Non hai ser moi espelido para determinar que a actual directiva non xestionou axeitadamente e tampoco é ningunha sorpresa que se reciba con absoluta indiferencia por parte do goberno nacional o peche dunha mutualista que ten máis de 40.000 socios
Comezo o ano con fonda tristeza. Por desgracia, a asociación galega máis forte do mundo [a CASA DE GALICIA de Montevideo] está a piques da súa desaparición xa que entrou en cesamento de pagos. Aínda que moi apenado non vou quedar caladiño. Non quero ser cómplice dunha desfeita que ten autores. Quero dicir que hai responsables directos e indirectos. Non hai ser moi espelido para determinar que a actual directiva non xestionou axeitadamente e tampoco é ningunha sorpresa que se reciba con absoluta indiferencia por parte do goberno nacional o peche dunha mutualista que ten máis de 40.000 socios.
Cando se elixiu o actual presidente non quixen comentar nada. Coido se debe ser coidadoso coas críticas e por suposto que non corresponde ser negativo antes dun tempo de actividade no seu cargo. A min non me gustou que unha persoa identificada co sector político máis lamentable do país [o pachequismo] fose quen collese o temón da moi importante CASA DE GALICIA. Quixen convencerme de que a súa ideoloxía neoliberal non ía ser un freo para o mantemento da mutualista e ata pensei que habería bo entendemento coas autoridades do goberno de coalición presidido por Lacalle Pou.
Semella que hai agochados intereses escuros. Vexo que se fixo con moita présa a intervención xudicial e o concurso de acreedores. Son da opinión de que non son as débedas as que xustifican o peche da Casa de Galicia
Non sei eu pero semella que hai agochados intereses escuros. Vexo que se fixo con moita présa a intervención xudicial e o concurso de acreedores. Son da opinión de que non son as débedas as que xustifican o peche da CASA DE GALICIA. Non pode ser porque o que se debe ten realmente solución. Hai ingresos mensuais para estructurar un calendario de pagos e de amortizamento das débedas e tamén hai patrimonio de abondo para garantizar o pagamento. Aquí mesmo en Galicia, poderíase obter un préstamo de 5 millóns de euros para saldar as débedas máis urxentes (ABANCA) e tamén a Xunta de Galicia ou sexa, nós, os galegos, que apoiamos se destine unha axuda de emerxencia a fondo perdido.
Quero pedirlle aos socios e traballadores que se manifesten e que non sexan cómplices dunha trangallada organizada por coimeros para entregar o suor dos vellos emigrantes unha empresa privada de sanidade que estea manexada polos noxentos Fondos-Voitre
Quero pedirlle aos socios e traballadores que se manifesten e que non sexan cómplices dunha trangallada organizada por coimeros para entregar o suor dos vellos emigrantes unha empresa privada de sanidade que estea manexada polos noxentos Fondos-Voitre. O importante é que non calen a boca e que defendan o patrimonio social para honrar a memoria dos suadores fundadores que deixaron en herdanza un fogar onde sandar en irmandade as feridas físicas e as espirituais.
Pídolles que investiguen e que convoquen reunións e que formen unha PLATAFORMA DE AFECTADOS. Non esquezo que en Montevideo hai moitas asociacións de emigrantes que aínda non abriron a boca e así non imos a ningures. Hai que loitar e comprometer a deputados, senadores, ediles municipais, PIT-CNT para berrar forte que A CASA DE GALICIA NON SE PECHA.