Neste diminuto mundiño das artes, non todo é elevación. De feito, case nada, alén do feito creativo, o é. Hai un machismo rampante, violento, homófobo, misóxino e asasino que impregna o tecido creador e económico. Hai tamén, afortunadamente, un feminismo que o combate. Hai clasismo, egos, envexas, cambadelas. E haiche moito home branco hetero enfadado que non conta co abeiro dos Angry White Men ianquis
Non me pregunten por que, hai tempo que teño o case convencemento de que no outono acontecen máis falecementos inesperados que nas outras estacións. Neste que por fin rematou a intensidade semelloume aínda maior, mais se cadra é porque me tocou de preto. Xa saben: como cando rompes un óso e só cres ver xente escaiolada.
Estes eventos vitais tan duros son tamén tristes oportunidades para revisar as verdadeiras caras da contorna. A realidade sen máscaras que se revela e ilumina na escuridade da dor, axudando a distinguir as almas boas e as perversas. Acontece no afectivo, no persoal e tamén no profesional.
No meu caso, o eido profesional é o cultural. (Aínda que, como dicía un sabio amigo, a pouco que afondes en todas partes cocen as mesmas fabas). O sistema literario galego é pequeno. Todas nos coñecemos, máis de lonxe ou menos. Todas, cando menos, sabemos da existencia do resto. Algo bo tiña que ter sermos a capa máis baixa na cadea trófica do sector, onde se recollen as migallas das migallas das migallas. Nela disputámonos a cotío o elo superior dese estrato case soterrado. Quen fica por riba? Será o talento quen o determine? A lei da xungla, quizais?
Hoxe recoñézome tocada, non saio do meu abraio. Indignación, rabia e estupor a partes iguais. Confeso: onte dei unha volta pola rede X e naveguei por algúns perfís ata atopar os seus chíos dos últimos días de novembro.
Neste diminuto mundiño das artes, non todo é elevación. De feito, case nada, alén do feito creativo, o é. Hai un machismo rampante, violento, homófobo, misóxino e asasino que impregna o tecido creador e económico. Hai tamén, afortunadamente, un feminismo que o combate. Hai clasismo, egos, envexas, cambadelas. E haiche moito home branco hetero enfadado que non conta co abeiro dos Angry White Men ianquis. Como en todos os mundiños, non si?
O que me ten estupefacta é a mala baba flagrante que atopei nesa rede antes chamada Twitter. A pezoñosa. A que cuspe veleno sen se atragoar con el. A que é quen de celebrar a morte dun compañeiro de profesión. Publicamente
Con todo, o que me ten estupefacta é a mala baba flagrante que atopei nesa rede antes chamada Twitter. A pezoñosa. A que cuspe veleno sen se atragoar con el. A que é quen de celebrar a morte dun compañeiro de profesión. Publicamente. A que ousa insultar aos seus achegados en pleno dó. Coido que é a saliva radioactiva de quen non é quen de comprender que a súa pouca visibilidade non é consecuencia do brillo dous outros, senón da súa única e innegable mediocridade. Eses mediocres, señores autores, editores e críticos da Coruña, do Morrazo, da Paradanta ou de calquera recuncho deste noso bendito país, non entenderon aínda algunhas chaves. Permítome achegalas, malia que sei que caerán en saco roto.
Señoros: se as súas empresas ou obras non triunfan todo o que desexarían, non é porque sexan vostedes uns incomprendidos ou se lles estea a marxinar por seren homes autóctonos heterosexuais de clase media. O que acontece é que a súa falta de empatía é tan grande que non se detiveron a cuestionarse se iso tan brillante que teñen para dicir é do interese de alguén máis ca vostedes mesmos
Señoros: se as súas empresas ou obras non triunfan todo o que desexarían, non é porque sexan vostedes uns incomprendidos ou se lles estea a marxinar por seren homes autóctonos heterosexuais de clase media. O que acontece é que a súa falta de empatía é tan grande que non se detiveron a cuestionarse se iso tan brillante que teñen para dicir é do interese de alguén máis ca vostedes mesmos.
Se non acadan as mesmas subvencións ca outros proxectos, se cadra é que outros os presentaron mellor.
Se os seus libros non interesan nas editoras (agás as dos “amigotes”), moi probablemente se deba a que vostedes non escriban ben abondo nin artellen contidos de interese nin, seguramente, teñan nada do que falar alén dos seus fráxiles egos.
E o máis importante: se a vostedes ninguén os quere ter preto, é porque son malos de solemnidade. Malos en calidade humana e literaria, clarexo.
Velaí vai o meu desexo para o ano que comeza. Que, por unha vez, os malos fiquen sos, no frío do ostracismo que todas as demais podemos brindarlles. Que as súas voces non sexan escoitadas. Que os seus textos caian no esquecemento. Que mordan a lingua e saboreen o veleno que destilan. Que Musk peche X e queden sen foros nin audiencia. Que vaian berrar na praza da vila, subidos a unha caixa de froita. Eu daríalles esmola, con tal de velos ila gastar na taberna e gozar, por fin, do silencio das súas voces desafinadas.
Feliz 2024.