A lexislación antiterrorista

Confésolles que nunca acreditei na utilidade nin na xustiza da lexislación antiterrorista. Son dos que creo que cómpre acusar, xulgar e, se é o caso, condenar terroristas ao abeiro da mesma lei que rexe para os restantes delincuentes. Dez días de detención, no canto de tres, constitúen unha barbaridade xurídica. O mesmo ca o espallamento dos presos lonxe da súa contorna familiar e vital. Ou o mantemento dese Tribunal de excepción que é a Audiencia Nacional, que sucedeu ao Tribunal de Orde Pública franquista e vulnera, todos os días, o dereito constitucional ao xuíz ordinario legalmente presinalado.

O alto o fogo de ETA é unha realidade obxectiva e a sociedade civil está preocupada por outra caste de problemas. Velaí unha boa oportunidade para derrogar esta lexislación excepcional

O alto o fogo de ETA é unha realidade obxectiva e a sociedade civil está preocupada por outra caste de problemas. Velaí unha boa oportunidade para derrogar esta lexislación excepcional que, nos últimos anos, foille aplicada  a varios mozos galegos. É evidente que calquera violencia política non pode xustificarse e  ha ser castigada penalmente. Mais o que resulta un grave exceso son as longuísimas penas impostas e a duración da prisión preventiva atendendo á natureza dos feitos, a presunción automática da existencia dunha banda organicamente xerarquizada, o afastamento dos presos de Galicia ou a criminalización das entidades sociais ás que pertencen estas persoas. Porque o feito de que alguén cometa un delito non autoriza para incriminar  automaticamente ás entidades sociais e políticas ás que o devandito individuo pertenza, como está a acontecer neste País.

Na persecución de determinados actos de violencia política en Galicia -non máis admisíbeis nin menos delitivos polo feito de non causar danos persoais- hai tempo que se sobordou toda medida e proporcionalidade

En democracia cómpre perseguirmos o delito por medios proporcionais e compatíbeis cos dereitos humanos. Mais na persecución de determinados actos de violencia política en Galicia -non máis admisíbeis nin menos delitivos polo feito de non causar danos persoais- hai tempo que se sobordou toda medida e proporcionalidade.


A arrincadeira: Elvira Varela bao e Arturo Kress

A Coruña homenaxeou, como republicana do ano, a profesora Elvira Varela Bao, que dedicou á súa vida a formar en valores de liberdade, galeguidade e responsabilidade varias xeracións de alumnos, aló no seu San Roque de Afora. Os país de Elvira,  galeguistas e republicanos, sufriron a dura represión que caracterizou o trunfo franquista n’A Coruña. Elvira é nai do grande músico Arturo Kress, autor, entre outras da banda sonora de “El bosque animado”

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.