A anécdota do pleno parlamentario da investidura do novo presidente deste noso país púxoa o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, proclamando presidente da Xunta ao eleito Rueda, cando esa cualidade xurídicamentee aínda precisaba do seu nomeamento polo Xefe do Estado, Maís aló dun posíbel lapsus linguae a expresión reflicte o interiorizado que temos que o proceso de elección do Presidente da Xunta é un asunto que só lle compete á cidadanía galega.
O interese real deste pleno parlamentario estivo no confrontamento entre o discurso continuista, de apelación á estabilidade e a unha suposta previsibilidade do novo presidente Rueda fronte á alternativa de goberno que reflectiu a voceira do BNG, Ana Pontón
Mais o interese real deste pleno parlamentario estivo no confrontamento entre o discurso continuista, de apelación á estabilidade e a unha suposta previsibilidade do novo presidente Rueda fronte á alternativa de goberno que reflectiu a voceira do BNG, Ana Pontón. A líder soberanista tivo a habilidade de xerar un auténtico debate político os dous únicos proxectos de gobernanza viábeis existentes hoxendía na Galicia. Para iso houbo mudar o guión comúnmente aceptado para esta caste de debates, priorizando a propia alternativa fronte á crítica ao programa do candidato. Velaí a incomodidade amosada por Rueda, que ficoiu moi escurecido no seu protagonismo, malia o grande favorecemento que o Regulamento do Parlamento de Galicia lle outorga ao candidato no debate de investidura, no que pode falar cando lle peta e sen límite de tempo.
Rueda apela ao continuismo e a esa suposta estabilidade que Núñez Feijóo cre exportábel ao conxunto do Estado. Pontón apela á transformación e a unha remuda substancial das fórmulas de gobernzanza
Xa que logo, os termos do debate ficaron claros: Rueda apela ao continuismo e a esa suposta estabilidade que Núñez Feijóo cre exportábel ao conxunto do Estado. Pontón apela á transformación e a unha remuda substancial das fórmulas de gobernzanza, mais dun xeito empático e tranquilo, sen rupturas.
Velaí que este confrontamento garante centos de milleiros de seareiros para cada un dos dous relatos. As persoas que pensen que a xestión nestes trece anos foi boa ou, cando menos, discreta e aceptábel e non priorizan como obxectivos a reindustralización, a reagrarización, o reforzamento dos servizos públicos sanitarios, sociais e educativos estarán co PP de Rueda. E os que aposten pola alternativa con Pontón e coas demáis forzas que poden sumar canda ela e o BNG.
Pontón pode facelo no 2024 se non se aparta do camiño que tracexou até de agora e segue a priorizar a amabilidade, a transversalidade, a integración, a comprensión da súa mensaxe por case todas as persoas
Ninguén pode saber o resultado práctico para este país dun Goberno presidido por unha soberanista. É certo. Mais o que si sabemos son as resultas do programa de máis do mesmo de Rueda: empobrecemento, emigración das persoas novas avellentamento, despoboación. Menos autogoberno e menos benestar. Menos futuro e menos ilusión.
Pontón pode facelo no 2024 se non se aparta do camiño que tracexou até de agora e segue a priorizar a amabilidade, a transversalidade, a integración, a comprensión da súa mensaxe por case todas as persoas e máis a representación e acollemento dos intereses das grandes maiorías sociais.