Hollande gaña por puntos un combate que se prevé aínda longo

François Hollande Dominio Público Praza Pública

As previsións que vaticinaban unha alta abstención non se cumpriron. A participación rozou o 80%, moi cerca da colleitada hai cinco anos. Tampouco as que adiantaban una vitoria clara do candidato socialista Françoise Hollande. E menos as que nin facían sospeitar o resultado obtido finalmente pola Fronte Nacional de Marine Le Pen que, cun 19% de apoios, converteuse onte ademais de na terceira forza máis votada, na grande animadora para unha segunda volta que terá lugar o 6 de maio.

Se onte había que buscar un vencedor na primeira volta das Presidenciais galas podemos dicir que Françoise Hollande, de 57 anos, co 28% dos sufraxios (no momento de pechar esta crónica co 80% escrutado) cumpriu e xogarase a Presidencia de Francia en segunda volta con Nicolas Sarkozy (57 anos), que foi segundo cun 26,9%.

Porén, a verdadeira bomba foi a forza amosada pola ultradereita francesa. Co seu discurso antisistema e ultranacionalista, Marine Le Pen será o árbitro encargado de dirimir quen ocupará o Eliseo os próximos cinco anos. O FN rebasou en case 7 puntos á esquerda de Jean-Luc Mélenchon (11,7%) e quedou a menos de oito puntos de Sarkozy quen, pese a que moitos o daban por morto, volveu amosar que é un político con moitas vidas.

Unha sondaxe difundida onte por Ipsos tras o peche dos colexios electorais sinalaba que na segunda rolda Hollande acadaría un 54% fronte ao 46% de Sarkozy; mentres que outra de CSA sinalaba cifras de 56% e 44% respectivamente

Aínda que conseguiu salvar o pelexo o anecdotario converte a Sarkozy no primeiro presidente saínte que perde na primeira quenda presidencial. Aínda así, hai tamén un dato para manter a esperanza nas liñas da UMP. Nas últimas cinco Presidenciais, un socialista, Mitterrand en 1981; e un conservador, Chirac en 1995, gañaron a segunda volta tras saír derrotados a primeira noite. Unha sondaxe difundida onte por Ipsos tras o peche dos colexios electorais sinalaba que na segunda rolda Hollande acadaría un 54% fronte ao 46% de Sarkozy; mentres que outra de CSA sinalaba cifras de 56% e 44% respectivamente.

"Eu son o candidato dos que queren mudar páxina", dixo Françoise Hollande aos militantes que se deron cita nun ximnasio de Tulle, a súa cidade natal, desde onde se dirixiu aos franceses pasadas as nove da noite. "O 6 de maio quero unha vitoria, unha vitoria á  altura de Francia, a súa historia e o seu futuro", dixo para rapidamente facer unha chiscádela aos votantes da Fronte de Gauche de Mélenchon e dos verdes de Eva Joly (sexta cun 2,3% dos sufraxios): "Eu son o candidato de todas as esquerdas, represento á esquerda".

Pese a saír vitorioso, Hollande non conseguiu onte deixar finiquitada a elección presidencial. A súa foi unha vitoria máis amarga do que cabía agardar, de igual xeito que a derrota de Sarkozy déixalle marxe para recompoñerse á espera do que poida pasar cos votos da extrema dereita

Pese a saír vitorioso, Hollande non conseguiu onte deixar finiquitada a elección presidencial. A súa foi unha vitoria máis amarga do que cabía agardar, de igual xeito que a derrota de Sarkozy déixalle marxe para recompoñerse á espera do que poida pasar cos votos da extrema dereita.

"Trátase dun acto de confianza no noso país para corrixir a xustiza, reducir a débeda e protexer a nosa industria. Promover os valores da República e o seu futuro incluíndo a transición enerxética", argumentou o socialista na súa intervención, máis unha vez dirixida aos seus votantes pero tamén aos dos demais partidos do arco da esquerda. "É algo que repetín aos franceses durante a campaña e eles, de xeito coherente dixéronme que estou na mellor posición para convérteme no próximo presidente", asumiu.

"A primeira rolda representa a fin de cinco anos e a negación do ex presidente (en referencia a Sarkozy), cuxo discurso dos últimos meses fíxolle o xogo á extrema dereita", recoñeceu Hollande e referencia aos resultados da formación de Marine Le Pen. "O FN nunca chegara a tal nivel nunha elección presidencial, incluso en 2002 ―cando o pai de Marine, Jean-Marie Le Pen conseguiu pasar á segunda rolda cun 16,9% dos votos―, non mobilizara tantos votos".

 

"O momento crucial chega agora"

Nicolas Sarkozy foi o último líder en comparecer onte case ás dez da noite. Entre unha multitude que coreaba o seu nome, o aínda presidente sinalou que "os franceses fixeron un acto de civismo e desmentiron todas as predicións".

