Tereza Cristina é a ministra de agricultura do Brasil. Pertence á Bancada do Boi, a dos propietarios rurais, que conforma a Bancada BBB, coa da Biblia e a da Bala. É a extrema dereita taruga e antisocial de Bolsonaro, pero relativamente moderada se a compararmos co encargado da presidencia venezolana, do partido de Leopoldo López, violento, racista, guerracivilista e guillado; da casta dos que dicían cando o caracazo: Bajan los monos de los cerros, caraqueños métanse en sus casas. Referíanse aos pobres. A Hugo Chávez na embaixada dos EEUU chamábanlle familiarmente o chimpancé.
Tereza Cristina é a ministra de agricultura do Brasil. Pertence á Bancada do Boi, a dos propietarios rurais, que conforma a Bancada BBB, coa da Biblia e a da Bala
Ánimo demócratas europeos.
Tereza Cristina presentara o Pacote do Veneno no Parlamento, antes de ser ministra, para favorecer aos seus. E agora, só en xaneiro, liberou a entrada de 28 agrotóxicos extraordinariamente tóxicos, como o Sulfoxaflor, prohibido até nos EEUU. O Lobby do Veneno gaña pois, pero o problema é noso, porque o Estado Español destaca entre os primeiros importadores mundiais de soia brasileira (máis de seis millóns de toneladas) e esta individuo quérenos envelenar, así, sinxelamente.
Liberou a entrada de 28 agrotóxicos extraordinariamente tóxicos. Rusia, o quinto importador, decidiu que suspendía as compras se non retiraban a medida
Rusia, o quinto importador, decidiu que suspendía as compras se non retiraban a medida. Non cómpre ter simpatía polo ditador moscovita para imitar a iniciativa, por saúde corporal loxicamente, pero tamén mental.
Na Folha de São Paulo comentan: “ Se a Rússia que é mais permissiva com agrotóxicos sinaliza assim, a União Europeia será quase que forçada a seguir. O Brasil não se pode virar as costas ao agronegócio”. Xa veremos.