A onda do amor
Miguel deixa unha onda de amor, unha proba tanxible de que é posible ser bo e deixar pegada, moitas xeracións de crianzas que medrarán ao abeiro dos seus libros e serán mellores
Miguel deixa unha onda de amor, unha proba tanxible de que é posible ser bo e deixar pegada, moitas xeracións de crianzas que medrarán ao abeiro dos seus libros e serán mellores
A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista. O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo.
O que me alarma a min, o que me ten alerta, é quen dá a alarma, por que e ante que. Quen nos quere alerta, ocupadas, estresadas, pero preocupadas por unhas cousas si, e outras non. Quen desvía a atención e con que fin
O único acougo ante este panorama de tan mala predición é que o planeta e a súa natureza nos sobrevivirán. Transformaranse, pero a vida persistirá como xa o fixo tantas veces antes. Pensen nos dinosauros. E nos berberechos. Queda unha pequena esperanza, pero precisa que caiamos da burra á de xa.
A saúde sexual das galegas está en perigo. E tamén a dos galegos. Sobre todo, a da xente máis nova. Crianzas, adolescentes. Unha xeración que medra ao abeiro da pornografía violenta, arriscada e gratuíta, sen guías, sen aprendizaxe para manexarse no mundo paralelo de realidades distorsionadas que é a internet
Como sociedade, aínda non entendemos que hai tempo que a virtualidade xa non é virtual. O que acontece no espazo intanxible da internet ten consecuencias directas na vida das persoas e nas relacións e condutas sociais. Xa vai sendo tempo de que caiamos desa burra.
Teño experiencia abonda no sector micro empresarial como afirmar sen medo a me trabucar que calquera iniciativa ou proxecto que se inscriba e acaia á perfección nas condicións que o sistema pon para recibir os cualificativos de innovador, emprendedor ou a prol do desenvolvemento, vai precisar altas doses de demagoxia e moitas máis de falsidade.
Cómpre repensar e remodelar o sector turístico desde os alicerces. Desbotar os cartos rápidos e o emprego precario e procurar modelos baseados no coidado ambiental (en todos os sentidos, da natureza e da habitabilidade das urbes)
Sr. Núñez Feijóo: A rúa falou. Novamente demanda diálogo, debate, pactos, acordos. Non nos venda vostede que o acordo, o pacto, o debate e o diálogo non son democráticos. Explíquenos, mellor, que ao Partido Popular non lle gusta dialogar, debater, pactar nin acordar
Entre as moitas papeletas que atoparemos nas cabinas dos colexios electorais veremos as do partido co que está a pactar o de Núñez Feijóo, outorgándolles serias responsabilidades de goberno e servizo cidadán. É ese partido que encomenda a un negacionista do cambio climático a vicepresidencia e a consellería de Medio Ambiente do Consell de Mallorca
Se cadra, o dos programas de goberno dá preguiza. Fica ao fondo da lista de prioridades. Total, xa ninguén os le, non si?