A conspiración

Manda carallo n’A Habana!.
Alfredo Conde
-Otra vez los muertos delante de nuestras narices…
-dijo mirándome hamletianamente.
Jesús Ferrero.

Podo volver afirmar coa mesma seguridade coa que Diego A. Manrique afirma que non houbo unha CONSPIRACIÓN  (“ Las drogas duras no entraron en España por una decisión en algún despacho gubernamental; olviden las conspiraciones [..]) que si que existe unha CONSPIRACIÓN contra todos NÓS. Podémola chamar A CONSPIRACIÓN DA HABANA P.T II. ( Titulo que podería tamén valer para un ladrón de sons e voces coma Mark Ronson pero non para os Sam & Dave. Put your Hands. Soothe me).

Metidos aínda de cheo na lectura dos papeis de Panamá , dos versos de Manuel María, e en analizar as novas bágoas do presidente Feixoo (Ningún xornalista esta vez perdeu o tempo en contar cantas veces tivo que deter o seu discurso) e en escoitar a Robert Palmer cantando Love can run faster e a 2nafronteira poñéndolle voz ao profesor ferrolán Ricardo Carballo Calero “Teño unha dôr que me canta no peito/como unha rula en gaiola fechada/ela me fai arrincarme do leito/para facer versos a lús da alborada) ,aínda non nos decatamos, dende que os The Rolling Stones visitaron a cidade da Habana e dende a publicación en Praza Pública dun conto titulado A Conspiración da Habana, da cantidade de xente que morreu. Hendrik Johannes Cruijff (Grácies), Imre Kertész, Patty Duke, Dayko, Pedro De Felipe ( “La primera vez que paso del medio del campo le costo una multa”. Alfredo Relaño) Raúl “El Güero” Cárdenas, Leandro “Gato” Barbieri, Fernando Múgica, Merle Haggard, Billy Paul (Sauda a Mr a Mrs Jones), Tony Conrad, Patricia Thompson ( Elena Vladimorovna Mayakovskaya), Prince, Manuel Valbuena (O home dos cincocentos a novecentos abdominais por adestramento), Pai Isorna, Joseph Medicine Crow (un bacheitche. Barack Obama), Papa Wemba, Ángel de Andres,  Paco Alguero ( “Un segundón secreto esencia de primero”. Javier Villan),Manolo Tena, Margot Honecker ( Ministra e Bruxa), Jenny Diski, María Nieves Olmedillas, William Schallert, Miguel Picazo, Guy Hamilton, Dariel “Benigno” Alarcon, Jack (Earl Burroughs) Hammer Douglas Wilmer (Elemental Prezado Watson, o fin chegou para min), Shangay Lily, Pratyusha Banerjee, Melinda Rose Woodward (Que non sabemos si acompañara a Tom Jones a Framingham), Tomaz Pandur, Prince e a  Chus Lampreave e todas a persoas que aparecen nas necrolóxicas dos xornais galegos. Sit tibi terra levis!

Volvo a lembrar que na cidade da Habana, o día vinte e cinco de marzo de dous mil dezaseis subscribiuse as agachadas un verdadeiro pacto co diaño. Fidel Castro e os membros dos Rolling Stones firmaron a paz e chegaron ao acordo de que queren ser os derradeiros habitantes do mundo.

Tremo por todos NÓS e especialmente por algún critico do suplemento Vuotaa ,porque non lle vai quedar tempo para escribir sobre a primeira novela do Raimund Alue, aínda que non debe esquecer que mentres hai luz existimos e que hai que berrar coma Goethe. Máis luz!.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.