Galicia, exemplo para Alemaña e Portugal de como facer cooperación descentralizada

Dominio Público Praza Pública

Que nos tempos que corren Alemaña pida asesoramento a outro país europeo xa é noticia. Se ademais se trata dun sector posto en xaque en España polos últimos recortes nos Orzamentos Xerais, xa é unha rareza. Pero isto vai máis aló, porque o asesoramento é sobre unha forma de facer que se está poñendo en dúbida no propio país. Trátase da cooperación ao desenvolvemento desde redes locais descentralizadas.

Unha forma de axuda ao Terceiro Mundo que coñecen perfectamente desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, xa que levan 15 anos poñendo en marcha. Trátase dunha rede de municipios e deputacións que, á marxe de axudas estatais, pon en marcha programas, vacacións solidarias ou sensibilización sobre os Obxectivos do Milenio, entre outros. Aínda que a crise tamén lles pasou factura -este anos déronse de baixa como socios dúas deputacións e varios municipios-, manteñen o apoio de case un cento de concellos. Unha forma de facer que chamou a atención de Fine+p, unha ONGD alemá participantes do proxecto, e do Instituto Marqués de Val Flor, entidade lusa impulsora de Redes para ou desenvolvemento.

Unha forma de facer que chamou a atención de Fine+p, unha ONGD alemá participantes do proxecto, e do Instituto Marqués de Val Flor, entidade lusa impulsora de Redes para ou desenvolvemento

“En Alemaña e Portugal non existen redes especializadas de entidades locais coordinado vos seus esforzos, presentes pero fragmentados, en cooperación internacional e defensa dúas Dereitos Humanos”, explica Daniel González, técnico do Fondo Galego presente na reunión do proxecto da pasada semana en Alemaña. A pesar diso, a situación dos dous países non é a mesma, xa que en Portugal existe unha rede de 15 autarquías apoiadas pola Asociación Nacional de Municipios portugueses e o Instituto portugués de apoio ao desenvolvemento.

“O Fondo Galego leva tempo animando aos concellos portugueses a aliárense nunha estrutura semellante á nosa, pero sen tratar de impoñer modelos”

O proxecto, financiado pola UE e que se prolongará ata finais de 2013, trata de mellorar a coordinación, a coherencia e a clásica ferramenta da geminaçao portuguesa –“O noso irmanamento, presente en case a totalidade de cámaras municipais de Portugal, que son 315”, afirma González. “O Fondo Galego leva tempo animando aos concellos portugueses a aliárense nunha estrutura semellante á nosa, pero sen tratar de impoñer modelos”, explicou o presidente do Fondo, Alfredo Novoa, na presentación no 2011 do proxecto, no que participan ademais dos mencionados a Câmara Municipal da Marinha Grande e a de Loures.

O caso alemán é diferente. “Os obxectivos do proxecto en Alemaña son menos ambiciosos, de diagnose e de identificación de posibles sinerxias dentro da acción exterior en materia de cooperación do municipalismo alemán”, índica González. Para iso, basearanse nos cimentos que xa existen, como o irmanamento dunha vintena de municipios alemáns con Nicaragua. Tamén se realizarán mesas redondas, debates, obradoiros e ata un seminario para que os técnicos locais e as autoridades municipais de ambos os países coñezan mellor como pode funcionar unha rede descentralizada en cooperación.
 

O financiamento, clave

"A eficacia da axuda conséguese mancomunando esforzos, coordinándose, e chegando a acordos de longo percorrido que lle dean sentido tamén, á acción exterior de Galicia"

Unha das cousas que diferencia ao Fondo Galego doutras ONGD ou institucións e que é moi valorado no proxecto é o financiamento. Recibe as achegas dos seus socios, municipios e deputacións, e non dos Orzamentos Xerais do Estado ou da Xunta –tan só para o Plan de sensibilización-. Isto pode ser un escollo ás veces, pero tamén unha vantaxe, ante os recortes ou os cambios de Goberno por exemplo. “A axuda municipal mellorarase sempre coa implicación institucional, e iso acostuma vincularse á vontade política. Pero máis alá desta obviedade, a eficacia da axuda conséguese mancomunando esforzos, coordinándose, e chegando a acordos de longo percorrido que lle dean sentido tamén, á acción exterior de Galicia”.

Por iso, un dos puntos que deben debater antes as redes municipais que se creen é se esa unión se realiza a través de irmanamentos ou de asociacións. Para o técnico do Fondo Galego, as segundas teñen unha clara vantaxe ante as primeiras: “As asociacións permiten vinculacións de diferente intensidade, diferentes velocidades, así desde unha mera adscrición até unha política activa dentro da mesma. Iso permite que as mudanzas políticas non determinen toda a vida do relacionamento colectivo”.

Un dos puntos que destacan do proxecto é a creación de Plataformas virtuais en Galicia, Portugal e Alemaña e a análise da acción transnacional

Esta unión tamén está aberta ao exterior, onde a proximidade xeográfica pasa a un segundo plano pola proximidade nos obxectivos. Por iso, un dos puntos que destacan do proxecto é a creación de Plataformas virtuais en Galicia, Portugal e Alemaña e a análise da acción transnacional. “A flexibilidade das asociacións é total”, explica González, xa que a acción non só se centra nunha rexión ou colectivos, senón que pode determinarse por áreas ou sectores. “O caso patrocinado por UNICEF de Cidades Amigas da infancia sería un bo exemplo”.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.