En 1992, Al Gore publicou o libro A terra na balanza. Moito choveu desde aquela, aínda que, como ben prediciron o autor estadounidense e tantas traballadoras da comunidade científica nestes máis de trinta anos, cada vez chove máis distinto.
O cambio climático consecuencia da acción humana xa está aquí. Apenas fican negacionistas. O curmán de Rajoy seica fixo mutis polo foro e nin a ultradereita ousa negar o que xa é unha evidencia empírica. O que si queda é unha boa cantidade de persoas que segue a poñer en dúbida a relación entre a acción humana e os acontecementos climáticos
O cambio climático consecuencia da acción humana xa está aquí. Apenas fican negacionistas. O curmán de Rajoy seica fixo mutis polo foro e nin a ultradereita ousa negar o que xa é unha evidencia empírica.
O que si queda é unha boa cantidade de persoas que segue a poñer en dúbida a relación entre a acción humana e os acontecementos climáticos. Algo normal. Somos tantísima xente sobre a terra, que por pequena que sexa a proporción de présbitas, son lexión.
“O ser humano diferénciase do resto de especies pola súa capacidade para modificar o medio no que habita. Iso é o que o fai superior”. Lembro a lección de Ciencias Naturais en quinto curso da EXB na que a nosa profesora Loli nos dixo estas palabras, alá por 1986. Quedáronme gravadas. Sobre todo, porque non dixo “o home”, senón “o ser humano”.
Esa soberbia na que medramos, a de nos crer máis e mellores que a natureza da que facemos parte, levounos a sobre reproducirnos, a invadir e destruír a contorna sen a cal a nosa existencia torna imposible. A humanidade é un parasito que colonizou o seu hóspede sobre explotándoo ata esgotalo e, por iso, está a causar o seu declive.
As mariscadoras galegas láianse (con razón) da pésima tempada que vén de comezar. Rita Míguez di que o mar está deixando de producir. E atina. Os berberechos non se libran do andazo co que leva loitando unha década. As ameixas non saen adiante.
Contaminación, especies invasoras, cambio climático.
As mariscadoras piden que as autoridades senten a falar para achegar solucións fronte ao desastre na produción das rías galegas
A temperatura media global medrou 1,2º desde finais do século XIX. Os últimos sete anos foron os máis cálidos desde que hai rexistros. Unha balea apenas acusa esta suba no seu corpo. Mais o plancto do que se alimenta perece ante ese cambio térmico, ao tempo que novos axentes patóxenos proliferan grazas a el. Finalmente, a balea tamén acabará morrendo, de fame ou doenzas derivadas do quentamento. Nós somos como as baleas.
As mariscadoras piden que as autoridades senten a falar para achegar solucións fronte ao desastre na produción das rías galegas.
“Galifornia” acolle ao turismo que migra da costa Mediterránea, onde o calor xa non é agradable, cara ás nosas terras. Todo é alegría, o turismo trae cartos, malia que fique algo decepcionado pola escaseza e alto prezo do berberecho
No en tanto, cada ano celébrase o Cumio do Clima, onde as e os dirixentes do mundo rifan por un quítame alá esa tonelada de CO2. Non esquezamos que entre eses persoeiros atópanse personaxes como os que gobernan no Reino Unido, que afirmaron hai unhas semanas que “non van salvar o planeta levando á bancarrota aos británicos”. Porque xa sabemos que a súa illa está en Marte.
No mesmo en tanto, “Galifornia” acolle ao turismo que migra da costa Mediterránea, onde o calor xa non é agradable, cara ás nosas terras. Todo é alegría, o turismo trae cartos, malia que fique algo decepcionado pola escaseza e alto prezo do berberecho.
Neste en tanto, que xa dura máis de trinta anos, seguimos a cavar a nosa propia fosa común. Porque a nosa especie é tan miope que non é quen de ver os tiros que se dá nos seus pés.
O único acougo ante este panorama de tan mala predición é que o planeta e a súa natureza nos sobrevivirán. Transformaranse, pero a vida persistirá como xa o fixo tantas veces antes. Pensen nos dinosauros. E nos berberechos. Queda unha pequena esperanza, pero precisa que caiamos da burra á de xa.