Estoupa un artefacto nun caixeiro de Novagalicia Banco en Vigo. Só causou danos materiais, segundo recolle Europa Press.
Fálase
O 25% da mocidade española coida que a muller debe traballar menos e coidar os fillos e fillas. É o resultado dunha enquisa do INJUVE que recolle Faro de Vigo
Arenas e Álvarez-Cascos comparecen hoxe ante o xuíz como testemuños no caso Bárcenas. El Diario ofrece as dez claves que o PP ten en conta ante estas declaracións.
A policía multa o voceiro das persoas afectadas polas preferentes no Baixo Miño, Xulio Vicente, por unha manifestación á que non foi. Cóntao El País
A multinacional McDonald's propón xornadas laborais de 74 horas aos seus empregados nos Estados Unidos, segundo recolle o blog Principia Marsupia
Un equipo dirixido pola directora galega Cora Peña está a procurar micromecenas para realizar un documental sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. Tesouro de Corcoesto pódese apoiar a través da plataforma Goteo.org
Unha asociación de persoas consumidoras denuncia a aeroliña Ryanair por subir os prezos dos billetes a Santiago tras o accidente de tren do pasado 24 de xullo. Recólleo Europa Press na súa web.
Rajoy volverá inaugura o curso político en Galicia. Será o vindeiro día 31, nun acto de partido no castelo de Soutomaior xunto a Alberto Núñez Feijóo, segundo informa o PP de Pontevedra.
O primeiro ministro de Noruega conduce un taxi durante unha tarde para ter contacto directo coa cidadanía. Recólleo El Diario.
O alcalde de Londres, Boris Johnson, acusa o Goberno de España de recuperar os controis da "época de Franco" en Xibraltar e ista o gabinete de Rajoy a quitar "as súas mans do peñón". Faino nun artigo de opinión no Daily Telegraph.