As amas de casa, ás que a caverna imaxinaba no salón da súa casa ollando nunha revista as fotos da última festa da Presley, con bata rosa e tubos colocados con esmero baixo unha rede, dá a entender Rosell que se organizaron nun grupo "altamente perigoso", que se apuntaron masivamente ao paro coa única pretensión de cobrar un subsidio. Si, tratadas como defraudadoras e asimiladas a personaxes como Bárcenas, ou o expresidente da CEOE de cuxo nome e tropelías parece que non queren acordarse.
O traballo destas mulleres é monótono, esgotador e invisible, case ninguén o recoñece, pero todos o esixen. Ás tarefas domésticas engádese en moitos casos o coidado dos fill@s, e de persoas dependentes
O traballo destas mulleres é monótono, esgotador e invisible, case ninguén o recoñece, pero todos o esixen. Ás tarefas domésticas engádese en moitos casos o coidado dos fill@s, e de persoas dependentes. Elas son unha das caras máis duras e inxustas desta crise, pois cada día se dificulta máis a súa incorporación ao mercado de traballo, e ven como este Goberno recorta ou anula as prestacións que recibían pola Lei de Dependencia.
Con case cinco millóns de parad@s, en moitos casos incorpóranse á busca activa de emprego a causa do despedimento das súas parellas, pois son xa dous millóns os fogares que teñen a todos os seus membros en situación de desemprego. Sen dereitos, sen ingresos, sen consideración nin proxección social, elas son agora o novo branco desa caverna faltona e machista, que ignora ou fai que non ve, as brechas de xénero que permanecen no mercado laboral.
Á CEOE nada lle importa o custe emocional, económico e produtivo que supón a marcha de miles de moz@s, o drama de cada día máis familias que non chegan a final de mes
Á CEOE nada lle importa o custe emocional, económico e produtivo que supón a marcha de miles de moz@s, o drama de cada día máis familias que non chegan a final de mes, ou a frustación dos pequenos empresarios honrados que teñen que pechar os seus negocios despois de anos de traballo e esforzo. Nin un minuto lles queda libre para eles, pois están dedicados en corpo e alma a pedir o Goberno que castigue máis ás clases traballadoras, a criminalizarnos e a facernos culpables dos seus propios erros.