Consecuencias da covid-19. Como coidarse

CC-BY-SA Praza Pública

“Non desesperes, nin siquera polo feito de que non desesperas. Cando todo parece terminado, xorden novas forzas. Esto significa que vives”. Franz Kafka: A Metamorfose. 1915.

 

A pandemia por coronavirus SARS-CoV-2 (que debe o seu nome o feito de ter unha forma esférica da que sobresaen unhas espículas que lles dan a apariencia dunha coroa (por semellanza a coroa solar), sigue ahí…. e seguirá! Ten (e terá) consecuencias económicas, sociais, políticas, etc...e sanitarias.

É un virus novo, pero dunha familia, vella coñecida dxs epidemiólogxs e que en xeral, causaba arrefriados comúns; coñecíamos 6: o HCoV-229E, HCoV-OC43, HcoV-NL63, HcoV-HKU1, SARS-CoV, MERS-CoV e apareceu o SARS-CoV-2 causante da Covid-19. Éste, é tamén, da familia dos coronavirus, pero é un virus RNA que muta con frecuencia e ísto o fai máis perigoso. Os coronavirus non só afectan aos humáns, tamén poden pasar de especie a especie. Cuando ésto ocurre, encontrámonos cun virus totalmente novo, algo que as nosas defensas non viron nunca e polo tanto, non saben como actuar. A mortalidade e contaxiosidade deste coronavirus é moito maior que a dos anteriores. O seu período de incubación é de 14 días.

E qué podemos facer? Lavarnos as mans, usar as mascarillas e gardar a distancia de seguridade (as 3 M: mans, mascarilla e metros). Se tes sospeita de que podes telo, ou ben por estar en contacto con persoa positiva ou polos síntomas, debes poñerte en contacto co teu Médico de Familia, ou chamar o 900400116 e explicar o caso. Si eres positivo e non tes síntomas, illarte 14 días é obrigatorio. 

Cales son os síntomas para sospeitar da COVID-19? Febre, Tos, Dor muscular, Náuseas, Vómitos e Diarrea (“FiToDoNaVo”), e por esa orde, importante ísto para descartar outras patoloxías.

Cales son as consecuencias de padecer a COVID-19?

Problemas cardíacos: Palpitacións, Hipotensión Ortostática, Síncope, HTA, Taquicardias, Bradicardias.

Problemas Respiratorios: Disnea, Opresión Torácica, Tos Seca. 

Problemas Psicolóxicos: Ansiedade, Fobias, Apatía, Trastornos do Sono, problemas derivados da estancia en UCI, perda de hábitos e rutinas, estrés psicosocial derivado dunha situación extraordinaria.

Problemas Otorrinolaringolóxicos: Odinofaxia, Disfaxia, Disfonía, Hipoacusia, Aftas Bucais.

Problemas Oftalmolóxicos: Diplopia, Visión Borrosa, Ollo seco.

Problemas Osteomusculares: Artralxias, Mialxias, Calambres Musculares.

Problemas ca Coagulación: Hematomas, Microtrombose. Hoxe sabemos que esta é unha das causas da alta mortalidade causada por este virus.

Problemas Dixestivos: Dores Abdominais, Dispepsia, Pirose, Diarrea, Flatulencia.

Problemas Dermatolóxicos: Urticaria, Rash, Alopecia.

Problemas Neurolóxicos: Parestesias, Cefaleas, Perda do Gusto, Perda do Olfato, Transtornos do Aprendizaxe, Déficit de Memoria, Mareo, Inestabilidade, Dificultade de Concentración.

Problemas Xerais: Febrículas, Anorexia, Escalofríos, Malestar Xeral.

...E Problemas COVID-Persistentes: Astenia, Perda da Calidade de Vida, Fluctuación dos Síntomas.

Cando falamos de mortes de anciáns, non falemos de "os nosos maiores", "os avós". Nin son "nosos" no sentido de posesión, nin todxs son "avós". O de non derivalos os hospitais de referencia é de delito; como o que fixo Feijoo, dando 250 euros para gastar en cañas e paradores, e mentindo descarádamante cando dixo que tiña “6.000” rastrexadores, váia mentira, pois incluía o persoal de Atención Primaria, xa sobrecargado.

E comeza o curso escolar. A consellaría de educación, puxo de acordo a todalas institucións relacionadas ca educación, en contra do “protocolo” de seguridade, outro “éxito” de Feijoo. 

O interés da administración, debería ser que a xente non se contaxie e que non enferme, pero para iso hai que querer, e polo que estamos vendo, queren ben pouco. 

Aprender a convivir co virus e ca “nova normalidade” é algo ao que teremos que acostumbranos, por desgraza! 

Pero non debemos resignarnos e temos que demandar das administracións, coherencia, non contradiccións e transparencia!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.