Con A

Llerena Perozo Porteiro

Llerena Perozo Porteiro

Vigo, 1974. Feminista desde o berce, especializada na teoria e na práctica en comunicación e xénero, imparte talleres sobre isto desde hai vinte anos. Vive na Gargalleira, onde desenvolve en sociedade un proxecto agrocultural e feminista.

  • A familia é un accidente

    Unha muller que non cría a quen pare é unha “mala muller”. Unha muller á que as súas crías non recoñecen ou queren ou falan, é una “mala muller”. Una muller que non quere á familia que lle tocou co nacemento propio, é unha “mala muller”. Unha muller que non “se sacrifica” pola familia, é unha “mala muller”. Iso di o modelado patriarcal

  • Paren máquinas

    O seguinte e inminente reto do feminismo é o de parar máquinas. Detérmonos un anaco en parada técnica para reflexionar, analizar e diagnosticar. Localizar eses vagóns nos que carrexamos as fontes das resignificacións que o capitalismo e o patriarcado están a introducir na mentalidade social

  • Sentidiño, amodiño

    Temos catro anos por diante para deixar de puxar por uns votos que se transvasan de sigla da esquerda a siglas da esquerda e ver como convencer ás que non votan e ás que botan. Amodiño, e con sentidiño.

  • Crónica do desamparo

    En Galicia a sanidade pública está a ser demolida a base de deixala esmorecer. Tamén a educación pública. Non investir é o mellor xeito de empobrecer. A banca, as enerxéticas e institucións como o INSS ou a Axencia Tributaria non teñen obriga de seguir as ríxidas normas que si se impoñen á cidadanía. 

  • Dogmatismo ambiental

    A dereita e a ultradereita non están preocupadas polo campo. Non lles desacouga o máis mínimo o cambio climático ou as súas consecuencias. Non lles importa o benestar dos agricultores e as gandeiras de corte familiar, nin pretenden apoiar a innovación para que nos adaptemos ao que xa chegou. O único que lles desvela é ver se son quen de derrubar os gobernos de progreso

  • Galifornia

    Escoitamos decote dicir que algo menos de frío vai ser de agradecer en Galicia, que fomentará o turismo e mellorará a nosa economía. Que agora isto é Galifornia e que dá gusto poder “terracear” en inverno cal andaluzas

  • Munición

    O que deberíamos tratar coma boliñas contaminantes está a ser empregado en realidade coma munición electoral. E mentres, os peixes, os mariscos e as aves seguen a pensar que eses polímeros pesados son comida, porque non poden ler a prensa nin consultar no dicionario. 

  • Mala baba

    O que me ten estupefacta é a mala baba flagrante que atopei nesa rede antes chamada Twitter. A pezoñosa. A que cuspe veleno sen se atragoar con el. A que é quen de celebrar a morte dun compañeiro de profesión. Publicamente

  • Escoitádeas!

    Non se me vai do maxín (nin do corazón) o querido e admirado Miguel, o Hematocrítico. Revisei o seu libro Escúchalos! (Paidós, 2022). Insistiu sempre Hemato en que sobre protexemos á infancia ao tempo que non a respectamos de verdade. Que non a preparamos para ser autónoma, crítica, capaz. Adulta, equilibrada. Defendeu que o intelixente e respectuoso era escoitar, acompañar no crecemento.

  • A onda do amor

    Miguel deixa unha onda de amor, unha proba tanxible de que é posible ser bo e deixar pegada, moitas xeracións de crianzas que medrarán ao abeiro dos seus libros e serán mellores

  • Paxariños

    A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista. O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo.

  • Alerta: alarma!

    O que me alarma a min, o que me ten alerta, é quen dá a alarma, por que e ante que. Quen nos quere alerta, ocupadas, estresadas, pero preocupadas por unhas cousas si, e outras non. Quen desvía a atención e con que fin