Con A

Llerena Perozo Porteiro

Llerena Perozo Porteiro

Vigo, 1974. Feminista desde o berce, especializada na teoria e na práctica en comunicación e xénero, imparte talleres sobre isto desde hai vinte anos. Vive na Gargalleira, onde desenvolve en sociedade un proxecto agrocultural e feminista.

  • As catro regras. (Si, outro artigo sobre Sumar)

    Se cadra, cando escolleu o nome do seu novo partido Díaz pensaba niso que lle aprenderon á miña avoa nos curtos tres meses nos que puido asistir á escola, que chamaban “as catro regras”: sumar, restar, multiplicar e dividir. Sabe que, de dividir as papeletas, o voto espallarase, restando representación e poder. E que na suma, Irene Montero resta. E divide.

  • Políticos colgantes

    Semella un clamor que moitos votos de esquerda non saíron das casas. Que o enfado, o fastío, o desánimo e o desencanto callaron máis fondo do agardado. E sabemos que á esquerda cústalle moito tapar o nariz e “votar útil”

  • A oferta, a demanda e os elefantes rosas

    Preto de trinta e sete millóns de persoas estamos chamadas a decidir o domingo 28. Arredor de doce millóns de cidadás e cidadáns non teñen ese dereito. Trátase, por suposto, nunha alta porcentaxe de menores de idade. Pero tamén de persoas con penas de privación da liberdade ou con doenzas mentais. O cadro complétano as que teñen o dereito mais non a capacidade: persoas anciás, doentes incapacitadas temporal ou permanentemente malia non estar legalmente eliminadas do censo electoral. Figurarán como abstinentes sen lle dar máis voltas.

  • Libre albedrío

    As trampas poden ser sorteadas. Só hai que saber onde están e como funcionan. E a única maneira de contar con esas ferramentas é non afastarnos do pensamento crítico. A dúbida como método, a corentena, o uso e non abuso dos medios sociais. Apaguen a radio e a tele se é preciso. Borren as apps das redes dos teléfonos. Lean prensa seria. E voten, con e en conciencia. Que é mellor subir ao segundo que quedar no soto, onde, por non haber, non hai nin sombra.

  • Normalidade

    Os asasinatos cotiáns de mulleres son barbarie. Fascismo. Intolerancia. A misoxinia é odio. E como todo odio, daniña e cáustica. Desafortunadamente, na nosa sociedade son acontecementos normais. E como tais, pasan desapercibidos e nin remexen, nin asustan nin, semella, indignan abondo como para mobilizar mareas de protestas, páxinas en prensa. 

  • ¡Quieto todo el mundo!

    Sei de primeira man que o coronavirus existe, que é terrible, que pode matar e mata. Pódenmo crer. Porén, tamén teño comprobado que, no referido ás liberdades e ás conquistas sociais, os pasos cara a adiante son traballosos e febles e os retrocesos, rápidos e dificilmente reversibles

  • Medo

    Esta semana chegou por fin o tan desexado anuncio da apertura e comezamos a adiviñar un horizonte no que sairemos da casa e ate poderemos ver aos nosos seres queridos ou tomarlle algo nunha terraza. Non sei ao resto, pero a min entroume medo.  Porque o momento da verdade vén agora, cando temos que comezar a enfrontar un futuro económico e laboral incerto

  • Defensa da liberdade

    Está é unha oportunidade, si, para que nos repensemos como sociedade e como especie. Podemos evoluír cara un sistema máis saudable, equilibrado, social e sustentable baseado no respecto para co planeta e as persoas. Ou podemos ficar nas mans dos poderosos

  • Putas en coresma

    Sorprendeume, recoñézoo, cando Ricardo, o taxista, me contou que é de noite cando máis está a traballar. “Traballadoras da sanidade”, supuxen. Non. “Prostitutas que fan servizos a domicilio”, respondeu. Nin o pensara

  • Define 'prescindible'

    A cultura está a salvar unha boa parte da nosa saúde mental, mentres afunde sen que ninguén semelle decatarse, cunha xenerosidade excepcional. Só temos que imaxinar esta situación sen cine, sen libros, sen televisión e sen música para aventurar o resultado. Esta crise é, entre outras cousas, unha moi boa oportunidade para que recoloquemos as prioridades e definamos que é, e que non, prescindible.