Arnaldo Otegui

Arnaldo Otegi Dominio Público Praza Pública

Eta Militar asasinaba para lograr a independencia e o socialismo. Eran os tres principios. Nos anos de fortaleza afirmaban que só negociarían co exército español; ao final de todo abondáballes con liberar os presos. Desde que Eta Militar desapareceu nada vai peor en Euskadi, nin as conquistas da nación nin as sociais; a intensidade non variou. A violencia foi pois un monstro aínda maior se é posíbel, por inútil.

Otegui apostou por disolver a banda e iso hónrao, pero non é un grande líder. Fáltalle instinto, formación, capacidade estratéxica e até carisma para renovar a tendencia desde o cerne

Otegui apostou por disolver a banda e iso hónrao, pero non é un grande líder. Fáltalle instinto, formación, capacidade estratéxica e até carisma para renovar a tendencia desde o cerne. É moi complexo tronzar o dogal do sangue, que o infecta todo.

Otegui non debe aparecer nos medios informativos públicos, segundo os líderes dereitistas españois, porque os pagamos todos. Teñen unhas conviccións democráticas ben chatas. Pretenden que a TVE diga o queremos ouvir, non o que acontece. Filosofía de chisme rosa, de partido de fútbol. Fichen só aos que rendan e gusten, que non estamos para molestias.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.