"O momento crucial chega agora", indicou o presidente quen, crecido por uns resultados mellores dos agardados lanzou un envite ao socialista Françoise Hollande

"Sei que a preocupación dos nosos compatriotas é preservar a súa forma de vida, é a pregunta central de esta elección", sinalou Sarkozy cuxas palabras tiñan que pelexar entre os berros de ledicia dos seus seguidores. "O momento crucial chega agora", indicou o presidente quen, crecido por uns resultados mellores dos agardados lanzou un envite ao socialista Françoise Hollande: "Todo debe ser discutido, sen hipocresía, polo que propoño organizar tres debates". Até o momento, nas dúas semanas que restan de campaña antes do 6 de maio só hai un debate programado entre os dous candidatos, o 2 de maio, e salvo sorpresa será o único. Tras o envite de Sarkozy, o entorno de Hollande apresurouse a rexeitar a oferta lanzada. No cara a cara, Sarkozy é aínda moi perigoso igual que nun estrado onde dá renda solta a unha poderosa oratoria.

"Sei da angustia e o sufrimento dos franceses. Eu enténdoos: protección das fronteiras, inmigración, traballo e seguridade", sinalou. Unha declaración en crave nacional, velada pero dirixida aos "patriotas preocupados polo futuro da nación", moitos deles votantes do FN que serán decisivos. "A través dos nosos esforzos, podemos achegarnos á segunda rolda con confianza. Fago un chamamento a todos aqueles que aman ao seu país para que se unan a min".

 

A "Resistencia" de madame Le Pen

"A batalla de Francia só acaba de comenzar", dixo Le Pen, exultante, mostra do gran resultado colleitado onte e que converte á súa formación nunha sorte de árbitro de face á segunda rolda o próximo 6 de maio. E, de paso, poñendo o ollo nas lexislativas de xuño nas que moito terá que dicir se é quen de manter este nivel de apoio. Le Pen, instalada no seu discurso antisistema, fixo un chamamento aos "patriotas de esquerda e dereita, aos defensores da súa identidade", para asegurar que o FN é a "única oposición real á esquerda ultra-liberal, permisiva e libertaria". Unha argumentación en principio contraditoria, pero non na campaña levada por Le Pen quen chama a "unha ampla coalición de patriotas".

Segundo unha sondaxe publicada onte por Ifop o 48 % dos votantes de Marine Le Pen apoiarán a Sarkozy e o 31% a Hollande

"Millóns de franceses pasaron esta noite á Resistencia". Unha resistencia contra o que Le Pen consideran una alianza entre os partidos maioritarios, PS e UMP, os mercados e os "burócratas da UE", que "poñen en perigo a Francia". "A onda a azul está sacudindo esta noite o sistema. Preciso da vosa axuda para continuar o traballo e que o pobo francés recupere a súa liberdade, dignidade e orgullo". Segundo unha sondaxe publicada onte por Ifop o 48 % dos votantes de Marine Le Pen apoiarán a Sarkozy e o 31% a Hollande.

 

Sarkozy ten un dilema. Ir polos votantes de Le Pen radicalizando aínda máis o seu discurso e perder ao centrista e europeísta Bayrou (8,8%), ou ir polo centro e perder á dereita máis extrema

O dilema de Sarkozy

Sarkozy ten un dilema. Ir polos votantes de Le Pen radicalizando aínda máis o seu discurso e perder ao centrista e europeísta Bayrou (8,8%), ou ir polo centro e perder á dereita máis extrema. Precisamente Bayrou non quixo pronunciarse onte. "Vou falar cos dous candidatos para a segunda rolda, escoitar as súas respostas e vou tomar unha decisión".

Pola súa banda, a esquerda tería entre o 43 e o 44% do 50,69% de 1981 pero coa dereita máis dividida. Como contrapartida, Hollande acada o mellor resultado dun socialista na primeira rolda das Presidenciais.

Jean-Luc Mélenchon, pese a non acadar o obxectivo de rebasar á ultradereita e acabar cuarto cun 11% superou amplamente o 1,93% colleitado polos comunistas en 2007 polo que non se pode falar dun fracaso da esquerda máis ortodoxa. Mélenchon foi quen de artellar unha voz e de recuperar para a esquerda un discurso que semellaba perdido. Onte, desde a praza de Stalingrado en París, lembrou a os seus que non se equivocaran ao dirixir a súa campaña "contra o perigo da ultradereita", polo que de cara á segunda rolda pediu a os seus "un voto alto e claro contra Sarkozy e a ultradereita máis forte" Na mesma liña se amosou a ecoloxista Eva Joly, quen sinalou que os resultados da formación de Marine Le Pen "son unha ameaza para a República".

 

Uns comicios máis europeos que nunca

As de onte foron unas eleccións que se xogaban en toda Europa. O propio Hollande deixouno claro ao sinalar que había "moitos países estaban mirando a Francia nestes momentos".

Tras depositar o seu voto Françoise Hollande dixo aos xornalistas que "a elección do próximo presidente non era nacional, senón que terá un peso no curso de Europa"

De cumprirse os prognósticos que aínda lle dan unha vitoria ao socialista será a fin do pequeno Napoleón, quen en 2007 prometera recuperar a grandeur perdida da grande Francia e que, co paso dos anos converteuse nunha especie de mala copia do mariscal Petain: dobregando Francia a Alemaña coma no tempo da ocupación da Segunda Guerra Mundial, chamando a pechar fronteiras e volvendo falar dunha Francia con falso cheiro imperial.

