Cante les esperances i plore la poca fe

Deixarse de lerias e a tocar arrebato porque chegou a hora da verdade. En Catalunya e grazas aos cataláns, (“nunca tantos debémoslle tanto a tan poucos”) estase poñendo en cuestión algo previo a soberanía, estase loitando pola democracia efectiva do estado español ata o de agora secuestrada. A derrota dos cataláns será a continuidade do profranquismo e isto aféctanos a todos e todas, porque non vai ser unha derrota amigable se non un sometemento violento, ou non é violencia o amedrantamento sobre os funcionarios coa advertencia de que perderán emprego e soldo se se prestan a colaborar co referendo? , non é violencia as coaccións aos alcaldes de Catalunya sobre as consecuencias represivas que lles poden caer se deixan os seus locais para as votacións?, non é violencia a persecución da garda civil de imprentas onde pódense editar as papeletas das votacións?, non é violencia  que esas papeletas teñan que facerse na clandestinidade, quizais en pisos francos como na época da ditadura cando toda a policía estatal estanas buscando?, non é violencia as ameazas de cárcere ao goberno da Generalitat?, non é violencia a incitación ao odio aos cataláns por parte da brunete mediática, xornais, televisións e radios españolas, que ata seguramente os restaurantes españois atemorizados quitaron do postre dos seus menús a “crema catalana”?  non é violencia a intención de declarar un estado de excepción anulando a súa autonomía?

Non é violencia as declaracións de Rajoy, presidente do goberno, dicindo que utilizará todos os “medios necesarios” sen facer excepción de ningún tipo, o cal significa que incluso armados, para o “cumprimento forzoso” dunha constitución tuneada?, que por certo en Galiza e Euskadi non quedou validada cando entre a abstencións e votos en branco superaron o 50 % do censo de votantes.

En Catalunya non só estase xogando a súa soberanía, se non que se está xogando a ruptura co profranquismo que nos invade e a reconfiguración dunha democracia real, e isto aféctanos a toda a cidadanía do estado e dos seus  pobos, polo que deberíamos manifestarnos unitariamente, pacificamente a xente que si, fronte a un goberno que non, amosando a nosa total solidariedade diante a valentía que están demostrando os cataláns na súa loita de David contra Goliat. 

Xa non é tempo de teorizar, é tempo de actuar firmemente por un estado das liberdades que de fin, por fin, aos borrallos da ditadura, non podemos perder esta oportunidade. Ou o 1-O reflicte, dalgún xeito, a liberdade dun pobo ou seguiremos perduts en la nit buscant la llum.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.