Con A

Llerena Perozo Porteiro

Llerena Perozo Porteiro

Vigo, 1974. Feminista desde o berce, especializada na teoria e na práctica en comunicación e xénero, imparte talleres sobre isto desde hai vinte anos. Vive na Gargalleira, onde desenvolve en sociedade un proxecto agrocultural e feminista.

  • Durmir co inimigo

    Esa esquerda capitaneada por Pablo Iglesias, Irene Montero, Íñigo Errejón, Ángela Rodríguez ou Elizabeth Duval dirá que son conservadora, que odio, que quero patoloxizar os sentimentos e que non son feminista. Eu direi que son aliados ou manipulados do patriarcado, e a lea estará servida

  • Ruído

    Desde aquí, propoño unha revolución. Apagar o ruído. Vindico a melodía que bailamos en Vigo os días pasados. A de medrar, a de mellorar, a de escoitar e dicir, a de crear. Abomino do ruído, co rogo de que, se alguén me le, se incorpore a esta pequena parte de cidadás que nos propoñemos seriamente como reto vital non alimentalo. Baixemos decibelios

  • Xa chegou

    Os ministerios como o de Transición Ecolóxica (onde os hai), as recomendacións, as directivas, propoñen 2030, 2050 como horizontes. Pero é que xa chegou. Xa está aquí. Avisáronnos con vinte anos de prazo, pero é máis doado enfadarse porque as alertas chegan con oito horas de atraso. 

  • Pagar por traballar

    Vostede xa non é unha “fracasada” nos seus corenta que cobra medio SMI e comparte un piso alugado de prezo inalcanzable e habitabilidade máis que cuestionable mentres tenta poñer en marcha un negocio. É unha millenial frigana cun minijob que emprende un proxecto uberizable desde un coworking, vive en coliving ou small living, vai de vacacións con house sitting e enche a neveira a base de dumpsting

  • A xente non se queima

    Do millón e medio de hectáreas da masa forestal galega, 490.000 son de eucalipto. Case o 30%. Pero di a Xunta que abondan para Altri, que non nos preocupemos. Que iso das pirófitas non é para tanto. Porque é sabido que a piromanía é unha característica inexplicable das galegas, que temos a manía de queimar os montes. Que se fósemos civilizadas, os eucaliptos non arderían

  • A galiña dos ovos negros

    Resulta cando menos interesante ler e escoitar á dereita española con relación á situación venezolana, poñendo o foco na falta de liberdades, o acoso e a violencia contra a cidadanía. Definen a cuestión como un asunto de dereitos humanos. Non serei eu quen o negue, desde logo. Pero o asunto é por que Venezuela

  • Pallaporte

    Desde que se fixo público o borrador onde un comité experto propón un posible mecanismo para controlar o acceso dos menores á pornografía na rede, a caverna está desaforada vindicando o dereito á privacidade. Un discurso parello ao que se dá arredor da prostitución: a palabra liberdade debúxase en grandes letras de molde, douradas e refulxentes

  • Humanidade aberrante

    A teoría política e económica de Milei é falida. Parte da premisa de que el e os seus socios son os máis fortes, sendo totalmente insolidarios e individualistas. Mais os cans (dos que el tanto gusta, por certo) e os lobos demostran que os máis fortes nunca actúan sós nin abandonan aos febles

  • O fresco procedente do norte

    É posible que esteamos a tempo. Se espertamos, claro, antes de que nos secuestren a prensa libre, antes de que a ignorancia, o medo e o sálvese quen poida se fagan definitivamente co temón da humanidade

  • Algoritmos

    Cando recibín os exercicios, decateime de que nalgúns casos non me era posible distinguir se estaba ante un talento ou un traballo encargado a unha IA. Hai que procurar matices, nesgos de humanidade moi sutís, para localizar a fonte

  • Carmiña Burana

    Se nuns anos as futuras creadoras e empresarias culturais volvesen funcionar nese universo no que non se concibía facer cultura dentro de Galicia e non facela en galego, unha parte do dano, se cadra, sería revertido. Se non podemos ter xestoras que promovan a lingua e a cultura por convencemento, polo menos que o fagan por estratexia ou presión. Non sei que daba eu, hoxe mesmo, por un director xeral que nos presentase, enchido de orgullo, á gran cantante Carmiña Burana. 

  • Sentido común

    A Lei de Benestar Animal impón que ante o achado dun can abandonado é obrigado informar de inmediato, solicitar a súa recollida e que sexa trasladado a un centro autorizado. A vontade lícita e loable do poder lexislativo de crear mecanismos de protección que, a un tempo, muden a mentalidade da cidadanía, colida decote co sentido común.