaban xa convertidos en 1,7 millóns de euros.

Os 3.232 millóns que se transferían ás comunidades autónomas en 2011 quedaron convertidos en 1.392 millóns dos que 951 eran de cotas de formación

Cando chegaron Rajoy e Bañez ao goberno fixeron o mesmo que en Galicia: eliminaron todos os fondos agás os que viñan de cotas da Seguridade Social. Así os 3.232 millóns que se transferían ás comunidades autónomas en 2011 quedaron convertidos en 1.392 millóns dos que 951 eran de cotas de formación. Reducen a unha cuarta parte o aporte do Estado. Todo isto co paro medrando. Entre 2011 e hoxe, o recorte de Rajoy, o paro medrou nun 19%, hai 926 mil parados mais. En Galicia, onde os recortes xa veñen dende 2009, hai 115 mil parados mais, un 71% mais. Para que recorten os fondos das políticas de emprego

As políticas que sofren os recortes son as de contratación directa de parados, autoemprego, incentivos á contratación, persoas con discapacidade, contratación de orientadores, axentes de emprego, etc. O PP non cre nas políticas de emprego e non sabe definilas, pero non quere dicilo. Elimina os fondos pero non quere que se saiba, quere disimular. Por elo cos fondos destinados á formación fan outras cousas, pero son fondos finalistas. Ademais menten e negan que o fagan. Medra o paro e sacan parados das estatísticas, quitan os fondos e redistribúen para ver se non se nota tanto.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.