As dereitas españolas e a desigualdade

Mitin de Feijóo en Arteixo, unha imaxe de arquivo © PP

Unha das evidencias mais incontestables que nos deixa a historia é a de que cando as dereitas gobernan en España se disparan tódalas desigualdades (de rendas, de xénero, de territorio..... ). Utilizando o mesmo marco de análise que no artigo anterior neste medio e apoiándonos nas evidencias empíricas podemos comprobar a veracidade desta aseveración.

Durante os mandatos tanto de J.M. Aznar como de M. Rajoy a desigualdade en España estivo sempre claramente por riba da media na Zona euro (consolidándose así como un dos estados europeos mais desiguais)

Empecemos analizando a evolución do Índice de Gini con estes gobernos (J.M.Aznar e M. Rajoy). Digamos que este índice é un coeficiente estatístico que mide a desigualdade de ingresos nun territorio e cuxos estremos se moven entre o 0 (a máxima igualdade: todos teñen os mesmos ingresos) e o 1 (a perfecta desigualdade por que unha soa persoa ten tódolos ingresos e o resto ningún). Neste marco un pais será tanto mais igualitario canto o seu Índice de Gini mais se acerque ao 0. Segundo datos de EUROSTAT durante os mandatos tanto de J.M. Aznar como de M. Rajoy a desigualdade en España estivo sempre claramente por riba da media na Zona euro (consolidándose así como un dos estados europeos mais desiguais) movéndose con valores superiores ao 0,31 con un limite superior do 0,34 mentres na zona euro se movía entre o 0,302 e 0,306 e claramente por riba de estados como Francia (entre o 0,29 e o 0,282), Alamana (0,27 e 0,26). 

Durante os gobernos das dereitas españolas a política laboral foi unha das causas mais relevantes para que se disparase a desigualdade de ingresos entre as clases populares e as clases de rendas altas: en termos reais as perdas en produtividades foron “compensadas” con perdas superiores nos salarios para beneficio das rendas de capital

Sempre en termos reais, a renda per cápita tivo nos dous mandatos uns crecementos medios anuais moi cativos (1% con J.M.Aznar, 0,75% con Mariano Rajoy) inferiores aos incrementos da renda nacional, mentres o salario medio caeu (-2% e -0,5% anual) o que supuxo tamén unha caída na participación dos salarios na riqueza nacional con valores (47,6% e 46,6%) que se situaron entre os mais baixos da Zona euro: ámbolos dous gobernos procederon a devalación salarial como estratexia para ganar competitividade. Subliñar que se mantivo a fenda salarial por razón de xénero (durante todo este tempo foise ampliando hasta situarse no ano 2018 nun 17%) e de idade (xeneralizouse entre os/as mozos/as traballadores/as a condición de mileurista: o 50% non acadaban o SMI quen pola súa parte nunca chegou a representar nin o 45% do salario medio). Con respecto a contratación durante estes dous mandatos a precariedade laboral foi a tónica xeral (mais do 90% dos novos contratos foron precarios: a taxa mais elevada da Unión Europea) sendo as mulleres as mais damnificadas (chegaría ao 91,5%) o que facilitou os despidos (un rateo no que España tamén estivo a cabeza da Zona Euro: 60%). Como conclusión se pode afirmar con rotundidade que durante os gobernos das dereitas españolas a política laboral foi unha das causas mais relevantes para que se disparase a desigualdade de ingresos entre as clases populares e as clases de rendas altas: en termos reais as perdas en produtividades foron “compensadas” con perdas superiores nos salarios para beneficio das rendas de capital.

Unha desigualdade que se viu reflectida, por caso, no número de familias en risco de pobreza que con J.M. Aznar ascendeu do 18% ao 20,1% e con M. Rajoy do 20,6% ao 21,5%. Mentres na Zona euro esa taxa se movía entre o 15,5% e 17%, ocupando España un lugar no pelotón de cabeza polo número de familias en risco de pobreza. Unha situación favorecida polas políticas de austeridade fiscal que tiveron nas funcións públicas de benestar as principais damnificadas. 

O gasto público social (fundamental para as familias de rendas baixas), que serve para compensar as situacións de desigualdade que crea o mercado, mantívose durante os dous mandatos entre os mais baixos de Unión Europea, con diferencias que chegaron a seren superiores aos 7 puntos do PIB (España: 19%, Unión Europea: 26/27%)

O gasto público social (fundamental para as familias de rendas baixas), que serve para compensar as situacións de desigualdade que crea o mercado, mantívose durante os dous mandatos entre os mais baixos de Unión Europea, con diferencias que chegaron a seren superiores aos 7 puntos do PIB (España: 19%, Unión Europea: 26/27%), que serían maiores si se comparan cos países do gasto mais elevado como Suecia, Francia, Alamana e que situaron a España entre os estados da UE con menor gasto gasto público social: exactamente o segundo mais baixo. Unhas diferencias que se mantiveron en practicamente tódolos capítulos de protección social (sanidade, ensino, maiores, familias, vivenda social, pensións..) e que se incrementarían cos anos debido especialmente a dous factores: a un crecemento do gasto público social moito mais lento que o europeo e a que a procura do equilibrio orzamentaria se fixo a costa de incrementar sobremaneira o déficit social coa UE afastándose así da converxencia.

Velaí dúas das razóns principais de por que se disparan as desigualdades durante os mandatos das dereitas en España: o crecemento das desigualdades de renda e o incremento do déficit nas funcións públicas de benestar. Fenómenos derivados de causas políticas: a aposta destes gobernos polas políticas neoliberais. Apostas que polo negativo impacto que teñen sobre a demanda provocan crises económicas e financeiras recorrentes. Crises que se agravan co crecemento das débedas privadas que provoca a citada caída das rendas do traballo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.