Corpo a terra: un festival resiliente

©

Corpo a Terra chama a atención dos xestores culturais interesados na danza e na organización de festivais polos recursos innovadores na sua xestión. Nos últimos anos tamén foi noticia polos desencontros na sua relación coa cidade de Ourense

Coutro Agosto de pensar entroutros en Lorca por Antonia Mercé, La Argentina, onte rematou o Festival “Corpo a Terra”, que acada este ano a súa décima edición. Suliño o luxo de desfrutar do Idibegi do Proxecto Larrúa cun boi, Jordi Vilaseca, maxistral —neto de criadores de bois como son; e doutros artistas totais como David Loira, a elegancia de Glovo e a techno-participación de Cristina Balboa... Reseñar tamén a excelencia do equipo técnico, PROSODA, muitas veces esquencido de referenciar e nun limbo na identificación de profesionais culturais actual nas medidas sobrevidas pola pandemia. Eles son axentes principais de prevención sobre o terreo, facendo o espazo inda máis habitábel. E a beleza e hospitalidade alaricana, da vila patrimonial e da súa programación cultural, sempre.

Pensemos que hai 10 anos se pensaba unha Candidatura de Capital Europea da Cultura xusto para este ano na cidade, dado o Centenario da Xeración Nós este outono, e hoxe nos atopamos, e nón polo contexto COVID, nun período de grande mortandade das programacións culturais locais

“Corpo a Terra” chama a atención cada ano dos xestores culturais interesados na danza e na organización de festivais polos recursos innovadores na sua xestión, mantendo abertas todo tipo de canles de interlocución coas administracións públicas, tanto territoriais como específicas e a transparencia déstas para cos medios. Asua capacidade de supervivencia e a adaptación a un contexto especialmente agresivo onde se superpoñen o xeral da Cultura, o coiuntural da COVID e a especificidade ourensá teñen devalado na captura de recursos con campañas de micromecenado na plataforma Goteo e partenariados internacionais, pasando por un merchandasing sempre cuidado e vistoso e a captura de financiamento en convocatorias abertas competitivas tanto galegas como estatais. Algunhas destas vías e proxectos, non obstante escaparonse - Tamén outros que escaparon, como proxectos Europa Creativa pola incerteza da posibilidade de cofinancioamento pola dependencia ano tras ano do éxito en convocatorias abertas competitivas estatais e autonómicas ante a inexistencia dun convenio base con ningúa delas que garanta a sua pervivencia dun ano para o outro.

E así van dous lustros. Nos últimos anos o Copo a Terra tamén foi noticia polas dificultades e desencontros na sua relación coa cidade de Ourense, territorio de orixe, antiga Atenas de Galicia, e cidade querida miña miña de adopción eses dous lustros. O luns da semana do festival, co inicio do mesmo, saltaba a palestra que éste decidía marchar da cidade no futuro, farto de intermitencias e dilacións no apoio municipal.

Cando unha cidade xa non só se moderniza culturalmente senón que vai deixando un regueiro acelerado de programacións culturais morridas de morte matada soamentes lle queda encomendarse a un Aquapark ou ao Tren-Bala 

Ese mesmo xoves nos erguíamos coa dimisión, precisamente, do concelleiro de Cultura desta cidade, outro que non deixa mais legado que ise impacto na prensa, lonxe de mínimo cambio ou marca persoal —xa non modernización— da estrutura de políticas culturais municipais de ningúa crás. Desmarquemos desta falla de liderado político-cultural aos equipo de traballadoras do Concello, que sempre teñen estado á altura das necesidades dun festival de danza de cidade, como de cinema, nesta como en tantas outras ocasións, nun contexto de deriva progresiva pola crise de liderado. Pensemos que hai 10 anos se pensaba unha Candidatura de Capital Europea da Cultura xusto para este ano na cidade, dado o Centenario da Xeración Nós este outono, e hoxe nos atopamos, e nón polo contexto COVID, nun período de grande mortandade das programacións culturais locais. No caso do Corpo a Terra, tense rebrido a sobrevivir, descentralizado territorialmente dividida entre a Bela Áuria e a alaricana Chave do Reino de Galicia, diversificado tanto en apoios, ingresos como en actividades xunto as tradicionais de representación, formativas, e tc, e segue vivo, anque se plante en abandoar totalmente Ourense.

Cando unha cidade xa non só se moderniza culturalmente senón que vai deixando un regueiro acelerado de programacións culturais morridas de morte matada, que complementan a sua oferta de ocio gastronómico e turismo termal, soamentes lle queda encomendarse a un Aquapark ou ao Tren-Bala para non ser unha Springfield, sobre todo coa boa labor e emerxencia de Ribadavia do lado. Pasáballe á Coruña co Culleredo de Tino Poza. E sempre é mellor ter máis de soamentes unha opción, nos dereitos constitucionais de acceso e participación cultural, e na vida dunha cidade grande e danzona como Ourense.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.