Ano 2004, no Pazo da Moncloa. O presidente recibe o ministro de Cultura e aos directores dos centros Cervantes, que solicitan aumento do presuposto. Zapatero non perde o sorriso: “Hay dinero, hay mucho dinero este año. Y el año que viene habrá más. La economía va como un tiro”. Esta anécdota foi relatada por Muñoz Molina, daquela director do Cervantes de Nova York. Revela ben ás claras a actitude frívola e imprudente do presidente do goberno.
A incompetencia daqueles momentos e as medidas adoptadas ao final do seu mandato, cando tomou decisións severas en contra do seu propio ideario e contra o pobo, deixaron unha penosa herdanza
A incompetencia daqueles momentos e as medidas adoptadas ao final do seu mandato, cando tomou decisións severas en contra do seu propio ideario e contra o pobo, deixaron unha penosa herdanza. Amparou a burbulla inmobiliaria, negou a crise e non adoptou medidas contra dela. Deixou medrar a corrupción e que invadise as maquinarias dos partidos e os despachos oficiais. Pagou os seus pecados nas urnas, pero a cidadanía tardará en esquecer.
Reclama unha alianza para facer fronte ao todopoderoso Partido dos Ladróns
Mais os seus sucesores, que recuperaron o poder prometendo o final da crise e o desgoberno, non fan máis que aumentar o sufrimento colectivo. A súa actuación non está guiada pola bisoñez e a incompetencia, senon que teñen un plan perfectamente trazado, cunha forte base ideolóxica, e que persigue crear áreas de beneficio privado a expensas dos orzamentos. Hai fortes lazos de complicidade coa banca e cos especuladores financeiros. Trátase, en definitiva -segundo Manuel Rivas-, dun poder oculto que expolia o diñeiro público e, agora xa, sen necesidade de ocultar a catadura. Reclama unha alianza para facer fronte ao todopoderoso Partido dos Ladróns.
O goberno de Rajoy ten as cousas ben claras. Mariano xa non tiña dúbidas cando era un mozo e defendía con vehemencia a “desigualdade natural “ dos seres humanos. Dacordo cos seus principios está a facer unha actuación implacable: en pouco máis dun ano fulminou os dereitos laborais, recortou con severidade a sanidade e a educación, reduciu ao mínimo as axudas á dependencia, precarizou a situación dos pensionistas e deixou sen sanidade aos inmigrantes; Mentres tanto as axudas á banca fluiron con total xenerosidade. Gabriela Cañas denunciaba nun margnífico artigo que “es tal el descaro con el que los dirigentes adoptan sus decisiones en esta carrera por aumentar la desigualdas que ni siquera se toman la molestia de cuidar las formas”. Sinalaba tamén que asistimos inermes ao gran expolio, executado desde o poder con total impunidade. Na última semana de novembro de 2012 o goberno acordou entregar á banca 37.000 millóns de euros. Ao día seguinte decidiu non tocar a inxusta lei hipotecaria que leva a miles de familias á intemperie e tamén deixou a 145.000 coidadores familiares de dependentes sen Seguridade Social.
Juan José Millás ironizaba nun artigo recente sobre as similitudes entre a mafia e o Estado. Decía que sempre pensou que a mafia aspiraba a ser Estado mentres que, agora, semellas que as cousas están do revés: é o Estado o que actúa a imaxe e semellanza das mafias. As cloacas da corrupción corrompen todo e agora “las tuberías de los albañales y las del agua potable se cruzan, se atraviesan, se abrazan, no sé, el caso es que cuando abres el grifo de la cocina sale mierda”. Esta imaxe hiperbólica se cadra é algo máis que literatura. Empezamos a sospeitar que ten moito parecido coa realidade.
En calquera caso as consecuencias das políticas aplicadas, seguindo o catecismo ultraliberal, están á vista. Podemos velas a diario nos nosos barrios e no noso contorno persoal
En calquera caso as consecuencias das políticas aplicadas, seguindo o catecismo ultraliberal, están á vista. Podemos velas a diario nos nosos barrios e no noso contorno persoal. Asistimos á privatización da vida, vemos como a incerteza planea sobre o noso futuro e sabemos que nada está garantido. Os datos tamén son contundentes. O último informe elaborado pola Fundacion Foessa debuxa un escenario pouco prometedor: en España xa hai tres millóns de persoas en situación de pobreza extrema e un 6,4% dos españoles están ao borde da exclusión social. Segundo este estudo o empobrecemento e a inseguridade económica de moitos fogares chegou a un punto de non retorno e cada vez hai máis diferenciación cidadá no acceso aos dereitos básicos. Cáritas xa advertiu que a multiplicación de recortes sociais “está sentando las bases para que el impacto de la crisis se cronifique entre los más desfavorecidos”. A desigualdade da poboación medrou de xeito escandaloso: a distancia entre o 20% máis rico e o 20% máis pobre é o máis grande de Europa.
O empobrecemento e a desigualdade son provocados e aumentados por decisións políticas, fundamentadas nunha ideoloxía clasista, e persiguen aumentar a riqueza dos máis ricos a expensas de eliminar a clase media,
Detrás dos números hai persoas que sofren, e que non son os responsables da situación creada. As políticas adoptadas nos últimos tempos non contribúen a diminuir o dano colectivo, pero sí axudan a aumentar os beneficios privados. Semella que os recortes, as privacións e a laminación dos deritos se producen de xeito inexorable e que non existen outras posibilidades. Mais non é certo. O empobrecemento e a desigualdade son provocados e aumentados por decisións políticas, fundamentadas nunha ideoloxía clasista, e persiguen aumentar a riqueza dos máis ricos a expensas de eliminar a clase media, soporte fundamental do estado de benestar. O sociólogo Antonio Ariño xa advertiu que “estamos caminando hacia una Europa amoral y asocial: alguien tendrá que aplicar otras políticas”.