
Defensa da liberdade (2)
Escandaliza o ascenso do fascismo, mais contribuímos ao seu modelo de discurso. Fallan os matices. E os matices son todo o que importa
Escandaliza o ascenso do fascismo, mais contribuímos ao seu modelo de discurso. Fallan os matices. E os matices son todo o que importa
Sei de primeira man que o coronavirus existe, que é terrible, que pode matar e mata. Pódenmo crer. Porén, tamén teño comprobado que, no referido ás liberdades e ás conquistas sociais, os pasos cara a adiante son traballosos e febles e os retrocesos, rápidos e dificilmente reversibles
Esta semana chegou por fin o tan desexado anuncio da apertura e comezamos a adiviñar un horizonte no que sairemos da casa e ate poderemos ver aos nosos seres queridos ou tomarlle algo nunha terraza. Non sei ao resto, pero a min entroume medo. Porque o momento da verdade vén agora, cando temos que comezar a enfrontar un futuro económico e laboral incerto
Está é unha oportunidade, si, para que nos repensemos como sociedade e como especie. Podemos evoluír cara un sistema máis saudable, equilibrado, social e sustentable baseado no respecto para co planeta e as persoas. Ou podemos ficar nas mans dos poderosos
Sorprendeume, recoñézoo, cando Ricardo, o taxista, me contou que é de noite cando máis está a traballar. “Traballadoras da sanidade”, supuxen. Non. “Prostitutas que fan servizos a domicilio”, respondeu. Nin o pensara
A cultura está a salvar unha boa parte da nosa saúde mental, mentres afunde sen que ninguén semelle decatarse, cunha xenerosidade excepcional. Só temos que imaxinar esta situación sen cine, sen libros, sen televisión e sen música para aventurar o resultado. Esta crise é, entre outras cousas, unha moi boa oportunidade para que recoloquemos as prioridades e definamos que é, e que non, prescindible.
"A misión das persoas feministas é facermos que o traballo de liberación e emancipación convenza aos homes e mulleres con rabia; que saibamos explicar a diferenza entre dereitos e privilexios. Se non somos quen, non imos gañar"
A xestación subrogada, o mesmo que a prostitución, é un sistema dirixido polo poder real para lucrarse coa explotación das mulleres máis sensibles