AUDASA vai bater un récord mundial: incrementar as peaxes da AP9 catro veces nun só ano. Subiunas o 1 de xaneiro o 1,9% porque as autopistas teñen garantido por lei que as peaxes suban o mesmo que a inflación. Un dereito que non teñen os pensionistas pero si as autopistas de peaxe.
AUDASA vai bater un récord mundial: incrementar as peaxes da AP9 catro veces nun só ano. Cun incremento acumulado que estará na contorna do 5%.
A segunda será do 1% durante 20 anos como consecuencia do acordo de novembro de 2011 entre a Ministro Blanco e Audasa. A terceira será un 0,9% en todas as peaxes, como consecuencia do Acordo de 2013, entre a Ministra Pastor e Audasa. E a cuarta, aínda non sabemos nin canto nin cando, polo acordo entre Feijóo/de la Serna e Audasa.
É un escándalo: subir catro veces nun ano os prezos xa abusivos da AP-9 cun incremento acumulado que estará na contorna do 5%. Escándalo, roubo, atraco a punta de peaxe.
Pódese elixir o nome que se queira. Audasa é un poder fáctico enorme: da igual quen estivera no goberno, a que manda é ela. Ata foi quen de contratar de figurante a M. Rajoy para a pantomima de Rande do día 30 de decembro.
A estratexia de Audasa é inaceptable, e só se pode entender dende a complicidade do bipartidismo rotatorio que gobernou este país.
Primeiro conseguiu prolongar ata o máximo legal, 75 anos, o período da concesión para explotar a AP-9. Foi Aznar en 2003 o que lle deu 25 anos máis, ata 2048, de tal forma que Audasa é a autopista de peaxe co maior prazo concesional do Estado.
Para que se entenda ben, antes de 2026 remata a concesión de todas as autopistas de peaxe da primeira xeración –as licitadas antes de 1976- menos unha: a AP-9. Cando xa teñan pasado 31 anos dende que a AP-6 remate a súa concesión, nós seguiremos pagando peaxes a Audasa.
Antes de 2026 remata a concesión de todas as autopistas de peaxe da primeira xeración –as licitadas antes de 1976- menos unha: a AP-9
Unha vez acadado o período legal máximo, Audasa mudou de estratexia: subir as peaxes por riba das demais grazas a acordos co Ministerio de Fomento.
As peaxes máis caras para a peor autopista do Estado, porque Audasa é a empresa que ten o maior número de reclamacións presentadas polos usuarios, a que ten o menor número de empregados e a de maior sinistralidade.
A AP-9 supón o 3% do total de usuarios da rede de autoestradas pero ten o 19% do total das reclamacións. Un mal servizo que ten causa na política laboral da concesionaria: Audasa é a empresa que ten a peor ratio de persoal por quilómetro de todas as autoestradas de peaxe do Estado. Non entre as peores. A peor: en Audasa hai 0,4 empregados por cada quilómetro fronte á medida de 1 emprego por quilómetro no resto das autoestradas.
Nos últimos 20 anos Audasa recadou 2.344 millóns de euros en peaxes, que se transformaron nun beneficio antes de impostos de 1.900 millóns de euros
Audasa é un negocio redondo para os seus accionistas. A fórmula é simple: son un monopolio, que explota unha concesión pública, con tarifas abusivas e custos reducidos.
Nos últimos 20 anos Audasa recadou 2.344 millóns de euros en peaxes, que se transformaron nun beneficio antes de impostos, intereses e amortizacións (BAII) de 1.900 millóns de euros: si. O resultado bruto de explotación de Audasa equivale ao 81% da súa facturación.
Despois de amortizar e pagar os gastos financeiros, os beneficios acumulados dende 1997 son de 1.181 millóns de euros: Audasa gana 1 de cada 2 euros que factura, unha rendibilidade do 50%.
Audasa gana 1 de cada 2 euros que factura, unha rendibilidade do 50%. Unha empresa só pode gañar o 50% do que factura se actúa en réxime de monopolio de facto
Unha empresa só pode gañar o 50% do que factura se actúa en réxime de monopolio de facto, porque esa rendibilidade non se corresponde con un réxime de concorrencia nun mercado competitivo.
Os datos da Central de Balances do Banco de España sinalan que as empresas españolas acadan unha taxa de beneficios netos sobre ingresos do 7%: a rendibilidade de Audasa é un 700% superior a media das empresas españolas.
Se Audasa aceptase ter unha rendibilidade sobre ingresos do 14%, a que ten Inditex, podería baixar as peaxes un 30%.
Un escándalo de peaxes abusivas que demostra que existe un amplo marxe para que Audasa poida ter unha política tarifaría diferente, con prezos mais baixos, coa única condición de que aceptara ter unha rendibilidade normal, isto é, similar á media das empresas españolas.
Sirva como un exercicio de simulación o calculo seguinte: se Audasa aceptase ter unha rendibilidade sobre ingresos do 14%, a que ten Inditex, podería baixar as peaxes un 30%. Ou dito doutro xeito, podería, e mesmo debería, asumir contra a súa marxe abusiva, a liberalización de peaxes como o de Redondela
Publicidade