As nenas e nenos de Vigo non caerán desa nora, é case imposible que se manquen, iso seguro. Mais tampouco será moi divertido, porque non gozarán do mellor que ten esa atracción, que é sentir como o corpo loita contra a vertixe xunto coa satisfacción, ao rematar as voltas, de ter superado o reto
Son viguesa orgullosa e renegada a partes iguais. A primeira metade gábase da unicidade do temperamento vigués, da súa fala expresiva. En Vigo non se ve: mírase. E non se oe: escóitase. Emprégase o verbo que indica intención. (Decote, nun castelán agalegado ou nun galego castelanizado que suca o mar bravo da diglosia extensiva. Pero ese é outro asunto).
Andaba estes días pasados de visita pola cidade das oliveiras cando topei de fronte coas luces e as atraccións da Alameda, presididas por unha enorme nora. Uns metros máis adiante hai outra. Esta segunda é pequena, moi pequena. Unha versión infantil duns tres metros de altura cuxas carrozas non son tales senón unha sorte de burbullas de plástico con asentos dentro, e que xira devagar. Seguridade total para as crianzas.
Logo de velas, como boa viguesa mireinas amodo e fiquei a matinar. Lembreime hai corenta anos, subida á nora coa miña avoa, sen cintos nin cadeas. Estampándome contra o asfalto na aprendizaxe da bicicleta, sen casco, por suposto. Caendo nas rochas da praia ou na lama logo de tentar rubir ás árbores. Os xeonllos eran unha costra perenne de rabuñazos e rascadas. Ela estaba aí comigo, sempre, para poñer algo de algodón e auga osixenada e animarme a tentalo de novo.
As nenas e nenos de Vigo non caerán desa nora, é case imposible que se manquen, iso seguro. Mais tampouco será moi divertido, porque non gozarán do mellor que ten esa atracción, que é sentir como o corpo loita contra a vertixe xunto coa satisfacción, ao rematar as voltas, de ter superado o reto.
Non se me vai do maxín (nin do corazón) o querido e admirado Miguel, o Hematocrítico. Revisei o seu libro Escúchalos!. Insistiu sempre Hemato en que sobre protexemos á infancia ao tempo que non a respectamos de verdade. Que non a preparamos para ser autónoma, crítica, capaz. Adulta, equilibrada
Máis tarde, para volver a casa en Silleda houben de conducir hora e media: subir e baixar o Candán tras percorrer un bo treito da N541, esa que une Pontevedra e Ourense, como teño que facer sempre que me achego á miña cidade natal desde a comarca do Deza. Coñezo ben o camiño. Estradas escuras, sen pintar desde quen sabe cando, mal sinalizadas, cheas de fochancas e curvas mal peraltadas, sen beiravías. Fíxeno na noite pechada entre a néboa, baixo a choiva intensa e sobre as incipientes xeadas dos cumios. Un camiño perigoso, en parte debido á fermosa e complexa orografía que atravesa, mais tamén en moi boa medida ao monumental descoido no seu mantemento. Hai que botarlle valor para aventurarse nesa ruta, malia que é certo que a chegada a casa e as paisaxes, se vas de día, ben o valen. O mesmo que subir á nora. Á grande, claro.
Imaxineino afirmando, con ese seu humor lúcido e escintilante, que deberiamos elixir entre subir ás crianzas á nora de verdade ou comezar a pintar as estradas. Porque do contrario, cando medren vanse esnafrar nas nacionais abandonadas. Non estarán preparadas
Non se me vai do maxín (nin do corazón) o querido e admirado Miguel, o Hematocrítico. Revisei o seu libro Escúchalos! (Paidós, 2022). Insistiu sempre Hemato en que sobre protexemos á infancia ao tempo que non a respectamos de verdade. Que non a preparamos para ser autónoma, crítica, capaz. Adulta, equilibrada. Defendeu que o intelixente e respectuoso era escoitar, acompañar no crecemento. Versiono: estar para axudar cando caen, no canto de evitar a caída por sistema.
Imaxineino afirmando, con ese seu humor lúcido e escintilante, que deberiamos elixir entre subir ás crianzas á nora de verdade ou comezar a pintar as estradas. Porque do contrario, cando medren vanse esnafrar nas nacionais abandonadas. Non estarán preparadas. E remataría (Hemato) dicindo que se cadra, o conto sería abordar ambas tarefas. E eu daríalle a razón, que adoitaba ter. Non é vero, mais é ben trovatto.