Guerras humanitarias (II). Ucraína tampouco!

Edificio destruído na guerra en Ucraína CC-BY-SA SESU

Hemeroteca

"Non hai camiños para a paz, a paz é o camino”

Que razón hai para sumarse ao deseño dun mundo bipolar onde a promoción de guerras e a negación dos DDHH son o alimento da supervivencia das superpotencias?

Que razón hai para sumarse ao deseño dun mundo bipolar onde a promoción de guerras e a negación dos DDHH son o alimento da supervivencia das superpotencias?

Que disparidade hai entre as atrocidades en Ucraína coas das ducias de miles de mortes de civís, coas fosas comúns, as bombas acio, cos seus centos de miles de desaparecidos, coas violacións de EEUU noutras latitudes? 

En que se diferencian os mortos provocados por Rusia, dos provocados por EEUU na Guerra de Iraque ? (30.000 segundo ten estimado o expresidente Bush e que outras fontes máis rigorosas multiplican por 30).

De todos os dramas que pode padecer unha sociedade, ningún poder superar a crueldade infinita da guerra, onde asasinar colectivamente ten recompensa.

Tanque ruso destruído en Ucraína CC-BY-SA Ministry of Internal Affairs of Ukraine

Teño percorrido lugares de pobreza extrema da Bolivia paupérrima na etapa previa a Evo Morales, época na que a renda per cápita era semellante á haítí. Estiven nas favelas máis profundas do Río de Janeiro. Entrado nos ranchitos caraqueños nos que as vivendas arremuiñadas desafían á gravidade e ao urbanismo. Pasado polas innumerables infravivendas espalladas por calquera lugar da xeografía da desigual América Latina, algunhas delas co chan de terra …

Calquera promotor, alimentador ou executor dunha guerra debería ter que responder penalmente das atrocidades que unha guerra comporta

Mais considero, que ningún destes inxustos dramas vitais pode compararse coa crueldade infinita que supón unha guerra. Onde a contenda esnaquiza a vida civil, a estrutura familiar de súpeto racha, onde o lar no se constrúen as emocións vivencias persoais volatilízanse polo impacto fugaz dunha bomba asasina. Onde os vínculos profesionais, económicos, formativos, de saúde.. súmense nun abismo de carencias, impotencias e incertezas. Onde a vida se rouba para sempre ou a prazos.

Calquera promotor, alimentador ou executor dunha guerra debería ter que responder penalmente das atrocidades que unha guerra comporta. No caso de Ucraína, Putin é a figura clave da iniciativa bélica que asola Ucraína. Por tanto, é o responsable máximo.

Historicamente, as grandes potencias, teñen consolidado as estratexia de dominio económico impulsando guerras , golpes de estado, inxerencias políticas ou estrangulamentos selectivo doutras economías. Este mundo de tensións bipolares constitúe a maior ameaza para o planeta.

A vehemente viraxe dunha parte de esquerda europea, e só europea, cara á posicións belicistas, identificando poderosas estruturas militares como as garantes dos DDHH, aliñándose cunha das grandes potencias que historicamente actuou cos mesmos patróns destrutivos que os que hoxe son utilizados por Rusia, é decepcionante

Neste contexto xurdiron outros actores optaron por impulsar modelos planetarios de multilateralidade, de distensión, de neutralidade, de negociación, de prevención de conflitos... Avanzar cara un mundo onde o respecto as decisións soberanas non fose engulido pola interferencia das grandes potencias e dos seus bloques militares. 

A vehemente viraxe dunha parte de esquerda europea, e só europea, cara á posicións belicistas, identificando poderosas estruturas militares como as garantes dos DDHH, defensoras da soberanía, defendendo a necesidade de fornecer de armamento, aliñándose cunha das grandes potencias que historicamente actuou cos mesmos patróns destrutivos, que os que hoxe son utilizados por Rusia, é decepcionante.

Afoga a existencia dun mundo onde a guerra, independentemente do seu impulsor, sexa sempre crime contra da humanidade. A defensa da soberanía de Ucraína, dos refuxiados é produto dunha puntual situación estratéxica, non se fai por acreditar en principios universais, que noutras moitas latitudes se vulneran coa mesma intensidade que agora emprega Rusia.

Militares ucraínos na guerra do Dombás en 2015 CC-BY-SA Ministry of Defense of Ukraine

O panorama dunha Europa máis empobrecida, máis militarista, máis aliñada coas posicións unilateralistas dos EEUU, menos social, menos independente, con menor capacidade de intermediación e de liderato mundial entre os non aliñados, tampouco é moi esperanzador

No comezo da Guerra de Ucraína, Javier Solana, ex Secretario Xeral da OTAN aseguraba: “Vivimos as consecuencias de suxerir que Ucraína entraría na OTAN”. Por conseguinte semella que houbo moito tempo para que a diplomacia crease outros escenarios de neutralidade, de seguridade e de confianza mutua. Aínda que o panorama se presente coma unha confrontación entre un estado ocupante e outro ocupado, o escenario asemellase, cada vez máis, ao dunha pugna entre as grandes superpotencias en territorio de Ucraína.

Noam Chomsky, quen hoxe non dubida en sinalar a Guerra de Ucraína promovida por Rusia coma un dos maiores crímes de guerra do século XXI, levaba décadas albiscando e alertando pública e milimetricamente o escenario dramático que hoxe temos en Europa, no que EEUU e a OTAN foron fonte de tensión progresiva.

En Ucraína, a información, a comunicación, as alianzas económicas ou militares, o financiamento, o subministro de armas e os obxectivos militares, van encamiñados fundamentalmente a penalizar e debilitar a poderío ruso e a medir a capacidade operativa de EEUU e o seus socios. Zelinski ou Biden así o teñen recoñecido nos últimos días.

O panorama dunha Europa máis empobrecida, máis militarista, máis aliñada coas posicións unilateralistas dos EEUU, menos social, menos independente, con menor capacidade de intermediación e de liderato mundial entre os non aliñados, tampouco é moi esperanzador. Semella un contexto máis favorable para proxectos políticos autoritarios, pouco respectuosos cons DDHH e menos sensibles a procurar a paz, como único camiño para a supervivencia do planeta.

Descualificar a multilateralidade, a distensión, a negociación, a neutralidade, o distanciamento das grandes superpotencias promotoras das guerras, é suicida.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.