O 70% dos latinoamericanos non sabe detectar as noticias falsas. Kaspersky estudou o asunto na Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México e Perú, con usuarios de dispositivos electrónicos e chega a conclusións desesperanzadoras. O 80% dos peruanos non identifican as trolas e o 62% dos brasileiros tampouco.
Aquela visión igualitaria, democrática e sen dono que proxectaba a rede, esvaeceuse. Arestora é un contentor infinito, onde non abonda con estar alfabetizados para exercer de individuos conscientes, porque cómpre discernir e esa calidade sitúase varios chanzos máis arriba que as destrezas da formación elemental. .
A dereita española parécese cada vez máis á latinoamericana. Vaise convertendo en primaria e brutal. Cando afirma que Abalos é un ministro de Maduro, ou que a esquerda pretende matar vellos para rebaixar o gasto sanitario, faino porque identificou un público ignorante e outro siareiro que xa odia de antemán e desexa ouvir precisamente iso. Detectaron ese caladoiro, funciónalles e urxe buscar novos recursos para combatelos.