A Pandemia vírica que padecemos neste momento, ademais de ser unha novidade, unha guerra diferente, algo que nunca imaxinamos que nos tocaría vivir, nos obriga a recluíunos, non nas prisións, senón nos respectivos domicilios. Pero ser, somos, toda a cidadanía que vivimos en pisos, presas e presos sen patio onde pasear, correr, etc. Así pasaron dous primaverais meses nos que o confinamento, o comportamento cívico da poboación e a entrega heroica das e dos profesionais sanitarios, conseguiu amortecer a epidemia, remitir algo o andazo.
Ao saír en tempo e hora, as persoas, ademais de careta, están obrigadas a gardar a distancia entre persoas. Unha expresión ben coñecida no pasado, no que non había virus nocivos pero había clases sociais e moita diferencia entre elas
Daquela é cando o goberno autoriza saír á rúa, primeiramente as criaturas, que normalmente aturan peor a inmobilidade, e despois a persoas maiores, e a toda a cidadanía en tempo e hora determinadas.
Non entendo como si puideron saír os cans, acompañados da ou do dono, e non as criaturas. Sei que deben sacalos a ensuciar as rúas e dominios públicos da cidadanía. E iso me enerva. Se son mascotas, se son domésticos, deben facer as súas necesidades na casa ou no dodotis como as criaturas. Non é tolerable que saian a emporcar as rúas. E menos que os cans teñan máis mobilidade e dereitos que a infancia.
Cando eu era nena, tamén a infancia mexaba na rúa. Agora a ningunha nai ou pai se lle ocorre cousa semellante. Pero os cans si poden? Privilexio canino e privilexio das persoas que teñen cans. As que teñen criaturas, ademais de sentir pena por elas, vólvense micas para entretelas pechadas nas casas, e que fagan os deberes que lles envían da escola.
Na rúa do Principe, eu xa non o vin, había distintas horas para pasear, segundo a clase social
Ao saír en tempo e hora, as persoas, ademais de careta, están obrigadas a gardar a distancia entre persoas. Unha expresión ben coñecida no pasado, no que non había virus nocivos pero había clases sociais e moita diferencia entre elas. A clase privilexiada quería gardar as distancias con esa xente. As clases sociais non eran virus mortais pero danaban a humanidade e lixaban as conciencias.
Outro aspecto que persoas moi maiores poden lembrar e outras non tan maiores puidemos escoitar, ou, no meu caso, investigar para escribir unha novela da época, é o de sinalar unha franxa horaria para o paseo. Na rúa do Principe, eu xa non o vin, había distintas horas para pasear, segundo a clase social. Non había que usar a policía para chamar a atención, como agora, ou multar as infractoras. A hora fixa da tarde, as e os traballadores, (comercio, telefónica, sombrereiras, modistas, etc) para casa. Entraba logo a clase media. A alta non viña a pasear. Só saían para ir aos seus clubs exclusivos.
A xeración anterior, da xuventude dos meus avós, que tiña o seu solaz na Alameda, dispuñan de tres corredores de paseo. Un estreito para o señorío. Outro mediano para a clase media. O máis ancho usábano as criadas coidando a infancia cos seus patinetes
Agora tamén temos horarios diferentes de paseo, pero por idades. Coa única función de impedir que haxa moita xente nas rúas e evitar o contacto e o contaxio.
A xeración anterior, da xuventude dos meus avós, que tiña o seu solaz na Alameda, dispuñan de tres corredores de paseo. Un estreito para o señorío. Outro mediano para a clase media. O máis ancho usábano as criadas (cunha vestimenta ridícula e cursi para distinguirse cadansúa señora) coidando a infancia cos seus patinetes, bicicletas e outros xogos. A este grupo uníanse soldados que trataban de ligar coas chicas.
Xa ven. As circunstancias ás que nos obrigou este virus, remítenos a relacións cívicas no pasado. Recoñecemos que aquel gardar distancias e os diferentes horarios e lugares de lecer eran inxustos, inhumanos e crueis.