Tras a interminable noite do pasado 27 de outubro na que se conseguíu salvar por enésima vez a UE e a Grecia, Sarkozy apareceu en televisión capitalizando o acuerdo. No entanto, aproveitou a entrevista para atacar a Françoise Hollande que acababa facerse coa candidatura do PS. Acusouno de querer voltar ao pasado, de querer crar máis emprego público para calmar a sindicatos, maís despilfarro e de querer traer de novo a xubilación aos 60 anos. Le Monde sinaolu que Sarkozy iniciara a súa campaña como se fora o candidato da oposición en non o presidente que opta a unha reelección do seu cargo.
Hollande, o eterno segundón, é a cabeza visible dos socialistas, vai por diante nas enquisas e parece que recolleu o sentimento xeral de cambio, pero está por ver como reaccionará cando a campaña o domine todo
Hai analistas, sobre todo nos medios máis conservadores que insisten en que na mala imaxe de Sarkozy influíu moito o feito de que carecese dun rival visible estes últimos anos cun PSF presa das liortas internas. Agora, Hollande, o eterno segundón, é a cabeza visible dos socialistas, vai por diante nas enquisas e parece que recolleu o sentimento xeral de cambio, pero está por ver como reaccionará cando a campaña o domine todo. Despois de anos perdidos e de decepcións como a de Jospin, Hollande optou por unha volta ao socialismo clásico, algo que demandaban militantes e simpatizantes do PS que perdeu unha boa parte da sua base tradicional, a clase obreira, a quen os recortes e as deslocalizacións están levando a facelos receptivos das propostas do FN.
Primarias abertas
Nunhas primarias abertas a todo o mundo (previo pago dunha taxa de un euro para financialas), Hollande impúxose a Martine Aubry, primeira secretaria do PS e a un sorprendente Arnaud Montebourg que se destapou cunha campaña antiglobalizadora e pedindo máis proteccionismo social e nacional. Xunto a estes dous piares, Hollande ten pola dereita a Manuel Valls (tamén candidato nas primarias) en labores de voceiro, un político de ascendencia española que destaca polo seu gusto liberal no económico.
Hollande, ex marido de Ségolène Royal e graduado por tres das grandes escolas (Negocios, Política e Administración) é un candidato accidental después do que se deu en chamar o Affaire DSK. Pese á sua apariencia seria din que ten sentido do humor. Fíxose popular por dicir que é un «político normal que non gusta aos ricos» que soe identificar con aqueles que gañan máis de 4.000 euros ao mes. Esto e dicir que aspira a unha «presidencia normal» fronte á época de Sarkozy valeulle o apodo de Mr. Normal. Se sae elexido presidente poderá falar sobre esta materia, a normalidad, co outro dos grandes defensores da mesma, o seu homólogo español, Mariano Rajoy.
A UMP ven atacando a Hollande dicindo que a súa Francia «é a Grecia de hoxe». É certo que Hollande é máis dixerible para o cidadán francés, cando menos así o amosan as enquisas. Como tamén o é que nas mesmas enquisas á pregunta de quen pode lidiar mellor coa crisis, Sarko todavía aventaxa a Hollande, aída que só sexa por unha cuestión de anos en servizo. Ademais non hai que esquecer a mestría de Sarkozy á hora de dar titulares. Ante a política de «home normal» ofrecida por Hollande, o presidente contestou: «este home pensa que [a política] é un traballo normal».
No seu xa célebre discurso Le Bourget pronunciado o pasado domingo ante 10.000 militantes socialistas, Hollande torou de Mitterrand para, á vez que criticaba ao presidente sen citalo, pedir unha volta aos valores do socialismo galo: «Eu amo á xente, outros están fascinados polo diñeiro», declarou. Hollande explicou que o «verdadero inimigo é o mundo das finanzas», e prometeu una reforma integral que abarcaría máis taxas para ricos e grandes empresas e una fiscalidade máis razonable para as clases medias ademáis de incrementar o estado de benestar social en todos os eidos. Un xiro copernicano que, sen embargo, foi matizado nos últimos días e xa elude falar de «inimigo» para referirse aos mercados.
Michel Caubet, empregado de correos e membro do sindicato CGT pensa que «pode que esta sexa a última oportunidade para a esquerda en Francia»
Michel Caubet, empregado de correos e membro do sindicato CGT pensa que «pode que esta sexa a última oportunidade para a esquerda en Francia». Na súa mente pesan os descalabros e os ridículos dos últimos anos pero sobre todo «as políticas de dereita feitas por quen di defender aos traballadores». Na mesma liña amósase Pierre-Paul Gregorio. «A xente agarda un cambio, agora ben, creo que se ese cambio non é palpable e máis ou menos real, coido que o terreo para a chegada da FN estará máis que abonado». A ultradeireita é un monstro con dúas cabezas. Unha agochada e outra visible. «Se escoitas ben, partes do discurso de Le Pen (antiglobalización, partidos tradicionais vendidos, perda de poder por parte da cidadanía) é até de sentido común e mesmo podería ser mercado pola extrema dereita», sostén Gregorio.
É o que teñen os extremos, que medran en épocas convulsas como a actual, aínda que uns extremos fano máis rápido que outros. En Francia 2,87 millóns de desempregados, una cifra que se multiplica por dous contando os territorios de ultramar (un millón só no último ano). A pesares da percepción xeral, a ninguén se lle escapa que a nave ten o sobrepeso da débeda (1,8 billones de euros, 600.000 só no último ano), e a crecente incertidume, non se sabe até que punto interesada, sobre a sustentabilidade do Estado de benestar.
En cinco anos de presidencia de Sarkozy, Francia xa non está no clube da triple A e os escándalos de corrupción petan cada día con máis forza nas portas do Elíseo. Os franceses están cansos das súas formas. Vese na televisión e nos medios, sobre todo Sarkozy é pasto dos humoristas. Despois de atrocinar guerras (a de Libia) e ningunear adversarios o xefe do Estado vese no seu epílogo. «Se perdo deixoo, é seguro», dixo, según revelou Le Monde a pasada semana. «En todo caso, estou cerca do final. Por primeira vez na miña vida, enfrento o final da miña carreira».
Está por ver se era só unha corazonada como a que Wikileaks revelou nos cables diplomáticos. Que cando era neno lle confesou a seu pai que un día sería presidente de Francia.