Algunha curiosidade dos resultados das eleccións ao Parlamento Europeo en Ribadeo

As eleccións do 9X en Ribadeo. Gráfica 1 ©

As eleccións sempre deixan, a máis dos típicos ‘vencín eu’ e semellantes, moitas curiosidades. Curiosidades tamén nos resultados polo miúdo, os resultados locais. Estas que rematan, as Eleccións ó Parlamento Europeo 2024, non son diferentes niso, por moito que a percepción (estimo que errónea) de moita xente as tome por unhas ‘eleccións de segunda’. Algo que deu lugar ós índices de abstención que se obtiveron.

A estas alturas que escribo, os resultados son provisionais. Aproveito os datos de reconto oficial e os collidos nas mesas por xente dun dos partidos que se presentaron. Estes segundos sei seguro que teñen algún fallo (aínda que non sexa quen de dicir exactamente onde, máis aló dos totais por comparación cos oficiais). Os detallados son datos de só seis dos 34 partidos e coalicións presentados. Iso si, dos que sacaron máis número de votos en Ribadeo.

Para apoiar os comentarios, deixo varias imaxes. A primeira, dúas táboas de datos aglutinando votos e onde se obtiveron. A superior, en detalle, e a inferior, separando só vila e parroquias rurais.

As eleccións do 9X en Ribadeo ©

Evidentemente, en Ribadeo, a importancia estatística do voto rural é a metade da do voto urbano.

As táboas veñen acompañadas de gráficas nas que se visualiza mellor o resultado. A primeira gráfica, co voto a cada partido, distinguindo en onde o obtivo, dá unha idea de como está repartido o pastel de votos

A segunda, a quen votou cada sección censal, amosa diferencias á vista entre, por exemplo, o máis equilibrado Ove e o desequilibrio entre partidos na Devesa ou, máis aínda, en Vilaousende

Gráfica 2 ©

Nas dúas gráficas seguintes, por exemplo, apréciase a caída relativa de votos do PSOE no rural, e a case desaparición nese medio de Sumar.

Xunto cos datos anteriores, máis cinguidos a cada unha das mesas, pódense tomar de xeito comparativo os datos que relacionan as votacións na nosa vila cos resultados a nivel provincial, galego e estatal, incluíndo a ese nivel non só os votos, senón tamén os escanos correspondentes. 

Gráfico 3 ©
Gráfico 4 ©

Tendo en conta śo os partidos que obtiveron escanos, e expresados os datos en porcentaxes (excepto no caso de parlamentarios, que é expresado en número de escanos na táboa, e en porcentaxe na gráfica), temos:

©
Gráfico 5 ©

A ollo nu vense algunhas curiosidades. Entre elas, a menor incidencia de votos ao PP a nivel estatal que a nivel local en Ribadeo e sobre todo en Vilalba, ou a nivel provincial ou galego. Polo contrario, os votos residuais abundan en maior porcentaxe a nivel estatal (‘outros’). En consecuencia disto último, a porcentaxe de parlamentarios dos partidos que sacaron escano, naturalmente, son superiores ás porcentaxes de voto obtidos. Por certo, as porcentaxes de votos están contabilizados sobre o total de votos, non sobre o total de electores, que nestas eleccións, arredondando, foi nunha relación de 1 a 2.

Na liña a nivel estatal, parece que en relación ós votos, o PSOE obtivo máis escanos que os outros partidos. Si, hai un pequeno efecto de redondeo de votos a número de escanos, que o favorece lixeiramente, pero tamén un efecto óptico na gráfica, debido á acumulación do tramo de liña do PSOE despois do tramo de liña do PP.

Por outra banda, a maior porcentaxe de votos de BNG/Agora Repúblicas en Galicia ven dado porque esta coalición presentaba o conxunto de formacións de tres territorios, tendo moi escasos votos fóra deles. É esta formación a que podemos ver que a nivel local, provincial ou galego quedou en terceira posición, moi por diante da que obtivo ese posto a nivel estatal.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.