Distopía á sombra do asalto ao Capitolio

Distopía á sombra do asalto ao Capitolio © pepe do rial

“Año 2098, 1 de julio

Segundo Imperio Español

 

Bienvenidos a la exposición del II Centenario del Sitio de Baler. Mi nombre es María, y voy a ser su guía durante esta visita. Recuerden que, para aquellos que lo necesiten, tienen a la entrada del museo audioguías disponibles en varios idiomas. Por mi parte, daré las explicaciones pertinentes en el lenguaje universal: el castellano. Si todos están listos, presten atención y demos comienzo al increíble y heroico acontecimiento que ocurrió entre el 1 de julio de 1898 y el 2 de junio de 1899.

[...]

Debemos comprender que la España de por aquel entonces no es la de hoy día. La economía estaba en decadencia, el gobierno no era el mejor y el pueblo no estaba tan unido, ni orgulloso, como todos nosotros hoy. Perdimos así Filipinas, Cuba y Puerto Rico, que no serían recuperadas hasta el año 2050, con los Tratados de Reconstrucción de la Grandeza, firmados en la Capilla Real de Granada.”

Copiamos parcialmente o relato Los últimos de Filipinas, guía de museo futura (1898), do libro Gestas de la Historia de España, ed. La esfera de los libros, 2020, cuxos autores son Manuel Ángel Cuenca López, Fermín Valenzuela Sánchez e a ilustradora Gloria Cuenca López. Nós puxemos as negriñas e aforramos, en fin, tautoloxía inútil nesta estarrecedora historia de frío insondable. 

Respecto ás ilustracións, destaca por todures dunha ou doutra maneira, ora a xeito de parche na manga da zamarra duns nenos, ora no colo da camisa dun home, ora ao vento sobre un futurista Museo del Prado, a bandeira da Cruz de Borgoña, representativa do Imperio español. Tamén, nun caso, na compaña da Cruz de Santiago.

O negacionismo é planta vella, nacida á calor do revisionismo –un eufemismo do renacemento nazi- a partir dos ´70 ata que Alemaña e outros países decidiron responder con prisión a toda aquela persoa que, abeirada na presunción da revisión das probas históricas, negase ou relativizase o Holocausto. 

Aquí tardou en prender, pero nos 80 xa houbo grupos revisionistas en Galicia, aínda que nin caso lles fixo ninguén, nin sequera para molestarse en denuncialos; tampouco había moita lei que invocar. A explosión de VOX debe moito á actividade pseudohistoriográfica de F. Jiménez Losantos, César Vidal ou Pío Moa, que intentan reescribir o relato do Golpe de Estado, e os sucesos posteriores, baixo a audaz tese de que o Golpe fora, en realidade, en 1934; un Golpe comunista e da esquerda en xeral contra o que Franco se rebelou dous anos despois para restaurar a orde. 

Toda batalla política comeza sendo unha batalla cultural, pero PSOE-Prisa xulgaron que a mediocridade desa nova Historia con millóns de libros vendidos caería baixo os artiguiños de Santos Juliá en El País e ollaron para o revisionismo español con displicencia e sen arriscar a posibilidade de que o Poder Xudicial prohibise perseguir o revisionismo en España -ou quen sabe se calculando o beneficio electoral que supoñería a saída do armario do franquismo agochado no PP. 

Por aquí, non seremos nós quen habemos tirar a primeira pedra, a algúns tampouco lles gusta a bandeira, a nosa, a Academia ou o idioma, non se atreven a dicilo coa boca enteira e inventan dragóns, pseudoinstitucións e normativas e así poden empezar a gobernar o seu país imaxinario. Entrementres, España publica cousas como a citada arriba con intención divulgativa e “didáctica” non só entre a mocidade, en palabras dun dos autores

No entanto, mentres o sol alente cada mañá sobre a corda frouxa do horizonte, aquí seguiremos, fill@s de nais e pais que non apodreceron parte da súa mellor intelixencia no pozo negro do fascismo, para pesadelo de negacionistas e imperialistas. Van milenios. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.