
A carretaxe, mancha eterna das eleccións en Galicia
As últimas denuncias presentadas en Amoeiro ou Sandiás volven incrementar as sospeitas sobre as votacións en moitas vilas e parroquias do país. As demandas seguen, pero a compra de vontades, o traslado de enfermos a votar ou as presións a anciáns continúan sen demasiado escándalo.