Plaxiar, verbo transitivo
Copiar [una obra allea, literaria ou artística, ou parte dela] e presentala como propia
Dicionario da Real Academia Galega (RAG)
O pasado verán publiquei un artigo neste mesmo xornal dixital. O texto estaba inscrito na serie “Bibliotecarios e represión franquista” e describía o proceso de depuración sufrido por esta exemplar funcionaria rioxana. Aquela investigación analizaba o calvario padecido tras a Guerra Civil española en forma de expediente inquisidor e describía as sancións sufridas pola facultativa Carmen Guerra
O pasado verán publiquei un artigo neste mesmo xornal dixital titulado “Carmen Guerra San Martín, a bibliotecaria irrelixiosa”. O texto estaba inscrito na serie “Bibliotecarios e represión franquista”, era a cuarta entrega e describía o proceso de depuración sufrido por esta exemplar funcionaria rioxana. Aquela investigación analizaba o calvario padecido tras a Guerra Civil española en forma de expediente inquisidor e describía as sancións sufridas pola facultativa Carmen Guerra. A base fundamental do artigo estaba sustentada nos documentos conservados no Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares.
En resumo, aquel traballo mostraba os avances espectaculares experimentados pola Biblioteca Pública de Córdoba desde a chegada á súa dirección de Carmen, a finais de 1933, no ecuador da vida da Segunda República. Logo, acusada de “propagandista de ideas marxistas” e de “irreligiosa”, en 1937 foi apartada da docencia que impartía na Escola de Artes e Oficios cordobesa e separada da responsabilidade na Biblioteca Pública da capital andaluza. Por fin, na primavera de 1941, a funcionaria do Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos foi readmitida pero coas seguintes sancións: traslado forzoso fóra de Córdoba coa prohibición de solicitar postos vacantes, inhabilitación para cargos de confianza e, por último, postergación durante un ano. A orde cos castigos citados foi asinada polo ministro de Educación Nacional, José Ibáñez Freire e publicada no Boletín Oficial do Estado o 15 de outubro de 1942.
Unha Orde Ministerial do 17 de febreiro de 1948 deixaba extinta a anterior de outubro de 1942. Carmen Guerra puido entón traballar na Biblioteca da Universidade de Oviedo. Alí acadou a dirección do centro e remataría xubilándose a principios de 1977. Nunca falou da súa etapa cordobesa e moito menos da persecución padecida, falecendo na cidade ovetense en 1999. O estudo sobre a depuración de Carmen Guerra pode consultarse integramente en:
https://praza.gal/opinion/carmen-guerra-san-martin-a-bibliotecaria-irrelixiosa
Catro meses máis tarde, o 11 de outubro, a tradución do texto coa firma dun autoproclamado “divulgador cultural”, viu a luz noutra revista dixital: MasticadoresFEM. Aquela copia levaba por título “Carmen Guerra y la Biblioteca Provincial de Córdoba”, aparecía na sección “Con firma masculina” e estaba rubricada por Pepe González Arenas
O artigo – insiro como xa avanzamos en Praza Pública – onde narraba estes e outros pormenores apareceu publicado o 28 de xuño de 2024. Catro meses máis tarde, o 11 de outubro, a tradución do texto coa firma dun autoproclamado “divulgador cultural”, viu a luz noutra revista dixital: MasticadoresFEM. Aquela copia levaba por título “Carmen Guerra y la Biblioteca Provincial de Córdoba”, aparecía na sección “Con firma masculina” e estaba rubricada por Pepe González Arenas. O señor González Arenas, biólogo de profesión e aspirante sen éxito a senador, aproveitou o momento en que a biblioteca cordobesa decidiu homenaxear a Carmen Guerra dándolle o seu nome ao novo salón de actos do centro lector. O que vén a continuación é a cronoloxía dun plaxio.
José Luis Campal Fernández (Pola de Laviana, Asturias, 1965) é licenciado en Filoloxía Hispánica, ensaísta, poeta e crítico literario. Pertence ao Real Instituto de Estudos Asturianos (RIDEA) e posúe un envexábel currículo en forma de libros, colaboracións en obras colectivas e artigos en revistas especializadas. A principios de decembro do pasado 2024, Campal atopábase buscando bibliografía sobre Carmen Guerra pois, lembremos, esta funcionaria exerceu a dirección da Biblioteca Universitaria ovetense. Entón, saltou a alarma.
