Este que remata foi o verán de Venezuela, e todo apunta que o outono ha seguir esta senda. A significativa masa de migrantes e refuxiados residentes no Estado español (preto de 400.000 persoas, incluído o líder opositor Edmundo González), ten o seu mérito nisto. Tamén, o histórico vencello entre ambos estados, recoñecido incluso na Constitución Española, onde se fai fincapé na proximidade cultural entre ambas beiras (engado eu: derivada primeiro do colonialismo feroz e, máis tarde, das nosas migracións, en especial cando fuxiamos da nosa propia ditadura fascista). Porén, rechama a testana fixación da dereita no caso venezolano.
Resulta cando menos interesante ler e escoitar á dereita española con relación á situación venezolana, poñendo o foco na falta de liberdades, o acoso e a violencia contra a cidadanía. Definen a cuestión como un asunto de dereitos humanos. Non serei eu quen o negue, desde logo. Pero o asunto é por que Venezuela
A definición da Real Academia Galega de ditadura é “Forma de goberno autoritario caracterizada pola concentración de todos os poderes nunha soa persoa ou nunha asemblea e pola perda de todos os dereitos e liberdades” e, en segundo termo, “Estado que ten esta forma de goberno”. Segundo este criterio, no mundo, hoxe, existen máis de cincuenta ditaduras. Unha delas, Venezuela. Tamén Turquía, veciña da UE cun trato claramente preferente pola súa condición fronteiriza. Por suposto, Afganistán, Arabia Saudita ou os Emiratos Árabes Unidos.
Resulta cando menos interesante ler e escoitar ás airadas declaracións das voceiras da dereita española con relación á situación venezolana, poñendo o foco na falta de liberdades, o acoso e a violencia contra a cidadanía. Definen a cuestión como un asunto de dereitos humanos. Non serei eu quen o negue, desde logo. Pero o asunto é por que Venezuela. Por que os mesmos partidos que cualifican ás persoas migrantes procedentes de África como delincuentes en potencia e tratan a cuestión como un asunto de saúde pública, están tan preocupadas pola ditadura de Maduro e, por exemplo, non teñen reparo ningún con que un mundial se celebre nos Emiratos. E sorprende que non falen de Nicaragua, onde o vencello cultural é semellante e onde a ditadura tamén é o que as dereitas denominarían “de esquerdas”.
Venezuela ten petróleo. Venezuela é un mercado. En Venezuela operan arredor de 120 empresas españolas que teñen en xogo neste intre en torno a 500 millóns de euros. España é alí o segundo maior investidor, con 72 filiais de empresas en 2018, segundo os datos que achega o Ministerio de Industria e Comercio. Grandes multinacionais de raizame española como Telefónica, Acciona, Alcatel, Santander, BBVA, Editorial Planeta, Santillana, Elecnor, Adecco, Dragados, Duro Felguera, Hesperia, Telvent ou Sintel, teñen moitos ovos postos na cesta venezolana.
A seguinte relación é a dos estados acerca dos que existe consenso internacional na hora de seren cualificados como ditaduras:
O que preocupa ao liberalismo en España non son os dereitos humanos da cidadanía venezolana. Son os seus privilexios económicos. Están a perder a galiña que pon os ovos negros do petróleo. Non lle dean máis voltas.
Afganistán, Alxeria, Angola, Acerbaixán, Bahrein, Bangladesh, Bielorrusia, Brunei, Burundi, Camboxa, Camerún, República Centroafricana, Cuba, Chad, China, Gabón, Malí, Mongolia, Xibutí, República Democrática do Congo, Exipto, Guinea Ecuatorial, Eritrea, Eswatini, Etiopía, Irán, Iraq, Xordania, Cazaquistán, Quirguicistán, Laos, Libia, Birmania, Nicaragua, Corea do Norte, Omán, Qatar, Rusia, Ruanda, Arabia Saudita, Somalia, Sudán do Sur, Sudán, Siria, Taxiquistán, Turquía, Turcomenistán, Uganda, Emiratos Árabes Unidos, Usbequistán, Venezuela, Vietnam, Sáhara Occidental, Iemen.
Busquen. Procuren a ver que recursos do interese do noso empresariado existen no Sáhara Occidental, en Iemen, en Eritrea ou Bahrein. Incluso en Nicaragua. Cantos ovos puxeron neses niños. Verán que poucos ou ningún nuns casos ou que están ben protexidos por esas ditaduras nos outros.
O que preocupa ao liberalismo en España non son os dereitos humanos da cidadanía venezolana. Son os seus privilexios económicos. Están a perder a galiña que pon os ovos negros do petróleo. Non lle dean máis voltas.