"Un paso adiante no movemento real vale máis que cen programas" (Marx).
Dicía Antonio Gramsci que un dos prerrequisitos para romper ca hexemonía da clase dominante é romper co sentido común, cunha situación que consideramos normal, obxectiva e aceptábel pero que en realidade está controlada por intereses de clase concretos. No sentido común imposto polo réxime do 78, o Congreso presentábase como un órgano neutral, representante da soberanía popular. Realmente, o Congreso presentábase como unha institución case relixiosa, por encima das contradicións sociais, o marxe das estruturas de clase que dividen a sociedade.
O 25S é un deses dias que rachan co sentido común, que obrigan a cidadanía a asumir unha postura crítica: ante os acontecementos do 25S ninguén pode dicir "dáme igual", "non teño opinión" ou "son neutral"
O 25S é un deses dias que rachan co sentido común, que obrigan a cidadanía a asumir unha postura crítica: ante os acontecementos do 25S ninguén pode dicir "dáme igual", "non teño opinión" ou "son neutral". Como canta Nacho Vegas nunha de estas cancións que son marabillosas para saír ás rúas, "Solo hay dos bandos y ahora tienes que escoger".
Pero; como se configuran estes bandos? Están configurados de previamente ou configúranse na loita? A resposta é complexa, pero dende logo é evidente que a crise non afecta a todos por igual, polo que loxicamente as estruturas sociais preconfiguran o enfrontamento. Pero dito isto, debemos ter en conta como os feitos moldean as conciencias. Atrevéndonos a refutar a Gramsci, podemos citar unha frase moi sabia da filosofía popular: "unha imaxe vale mais que mil palabras". A imaxe de miles de cidadáns rodeando un Congreso protexido por centos de antidisturbios vale mais que mil manifestos chamando a ruptura do réxime. Esta visión reflexa o antagonismo que existe na sociedade: os de arriba, dispostos a defenderse ata o final, fronte os de abaixo, que aínda están reconstruíndo un imaxinario colectivo. Unha loita desigual, pero que o 25S tornou lixeiramente favorábel aos de abaixo, pois o concepto de cidadán (persoa con dereitos e deberes) xa non se poderá asociar facilmente ó Congreso e as institucións do Réxime. Volvemos a sociedade censitaria: uns poucos teñen dereitos, pero deberes os temos case todos.
Unha loita desigual, pero que o 25S tornou lixeiramente favorábel aos de abaixo, pois o concepto de cidadán (persoa con dereitos e deberes) xa non se poderá asociar facilmente ó Congreso e as institucións do Réxime.
A reacción represiva do Réxime fronte o pobo ten varias explicacións. En primeiro lugar, a tradición da dereita española, nacional-católica, cegada por un odio e o medo histórico contra o pobo de esquerdas. En segundo lugar, a dinámica propia que adquire un corpo como os antidisturbios, unha banda de auténticos sociópatas enfrontados ca maioría social. Unha mafia descontrolada que asume unha mentalidade de fortaleza asediada e que reacciona cás vísceras, vendo en cada mobilización unha oportunidade para dar reda solta os seus instintos máis baixos. Pero realmente, como en todos os matóns, a súa saña revela a súa covardía: témenlle a resposta do pobo autoorganizado, o pobo que se defende. Os acontecementos do 25S lexitiman a autodefensa dos de abaixo, máis cando a infiltración policial foi escandalosa e burda, propia da lumpenoligarquia analfabeta que goberna o Estado Español.
Nun contexto de ataques brutais contra o 99% (pequena burguesía incluída, como demostra a subida do IVE, que só favorece as grandes empresas), o Partido Popular necesita reagrupar a súa base conservadora para un posíbel enfrontamento social
Por último, está outro factor non menos importante. Nun contexto de ataques brutais contra o 99% (pequena burguesía incluída, como demostra a subida do IVE, que só favorece as grandes empresas), o Partido Popular necesita reagrupar a súa base conservadora para un posíbel enfrontamento social. O mensaxe de Rajoy é o mesmo que utiliza sempre unha burguesía sen argumentos: "Somos o goberno da maioría silenciosa, o goberno do orde, o dique de contención fronte os extremistas". Esta explicación vulgar encerra o auténtico pensamento da ideoloxía dominante. Rajoy, Cifuentes e compañía cren que o 25S foi creado pola extrema esquerda: son incapaces de comprender que protestas como o 25S non están controladas por ninguén, senón que son provocadas polas contradicións e desigualdades do sistema capitalista.
Son incapaces de comprender que protestas como o 25S non están controladas por ninguén, senón que son provocadas polas contradicións e desigualdades do sistema capitalista
O que mais teme a lumpenoligarquia española é que se reconfigure unha conciencia de clase antagonista onde a pluralidade dos asalariados, parados, estudantes configuren un bloque histórico capaz de xerar unha alternativa a súa ditadura de recortes e austeridade. Acontecementos como os do 25S deixan claro que si os de abaixo queremos mudar as cousas, só podemos contar cas nosas propias forzas.