'A Cesta de Mazás': unha novela galega para 'desertar'

A Cesta de Mazás (Medulia) © Orgullo Galego

Medulia Editorial publica A cesta de mazás (2024) de Alexandro Bouzó, unha lectura moi estimulante que se pode encadrar no xénero da novela filosófica e que non subestima á capacidade dos lectores de facerse cargo dos grandes temas aos que esta enfronta

Recentemente Medulia Editorial publicou A cesta de mazás (2024) de Alexandro Bouzó, a que é a segunda obra do escritor ponteareán tras a publicación en 2019 de Pensamiento contrafáctico. Trátase dunha lectura moi estimulante que se pode encadrar no xénero da novela filosófica e que, sen dúbida, non subestima á capacidade dos lectores de facerse cargo dos grandes temas aos que esta enfronta. 
 

A trama e os temas

O libro narra a historia de Arturo, un hacker apresado nunha cárcere por rebelar varios segredos que implican a xente poderosa do país. Na trama do libro aparecen distintos personaxes cos que dialoga, a maioría compañeiros de cárcere: algúns deles son compañeiros de prisión, e outros traballadores do complexo. 

A gran singularidade desta historia é que os temas distáncianse do propio transcorrer dos sucesos. Como se o pensamento, a filosofía mundana do personaxe principal, estivese en condicións de saírse da propia trama e de emprender unha viaxe desde a realidade até a abstracción. Todo aquel que lea o libro entenderá que o personaxe principal está continuamente situándose por enriba das árbores para ver o bosque. 

O libro narra a historia de Arturo, un hacker apresado nunha cárcere por rebelar varios segredos que implican a xente poderosa do país

Os temas que se abordan son os grandes temas da filosofía e da humanidade: o amor, o paso do tempo, a infancia, a maternidade, a masculinidade, a feminidade, a guerra, o diñeiro, o traballo, a produtividade, o poder, a opresión, o dominio, a morte, a separación, a unión, a rabia, o resentimento, a culpa, a intimidade, a desigualdade, o dereito, o progreso, o desexo, a beleza ou a verdade. Todos estes temas se presentan na trama e se separan da mesma, convertendo ao libro de Alexandro nunha novela filosófica, e por suposto, aos seus lectores en lectores activos, que se ven perante a obriga de dialogar coa obra. A novela non rexeita o angustiante senón que potencia a súa apertura e aposta por falar daquilo que verdadeiramente nos distingue: a soidade. 

Portada de A Cesta de Mazás (Medulia) © Medulia editorial

Desertar e Disertar 

O libro pódese resumir en dúas palabras de gran importancia: desertar e disertar. Ambas son palabras que reflicten tanto o estilo literario da obra como a actitude do personaxe principal

O libro pódese resumir en dúas palabras de gran importancia: desertar e disertar. Ambas son palabras que reflicten tanto o estilo literario da obra como a actitude do personaxe principal. Os temas do libro distáncianse da trama da que xorden e asumen a forma de monólogos e diálogos onde Arturo, entre o delirio e a reflexión, pretende procurar a verdade das cousas. 

Desertar ven do latín dissertare, significa discutir, expoñer razoadamente, e é un verbo frecuentativo de disserere (expoñer, discursar ou argumentar entrelazando razoamentos dispersos). Dis (por distintas vías) e serere (entretexer, entrelazar, encadear). A palabra serere alude a sermo/sermonis (conversación, sermonear), a sera (cerrojo, cierre) e a sors, sortis (fortuna, azar, suerte). Nas disertación do protagonista, na procura da verdade do hacker, hai moito da procura delirante dun último sentido das cousas -dun peche-, pero tamén hai un anhelo por entender mellor a realidade, sempre cambiante e aberta.

O curioso é que a posibilidade de desertar, a esperanza en desertar só pode vir acompañada por unha aposta colectiva por desertar. Podemos desertar nun pensamento, pero ese propio pensamento precisa doutros para ser acompañado. Sexa para intervir, sexa para irse

A outra palabra “Desertar”, coincidente etimolóxicamente, significa “abandonar as obrigas”. Alude á separación/afastamento, e outra vez sertare implica entrelazar. Esta é unha palabra importante porque resume a actitude hacker de Arturo: o seu desexo de fuxir da sociedade e das súas relacións de poder e dominio. A posibilidade inxenua (que na antigüidade clásica se consideraba como valor propio dos homes libres -non escravos-) de separarse do propio mundo que se observa cando planea a fuga do cárcere cos seus compañeiros.

Todos desertamos nalgunha medida cando decidimos disertar sobre as cousas que nos rodean. Cando procuramos entender o sentido de algo, ou cando nos decidimos a pensar sobre o que se oculta tras a aparencia. Desertamos porque nos paramos e botamos o o freo co propio mundo -coas nosas repeticións, coas inercias, coas obrigas-. E, dende logo, o libro de Bouzó transmite con toda claridade que o pensamento crítico, para poder emerxer, ten que transcorrer por vías distintas ás da realidade.

 

A potencia da Soedade: Común

Cando a soidade pasa a precisarse como unha singularidade común, e non como un mero condicionamento individual, está tórnase como o móbil da acción colectiva. O amor. A potencia por obrar nun sentido. E desde aí, xa non importa non saber a onde che leva o final da novela

O curioso é que a posibilidade de desertar, a esperanza en desertar só pode vir acompañada por unha aposta colectiva por desertar. Podemos desertar nun pensamento, pero ese propio pensamento precisa doutros para ser acompañado. Sexa para intervir, sexa para irse. O problema é que na ilusión de desertar, mesmo no disertar como recurso único, agóchase a impotencia do suxeito, a imposibilidade de cambiar, a asunción de que o seu mundo está condenado a reproducirse de maneira idéntica no tempo. Podemos localizar, na aparente radicalidade do hacker, a figura de quen xa non confía en que poidan sucederse grandes transformacións do social.

De forma contraditoria, nas disertacións de Arturo, o hacker desertador, rebélase que as posibilidades de cambiar o que acontece pasan polo común: polo encontro dos uns cos outros. E iso obsérvase na intimidade dos personaxes, en como as súas feridas, as súas vulnerabilidades, se expresan con toda a súa singularidade no momento en que se comparten. Arturo, para atopar a súa liberdade, para poder fugarse, precisou de mancomunar os seus agravios cos dos demais. Cando a soidade pasa a precisarse como unha singularidade común, e non como un mero condicionamento individual, está tórnase como o móbil da acción colectiva. O amor. A potencia por obrar nun sentido. E desde aí, xa non importa non saber a onde che leva o final da novela.

Que hai fóra da cárcere?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.