A nación galega de Plácido Castro

Artigo de Plácido Castro publicado en El Pueblo Gallego (30 de setembro de 1933) © IGADI

A importancia de acadar certo recoñecemento exterior foi unha preocupación do movemento galeguista dende os seu inicios. Diríase que un dos seus catro piares programáticos: Galicia, unidade cultural, pobo autónomo, comunidade cooperativa, pero tamén célula de universalidade, co seu tridente: pacifismo, federalismo internacional e antiimperialismo

“Calquera que sexa o réxime político en que Galicia viva, a nosa Terra, autónoma ou non, está xa proclamada moralmente como unha nación”, escribía Plácido Castro en El Pueblo Gallego o 10 de outubro de 1933 ao comentar a relevancia da súa participación no IX Congreso de Nacionalidades Europeas (CNE), celebrado entre o 16 e 18 de setembro daquel ano en Berna, Suíza. E Castelao di: “Galiza é unha nacionalidade, e como tal foi recoñecida en Berna, polo IX Congreso das Minorías Nacionais Europeas, adscrito á Sociedade das Nacións” (Sempre en Galiza).

A importancia de acadar certo recoñecemento exterior foi unha preocupación do movemento galeguista dende os seu inicios. Diríase que un dos seus catro piares programáticos: Galicia, unidade cultural, pobo autónomo, comunidade cooperativa, pero tamén célula de universalidade, co seu tridente: pacifismo, federalismo internacional e antiimperialismo. “Unha constante aspiración do galeguismo, aínda que pareza estraño aos que nos chaman separatistas, é a da universalización de Galicia”, dicía. 

A representación galega no Congreso: Plácido Castro e Otero Pedrayo (finalmente ausente) © IGADI

“Calquera que sexa o réxime político en que Galicia viva, a nosa Terra, autónoma ou non, está xa proclamada moralmente como unha nación”, escribía Plácido Castro en El Pueblo Gallego o 10 de outubro de 1933 ao comentar a relevancia da súa participación no IX Congreso de Nacionalidades Europeas (CNE)

Había orientación, discurso e tamén moita atención para a época a conflitos nacionais de diverso tipo que se daban en todo o mundo, tal e como se recollía nas súas publicacións. Pero había tamén vontade e unha firme vocación práctica para dotar de contido aquela premisa. Fíxose da man de vascos e cataláns e atendendo aos ritmos, tempos e capacidades de cada quen, ben limitadas as nosas en comparanza con outros. Sen dúbida, esa vinculación ao CNE é o feito máis destacado no breve lapso do tempo transcorrido dende as Irmandades da Fala ata o Partido Galeguista. Faltou oportunidade histórica para seguir explorando posibilidades co abrupto fin imposto en 1936.

Plácido Castro, aos seus 31 anos, desempeñou un papel clave nese evento. E tamén por iso a historia contemporánea de Galicia resérvalle un lugar especial que igualmente merecería por outras circunstancias, en especial, pola orixinalidade de moitos aspectos do seu pensamento político ou, poñamos por caso, pola súa faceta como destacado pioneiro da tradución.

Pasados 90 anos daquel CNE de 1933, o valioso exemplo de Plácido amósanos aínda como ser auténticos cidadáns do mundo, é dicir, exercendo de galegos. Importante telo presente cando hoxe, con maiores facilidades que daquela, moitos de nós andamos polo mundo e importa especialmente saber moi ben de onde realmente somos

Viviu en primeira persoa e admirou o orgullo que no Reino Unido sentían pola súa identidade. Iso levoulle a situar o florecemento da autoestima como unha condición básica de calquera progreso cívico sostible. Aínda o temos como materia pendente. Cualificou a Galicia como colonia en 1930 pero levou cara a singularidade a súa formulación en positivo de calquera reivindicación nacionalista. A súa Galicia galega invitaba a non imitar senón a estimar o que nos fai diferentes e achegalo á comunidade universal: “recibir o que o mundo exterior nos ofrece, pero brindarlle tamén o noso”. Comprometido a tempo enteiro coa recuperación e defensa da identidade só podía militar tamén no galeguismo. Antón Vilar Ponte axudou a cimentar ese peculiar “camiño inglés” de Plácido rumbo ao nacionalismo. Falecido prematuramente aos 55 anos, Plácido figuraría entre os portadores do seu cadaleito.

Concibindo o nacionalismo non como expresión de arelas secesionistas senón como a reivindicación doutras formas superiores de unión, agre co papel da diplomacia tradicional, foi, non obstante, un visionario comprometido co que hoxe denominamos paradiplomacia: a defensa e reivindicación dunha política exterior propia para Galicia, con eses vimbios en Europa, o celtismo e o Atlántico, a lusofonía, o Galeuzka, por suposto…

Pasados 90 anos daquel CNE de 1933, o valioso exemplo de Plácido amósanos aínda como ser auténticos cidadáns do mundo, é dicir, exercendo de galegos. Importante telo presente cando hoxe, con maiores facilidades que daquela, moitos de nós andamos polo mundo e importa especialmente saber moi ben de onde realmente somos. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.