Bur(r)ocracia sanitaria

Centro de saúde en Vigo © Primaria Digna

“A burocracia e o arte de convertir o fácil en difícil por medio do inútil”. Carlos Castillo Peraza, escritor e periodista mexicano: 1947-2000.

As transferencias en Sanidade na Galiza, veñen de lonxe, dende que existe o Estado das Autonomías. Isto significa QUE A ADMINISTRACIÓN GALEGA PODE FACER E DESFACER NO SISTEMA SANITARIO GALEGO O QUE QUERA! incluso contratar persoal (sí Rueda-de reposto-), tanto Médico como outro tipo de profesional, para ter unha asistencia axeitada a demanda sanitaria, tanto nos Centros de Saúde, como nos PACs e nos Hospitais. De tanto reclamar ó goberno central que faga o que él non fai, xa estamos fartxs. Cobran por administrar o ben máis preciado que temos, a saúde. E sin non o fan (ou dín que a culpa é de outrxs), que se váian!

Temos as consultas de AP colpsadas, evidentemente pola falta de profesionais e o aumento da demanda. E que fai a administración do PP? Dí que “vai chamar a 75.000 persoas maiores de 65 anos, que non foran o/a Médicx nos últimos 6 meses, para que váian”; non queres caldo: dúas tazas!

Centro de saúde da Valenzá, en Barbadás CC-BY-SA Sergas Ourense

Existe un problema moi importante, que ocupa moito tempo xs profesionais médicxs: A BUROCRACIA. Diferentes instancias da administración, piden “certificados” que ten que facer o Médico de Cabeceira: de idoneidade para a adopción de menores, da dependencia, de ingreso nun centro penal, para piscinas, para equipos de extinción de incendios, para exámenes para a garda civil, para bombeirx, para policía, para exención do colexio electoral, para exención de xurados, exención de actividades físicas, exención do colexio electoral, para resolver multas de tráfico, para mergullo, para oposicións, permisos de armas, piloto de aviación, recoñecemento de embarque, solicitude de balneario, de cambio de colexio, de campamento de verán, de gardería, de residencia de servizos sociais, e seguro que me queda algún máis! Todo ísto, podría evitarse, si a consellaría de sanidade, informase as demáis institucións, para que non pidan certificacións inútiles...

Tamén sacaron a “brillante idea” de que “toda medicación ten que ir con receita”; antes, os Paracetamoles, Ibuprofenos, etc. podían collerse na farmacia “sin receita”: agora, ca obrigación de levar a Receita Electrónica... quen ten que facela? o M de C.

A definición dx traballo na AP, consiste na Prevención, Asistencia Domiciliaria e Asistencia en Consulta, Investigación, Formación e Sesións Clínicas. Os conceptos que non sexan de Asistencia Directa, está claro que non se poden realizar (con 40-50 persoas de media é dificil facer máis).

O director de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, dí que “el SERGAS buscará cubrir la falta de Pediatras, a través de la reorganización de recursos”, en román paladino: vestir un santo para desvestir outro. O de contratar profesionais cun salario digno e unha estabilidade, non o contemplan. E ademáis farán “que as enfermeiras traballen de Médicxs, cun curso intensivo”: impresentable!

A xerenta do SERGAS dí: “que temos que acostrumbrarnos a non ter Pediatra en cada Centro de Saúde”; e nós lle dicimos: si non saben ou non queren administrar correctamente o máis importante dunha persoa, que se váian! Levamos 4 conselleirxs e 3 Xerentxs do SERGAS e o deterioro da AP na Galiza cada día a máis!

Outra ocurrencia: non se pode, dende AP, mandar directamente ao paciente ao especialista, debemos facer unha consulta telemática previa e en 3-4 días nos contestan que facer cx paciente: lista de agarda para a lista de agarda!

E xa conseguiron o que pretenden co desmantelamento sistemático da AP: o concello de Caldas, acaba de aprobar “ante a falta de Médicxs na vila, pagar a asistencia das persoas do pobo...NUNHA CLÍNICA PRIVADA DA ZOA”. O círculo previsto polo PP péchase e a privatización do Sistema Público (con fondos públicos), está en marcha.

A falta de estabilidade e salarios impropios para persoas que teñen unha profesión que costou moito sacar, veñen sendo as causas fundamentais da falta de profesionais. Ante ísto, o PP bota balóns fora. Non o permitamos!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.