A primeira decisión que tomei foi escribir a Pepe González Arenas e notificarlle a necesidade de manter unha conversa. A charla foi tirante e pouco agradábel. Ás miñas preguntas, o cordobés limitouse a afirmar que non lembraba nada e que descoñecía que textos utilizara para a súa “investigación”, non podendo afirmar se lera o meu traballo ou non
O profesor asturiano atopou os dous artigos na rede. Lembremos, un publicado en lingua galega baixo a miña responsabilidade o 28 de xuño de 2024 e o segundo traducido ao castelán, divulgado na revista dixital MasticadoresFEM catro meses máis tarde, baixo outra sinatura e editado o 11 de outubro. Tras localizar o meu correo electrónico, José Luis Campal contactou comigo o pasado 14 de febreiro do ano en curso, xa que, desvelar o achado, segundo confesoume, enchéralle “de estupor”. Campal Fernández advertía do descubrimento de “un caso de fusilamento masivo que me dejó ojiplático”. E continuaba: “Indagando, logré localizar [no texto usurpado] hasta cuatro fuentes trasladadas literalmente, eso sí, sin entrecomillado alguno, ni por supuesto referencias bibliográficas que advirtieran sobre el origen del contenido”. Ese mesmo día do contacto, 14 de febreiro, o responsábel da copia subía a súa “orixinal investigación” á súa conta social X.
Antes de localizarme, o 18 de decembro Campal Fernández avisaba do feito á editora da revista en liña MasticadoresFEM. Mercedes González Rojo recibiu a alerta sobre un “artigo conflitivo” pero, contra toda lóxica, o texto continuou exhibido nas súas páxinas... Por se todo iso non bastase, o “divulgador cultural” contactou coa Biblioteca Pública de Córdoba e, con motivo da homenaxe a Carmen Guerra, ofreceu “a súa investigación” para que fose difundida. O centro público aceptou sen sospeitar e o texto apareceu na súa páxina web. Entón, Campal decidiu ensinarme o sucedido.
A primeira decisión que tomei foi escribir a Pepe González Arenas e notificarlle a necesidade de manter unha conversa. A súa resposta asombrosa vía correo electrónico foi: “¿En qué puedo ayudarle?” Ese mesmo día, 17 de febreiro, e tras el pensalo mellor, recibín a súa chamada telefónica. A charla foi tirante e pouco agradábel. Ás miñas preguntas, o cordobés limitouse a afirmar que non lembraba nada e que descoñecía que textos utilizara para a súa “investigación”, non podendo afirmar se lera o meu traballo ou non. As contestacións de González Arenas enchéronme de estupor e ansiedade. De ser máis intelixente recoñecendo uns feitos manifestos, o asunto morrería alí. Pero, camiñar dous metros por encima do chan e manifestar moita soberbia, arrogancia e altiveza, indicaron os pasos a seguir.
Tras contactar co catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela, Ángel García Vidal – experto en Propiedade Intelectual e dereitos de autor –, os seus impagábeis consellos fixeron que establecese comunicación co director da revista Masticadores, Juan Re Crivello, a editora xa citada, Mercedes G. Rojo, e, loxicamente, co propio González Arenas.
O 24 de febreiro notifiquei aos tres citados unha petición onde describía todo este lamentábel suceso, solicitaba a retirada do artigo da revista Masticadores e reclamaba unha desculpa pública por parte de Pepe González Arenas, así como a supresión do texto das súas redes sociais
O 24 de febreiro notifiquei aos tres citados unha petición onde describía todo este lamentábel suceso, solicitaba a retirada do artigo da revista Masticadores e reclamaba unha desculpa pública por parte de Pepe González Arenas, así como a supresión do texto das súas redes sociais: Facebook, X e web persoal. Aquela demanda ía acompañada dun anexo onde, baixo o título “Comparativa literal de los párrafos originales y sus plagios”, expoñía os fragmentos do texto orixinal galego e as copias asinadas por González Arenas na súa tradución española.
