Boric non é Chávez

Gabriel Boric, votando na segunda volta das presidenciais chilenas, este 19 de decembro de 2021 © Apruebo Dignidad

Cando en maio Nicolás Maduro celebraba no Twitter, os resultados da esquerda nas eleccións locais como unha derrota contundente do neoliberalismo salvaxe. Gabriel Boric replicoulle que as eleccións tamén eran: “… un mandato de respeto irrestricto a los derechos humanos. Algo en lo que tanto Piñera como usted no han estado a la altura”.

Moitas son as diferenzas entre Boric e os líderes chavistas. Entroutas que Gabriel Boric Font, de asdendencia catalana materna, provén dunha familia de clase media alta, que promove unha profunda axenda transformadora pero gradual, froito de grandes consensos ou que o exército chileno non será o esqueleto no que se articule a vida socioeconómica do país, senón un potente contrapeso na súa xestión.

Distanciarse desa Venezuela que, segundo ACNUR , expulsou una últimas dúas décadas a case seis millóns de refuxiados o migrantes ou do pais caribeño que desde 2013 ten un PIB e salario mínimo en caída libre, é algo máis cunha estratexia de Gabriel Boric, para afastarse dunha negra sombra que se ten prolongado sistematicamente sobre todas as aspiracións electorais dos líderes esquerdistas de América Latina. Non só se trata de blindar o calcaño no que as estratexias de campaña dos candidatos conservadores conseguían facer máis sangue en número de votos, furgando nos fracasos económicos venezolanos. 

Acto electoral de Gabriel Boric como candidato á presidencia de Chile © Apruebo Dignidad

O reto Boric trata de traballar nunha profunda axenda transformadora ollando cara aos modelos de benestar europeos ou cara aos referentes da esquerda latinoamericana que maiores éxitos conseguiron, sen quebrar o modelo político: Bolivia, Brasil, Ecuador…

A cirurxía da súa axenda transformadora é moi profunda, non so estética:

Reformar o sistema tributario no país máis desigual do continente vai precisar de corrixir á alza a porcentaxe tributaria que soportan grandes fortunas e empresas. 

Tratar de evitar a fuga de capitais, que nos últimos 24 suman 50.000 millóns de dólares vai requirir un titular ministerio de facenda que xere confianza na economía e na capacidade de xerar beneficios empresariais. Empresas que adicionalmente deberán acostumarse a ter operarios que traballen 40 horas semanais e non as 45 actuais.

Eliminar ou reconducir a fracaso das APF (Administradoras de Fondos de Pensións privadas) vai causar un burato no tesouro público, que non será fácil tapar coa proposta de aumentar un 5% a recadación fiscal.

Crear un Fondo Universal de Saúde que permita fuxir do Isapres (seguros sanitarios privados), que quedaría como opcional e voluntario, é un propósito no que teñen tropezado líderes como Obama.

Nas reformas socias sexan migratorias, dereitos humanos, educativas, territoriais, xénero, policía , vivenda ou cambio climático … van ser necesarios consensos moi amplos nunha cámara onde o seu partido apenas ten o 5% dos parlamentarios. O bloque que o apoiou na segunda volta é moi diverso, algúns como a, democrática e conservadora, “Democracia Cristiana”, xa avanzaron para o seu lugar vai estar na oposición desde o primeiro momento.

Pretender gobernar en base a amplos consensos, utilizando o diálogo coma principal activo, estando en manifesta precariedade parlamentaria, nun país tan fragmentado polas diferenzas económicas e sociais, que aínda conserva fosilizados amplos alicerces da ditadura pinochetista, vai ser unha tarefa inxente. 

A meteórica ascensión política de Boric, a súa capacidade de liderazgo e a conexión con boa parte da sociedade chilena, fan pensar en que Gabriel Boric, posúa o perfil máis acaído para tentalo. O Chile do futuro precisa ser menos inequitativo e máis social.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.