Derrotar a Rusia?

Soldados do exército ucraíno Dominio Público

Acaso a OTAN e os EE.UU cos seus aliados, súbditos, pretende en serio que Ucrania derrote a Rusia no campo de batalla? En cantos anos?

Algúns o din abertamente. Outros coa boca pequena. E aínda hai quén o pensa en serio. Falo de altos dirixentes claro. Dos que teñen mando en praza, é dicir, poder para dicilo e quedarse tan anchos.

Ucrania pode derrotar a Rusia!

Un desexo? Unha boutade? Unha provocación? Ou o convencimento baseado en datos obxectivos?

Certo que a Federación Rusa, a invasora, non da mostras de ser o que presumía e pensabamos. O seu exército, moi lonxe da súa fama, non parece capaz de avanzar máis, ou non quere. Pero todos saben, sabemos, que é unha potencia nuclear. E isto non é algo de menor importancia.

Entón a qué demo ven actuar como un animador de baloncesto nos medios tempos do partido? Acaso a OTAN e os EE.UU cos seus aliados, súbditos, pretende en serio que Ucrania derrote a Rusia no campo de batalla? En cantos anos?

Por moito que suministre armamento, loxística, intelixencia, bombas de última xeración, drons, misís, tanques, mesmo avións de combate, Ucrania é o que é, e Rusia un mundo sen fin.

Quizáis están buscando un marco máis favorable para por en marcha un Plan de Paz negociado sobre bases mellores? O chino, o chino brasilero, ou calquera outro máis ou menos posible.

Pero cántas máis persoas, mozos e o seu futuro, civís... teñen que morrer para convencerse de que canto antes abramos un diálogo entre as partes, coa mediación de Nacións Unidas, de China, do Brasil, de quen teña capacidade e competencia para facelo?

Pero cántas máis persoas, mozos e o seu futuro, civís... teñen que morrer para convencerse de que canto antes abramos un diálogo entre as partes, coa mediación de Nacións Unidas, de China, do Brasil, de quen teña capacidade e competencia para facelo, da UE mellor nen falamos, será para aforrarmonos morte, destrucción, feridos, desprazados...?

Cándo faremos realidade por fin a Carta Constituínte das Nacións Unidas? e o seu principal obxectivo: "evitar ós nosos fillos o horror da guerra", cánto máis teremos que esperar calados, distraídos, adormecidos, acomodados... para berrar "Abaixo as armas! como fixo Bertha Von Suttner, a primeira muller Premio Nobel da Paz en 1905?. Cánto máis?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.