O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou a estatística de variacións residenciais do ano 2011. Estes datos recollen as altas e baixas producidas nos padróns por cambio de residencia e indican que o ano pasado emigraron un total de 52.841 españois dos cales 27.273 foron homes e 25.568 mulleres.
Este dato supón un incremento de case o 42% respecto dos ocorrido en 2010, cando foron 37.278 -15.563 menos que un ano despois- os españois que optaron por trasladar a súa residencia ao estranxeiro.
Os cinco países preferidos por quen se marcharon son, por esta orde, Reino Unido (6.706), Francia (4.759), Estados Unidos (4.410), Alemaña (3.963) e Ecuador (3.430)
Os cinco países preferidos por quen se marcharon son, por esta orde, Reino Unido (6.706), Francia (4.759), Estados Unidos (4.410), Alemaña (3.963) e Ecuador (3.430). Que Ecuador apareza entre os destinos preferidos débese a que moitos inmigrantes ecuatorianos e os seus descendentes retornan ao seu país coa nacionalidade española.
38.404 retornados
En canto ao retorno, é dicir, as altas rexistradas de españois provenientes do estranxeiro, no 2011 ascenderon a 38.404, o que supón un lixeiro aumento respecto de 2010, cando foron 33.109. Cabe destacar, que en 2009 foron 29.635 e en 2008 33.781, o cal indica un incremento lixeiramente significativo.