A débeda da Xunta mantense por riba dos 11.000 millóns de euros

A débeda pública da Xunta situouse no segundo trimestre de 2017 nos 11.363 millóns de euros. Son 219 millóns máis que no trimestre anterior, pero 636 máis que un ano antes, o que implica un crecemento de case o 6% interanual. O endebedamento supón o 19,2% do PIB do país, 5 décimas máis que no mesmo trimestre de 2016. A débeda é a partida orzamentaria do Goberno galego que máis subiu dende 2009. A Xunta vén resaltando que a súa débeda está "controlada" e que é unha das de menor peso entre as comunidades autónomas do Estado.