A dimensión continental coa que se presentaron as oitavas presidenciais da V República non escapou aos candidatos nestes últimos días pese a que a campaña moveuse dentro de claros marxes nacionais. Tras depositar o seu voto Françoise Hollande dixo aos xornalistas que "a elección do próximo presidente non era nacional, senón que terá un peso no curso de Europa".

París segue a ser a segunda praza de mando na zona euro e a quinta economía mundial polo que a ninguén se lle escapa que a chegada dun socialista ao Eliseo traería como consecuencia unha sorte de terremoto nunha Unión Europea onde os conservadores son maioría con 23 dos 27 gobernos membros e na que até 15 gobernos caeron desde que estalara a crise hai catro anos.

Tanto os medios alemáns como os franceses resaltaron esta semana a situación na que quedaría a chanceler Angela Merkel de confirmarse o cambio de rumbo en París. Pese a que nun principio a súa participación en campaña dábase por descontado, Merkel e Alemaña fóronse diluíndo a medida que o discurso de Sarkozy tornaba máis nacionalista e proteccionista. Se Hollande gaña o próximo 6 de maio prometeu que a primeira parada no estranxeiro será Berlín. Unha visita non exenta de morbo xa que case todos os líderes dos países europeos con peso negáronse a recibir ao candidato socialista nos meses previos ás eleccións.

A Berlín levará o seu anunciado plan de virar a política de austeridade imposta na UE por Merkel e seguida cegamente por Sarkozy

A Berlín levará o seu anunciado plan de virar a política de austeridade imposta na UE por Merkel e seguida cegamente por Sarkozy ―máis fóra que dentro de Francia―. O seu plan repetiuno en cada mitin de campaña: modificar o actual pacto fiscal que aínda ten que ser refrendado en Alemaña ―onde por certo Merkel precisa dos apoios parlamentarios do SPD―, para que inclúa un paquete de estímulos económicos entre os que destaca algo que non gusta nada no actual executivo xermano, os chamados eurobonos e un cambio no funcionamento do BCE para que, no canto de seguir prestando cartos públicos aos bancos o faga directamente aos estados membros. Hollande xogouse a isto a súa gran aposta e, coma advertiu o venres antes de pechar a campaña, "se Alemaña non accede, Francia non ratificará o pacto fiscal".  

A diferenza de Hollande que se mantivo seguro e confiado durante a longa campaña, o aínda presidente foi dando tombos. Mentres se separaba de Merkel, na última semana acabou por tomar o plan de Hollande como propio e mesmo reclamou ao presidente do BCE, Mario Draghi, un pulo a prol do crecemento, unha palabra que semella maldita no seo da UE.

Sarkozy insistiu durante a campaña que ou el, ou o caos. E o caos para o aínda presidente non é outro que España, á que as políticas do anterior goberno socialista conduciron á grave situación económica na que se atopa. O problema para Sarkozy é que moitas das políticas levadas ao cabo polo PSOE en España foron semellantes ás que el mantivo estes cinco anos, co agravante de que en 2007 prometera un cambio de rumbo.

"Traballar máis para gañar máis" e unha "República irreprochable" foron os seus mantras pero duráronlle até a mesma noite electoral de 2007, onde nun dos lugares máis luxosos de París celebrou a vitoria. Desde entón foi perdendo o apoio de gran parte dos franceses que lle entregaran un cheque en branco en 2007 e o que todo eran fogos artificiais acabou por converterse en pólvora mollada entre os escándalos de corrupción, as súas amizades e os desgustos nas estatísticas macroeconómicas.

Así e todo, a crise aínda non golpeou forte a Francia polo que a súa conxura, a ameaza do que podería pasar cun socialista no Eliseo foi o seu principal argumentario para tratar de convencer a uns votantes aos que, como en 2007, lles volveu dicir que agora si, "cambiara".

Pero o de Hollande é tamén un desafío. Pode converterse na figura crave da esquerda dos próximos anos ao protagonizar unha sorte de resurrección. O home capaz de devolver á socialdemocracia a honra perdida por mor da crise ou, se non cumpre co prometido, o líder que acabou por soterrar o soño socialdemócrata

Desde esta noite todo o acontecido é pasado en espera de ver se Hollande confirma a súa vitoria o próximo 6 de marzo. Unha vitoria agardada por moitos que cren que, despois de catro anos afundidos na crise, todas as políticas levadas ao cabo pola UE baixo o mandamento único da austeridade non serviron para nada.

Pero o de Hollande é tamén un desafío. Pode converterse na figura crave da esquerda dos próximos anos ao protagonizar unha sorte de resurrección. O home capaz de devolver á socialdemocracia a honra perdida por mor da crise ou, se non cumpre co prometido, o líder que acabou por soterrar o soño socialdemócrata. Hai quen pensa que de ser así, chegará a hora dos extremos. Será nas dúas beiras da liña divisoria, pero polo visto onte, a ultradereita é a que arestora conta cun músculo máis poderoso

François Hollande Dominio Público Praza Pública
Nicolas Sarkozy Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.