A pandemia... do 'doutor' Feijóo

“Os enfermos morrían separados dos seus familiares e estaban prohibidos os rituais velatorios; os que morrían pola tarde, pasaban a noite sós e os que morrían pola maña, eran enterrados sin perda de tempo”. Albert Camus: A Peste: 1949. 

Pasou o peor. Ou non…A pandemia da enfermidade COVID-19 por afectación do Coronavirus SARS-CoV-2, foi tremenda. O número de mortxs no estado español, a 31/05/2020, é de 27.121 persoas. En Galicia, é de 616; xs mortxs nas Residencias de Maiores no estado, son 16.321 e en Galicia 299 (casi o 50% dxs que morreron o foi nas Residencias de Maiores). Os dados, non son definitivos...esperemos que en outono non rebrote este episodio de pesadelo colectivo. 

En Galicia a pandemia, tivo “menos incidencia”, de contaxios e mortalidade, que no resto do estado. Influíron diversos factores: a dispersión da poboación, a menor utilización do transporte público, o baixo nivel de contaminación, a menor chegada de persoas procedentes doutros lugares, a calor, etc. As propias condicións do País, foron as que frearon a diseminación do virus. A nefasta xestión da Xunta, tivo moito que ver coa afectación tan severa e a elevada mortalidade en dous ámbitos moi determinados: as Residencias de Maiores e os Servizos Sanitarios. 

Nas Residencias de Maiores, explícase pola privatización e a cesión, por parte de Núñez Feijóo e o PP, a multinacionais, a fondos de investimento e a grupos da igrexa. A precariedade da atención, o amoreamento dxs residentes e a carencia de persoal, é a tónica. DomusVI, principal grupo en Galicia, e a Fundación San Rosendo teñen moita responsabilidade: nesta última, o crego Benigno Moure, en 2008 presidente e impulsor do grupo, foi condeado a 5 anos de cárcere por apropiación indebida a unha anciá con Alzheimer (Fraga déulle a Medalla Castelao...e aínda non se lle retirou). Pero as residencias privadas están tamén en mans de Florentino Perez, Demetrio Carceller, SANITAS, EULEN, SANTA LUCIA, CASER, ACS, SACYR, etc...é dicir: constructoras, aseguradoras...e a igresa.

Nos Servizos Sanitarios, aos profesionais non se nos fixo a proba do coronavirus, ata o 25 de maio! Sí, ao sr. Feijoo non lle importa saber cómo están xs seus traballadorxs, pero sí lle importa facer “o maior estudo epidemiolóxico da historia de Galicia” para ensalzamento do “amado líder”. Sábemos que con 1.000 entrevistas (máis/menos 2) é representativo de como está a situación...pois ben, o sr, Feijoo vai facer 100.000. Con cartos públicos claro, e ca sobrecarga para xs profesionais: a él iso non lle importa! A día 1 de xuño, temos feitas 51.000 probas e sigue o despropósito (en contra das organizacións de AP) ca realización doutras 50.000 probas máis; resultado: o 1,3% deron POSITIVO. Fai falta facer 100.000 test? Gastar cartos públicos cando con 1.000 entrevistas teríamos o mesmo resultado? Por que se sobrecarga ao persoal de enfermaría, dos Centros de Saúde, para algo que xa todxs coñecemos? É o sr. Feijoo un irresponsable ó someter aos sanitarixs a un traballo inútil? Sabe o “Doutor” Feijoo o que fai? A afectación de profesionais da saúde no estado, é de 51.482; en Galicia: 1.403. O pior: 63 mortxs.

Outra faceta do “Doutor” Feijoo é “adiantarse” a Sánchez, nas medidas da desescalada. Un lince...claro, despois de escoitar xs Presidentes das CCAA e o propio Sánchez, para facer que fai e non facer máis que enredar e confundir xs Galegxs! 

A enfermidade encontróunos moi mal preparadxs, debido aos recortes do “Doutor” Feijoo: en persoal, infraestructuras e no propio coñecemento deste tipo de coronavirus. Non invertir en Sanidade e sí facelo, con orzamentos multimillonarios, en gastos militares, por exemplo, leva a que a sociedade esté pouco e mal atendida. De nós depende cambiar esta dinámica. Que os gastos en Sanidade, en Servizos Sociais, en Residencias de Maiores e de Discapacitadxs, sexa o prioritario. Nas vindeiras eleccións, temos a oportunidade de cambiar esta dinámica. O futuro dxs nosxs fillxs está en xogo!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.