Unha ollada sobre as marchas oranxistas en Belfast

© Alba Viñas

Como cada ano, a Orde de Orange marchou hai uns días polas rúas da capital do Ulster para conmemorar a vitoria do rei protestante Guillermo III de Orange sobre o católico Jaime II na batalla del Boyne en 1690, desfiles que adoitan atravesar zonas católicas. Hai marchas oranxistas en distintas cidades de Irlanda do Norte durante todo o verán e as de Belfast, ao redor do 12 de xulo, coinciden con unha ponte de 4 días festivos. 

Estas marchas están rodeadas habitualmente pola violencia e tamén o estiveron este ano. Numerosos mozos protestantes expresaron o seu descontento despois de que a chamada Comisión de Desfiles, que toma a decisión final sobre o traxecto que os oranxistas poden facer, decidise por primeira vez impedir que estes pasaran por Ardoyne, zona católica do norte de Belfast. Houbo decenas de feridos.

Despois do desfile, que dura toda a mañá, hai discursos políticos nunha campa da cidade. E o día antes móntanse enormes cacharelas nas que se queiman bandeiras irlandesas. Entre as curiosidades que podemos ver fotos están algunhas estrelas de david. A razón é que a comunidade xudea, que se estableceu en Belfast a comezos do século XX, apoiou tradicionalmente o unionismo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.