AO VIVO | Recepción oficial das esculturas do Mestre Mateo en Santiago
Santiago celebra a recepción oficial e inicio da exposición das esculturas do Mestre Mateo recuperadas tras 70 anos de espolio dos Franco. O acto está organizado polo Concello no Museo do Pobo Galego, que acolle as pezas dende a pasada semana. Nel están previstas intervencións da alcaldesa, Goretti Sanmartín, e representantes dos dous gobernos municipais previos, o encabezado por Martiño Noreiga, que iniciou o preito para recuperar as estatuas, e o liderado por Xosé Sánchez Bugallo, que o continuou.