O bo que ten o correo electrónico é que che permite verificar ata a hora dos envíos e das respostas. A mensaxe foi lanzada aquel luns 24 de febreiro ás 10:44 horas. Ás 11:11 xa tiña unha resposta. Non pasara nin unha hora cando a editora da revista, Mercedes González Rojo escribiu: “No puedo más que manifestarle mis más sinceras disculpas por lo acaecido”. E concluía: “Tal y como justamente expone en su requisitoria, procedo a la eliminación de dicho artículo de las páginas de MasticadoresFEM”. Así foi e hoxe a ligazón aparece baleira aínda que antes tiven a prudencia de capturar o seu contido. Con todo, este o enlace antigo, agora sen contido:
A interpelación non foi contestada polo director da revista, Juan Re Crivello, quen, supoño, delegou toda a responsabilidade na editora e o suposto copiador. Este non tardou en responder e o mesmo día 24 de febreiro, xa de tarde, comunicouse comigo ás 16:39 h. Pasaran case cinco horas desde o envío da demanda e o seu anexo, pero, novamente, González Arenas equivocouse sen medir as consecuencias. E tempo tivo de pensar, reflexionar e ofrecer unha resposta satisfactoria admitindo a súa indecencia e a súa deshonestidade.
Naquel lamentable correo electrónico, o cordobés comezaba mostrando a súa sorpresa pois, na charla telefónica, “creía haberle dado todas las explicaciones”. Empezabamos mal e tentou arranxalo: “Quiero manifestarle que lamento lo ocurrido y el daño que le haya podido causar, pero en mi voluntad nunca ha estado perjudicarle”. Todo correcto. O problema e agravamento deste balbordo vén cando el mesmo pregúntase: “¿Cómo es posible que haya citas casi idénticas?” A súa resposta, ambigüa e calculada, consistiu nun mero “Sinceramente no lo sé”. Unha desvergoña imprudente que denota non recoñecer nada en absoluto. E aínda por riba, volve interrogar: “¿Cómo es posible que yo disponga de unas frases muy parecidas?” Contestación ao límite: “Sinceramente lo ignoro”. Amnesia repentina, maiúscula impudicia.
Pepe González Arenas sentencia: “Yo no he traducido ninguna frase”, o cal pode ser certo á vista dos potentes e fiables tradutores en liña, gratuítos e ao alcance de calquera que os precise. Ademais, a mentira volve aflorar: non son frases traducidas, son parágrafos completos. O cordobés finaliza cunha tentativa de eludir a súa responsabilidade trasladándoa á propia revista, debido a que “donde publiqué el escrito carece de una estructura para incluir bibliografía y por su propia naturaleza divulgativa no se emplea el sistema de citas bibliográficas”. Todo son escusas de mal pagador que foron rebatidas un día máis tarde, o 25 de febreiro. Pero antes, que sexa o lector quen xulgue se existiu un diáfano caso de copia e pega:
Texto orixinal. Publicado en Praza Pública o 28 de xuño de 2024. Autoría: Francisco Xavier Redondo Abal.
Severina María del Carmen Guerra San Martín naceu o 8 de xaneiro de 1907 en Ollauri, A Rioxa. Filla do médico bilbaíno Santiago Guerra Anaya, Carmen acadou a Licenciatura de Filosofía e Letras, Sección Letras, na Universidade Central de Madrid, con premio extraordinario e, tras superar as oposicións, ingresou no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos (CFABA) o 1 de outubro de 1931. O seu primeiro destino, breve, foi o Arquivo do Ministerio de Fomento, e a finais de 1933 alcanzará a praza de directora da Biblioteca Pública de Córdoba. Antes, entre agosto de 1932 e setembro de 1933, unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudios permitiulle residir nos Estados Unidos para mellorar e ampliar os seus coñecementos en Filoloxía e Literatura inglesas na Wellesley College. Xa de volta, no Escalafón de outubro de 1935, Carmen ocupaba o posto 254 dos 294 funcionarios que formaban o CFABA.
Texto plaxiado. Publicado en MasticadoresFEM o 11 de outubro de 2024. Artigo traducido e asinado por: Pepe González Arenas.
Severina María del Carmen Guerra San Martín, nació el 8 de enero de 1907, en Ollauri, La Rioja. Hija del médico bilbaíno Santiago Guerra Anaya, Carmen, obtuvo la Licenciatura en Filosofía y Letras, en la Universidad Central de Madrid, con premio extraordinario y, tras superar las oposiciones, se incorporó al Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos (CFABA) el 1 de octubre de 1931. Entre agosto de 1932 y septiembre de 1933, una beca de la Junta de Ampliación de Estudios, le permitió residir en Estados Unidos para mejorar y ampliar sus conocimientos en Filología y Literatura Inglesas, en el Wellesley College. Su primer destino, breve, fue el Archivo del Ministerio de Fomento, y a finales de 1933, alcanzará el cargo de directora de la Biblioteca Pública de Córdoba.
Texto orixinal. Publicado en Praza Pública o 28 de xuño de 2024. Autoría: Francisco Xavier Redondo Abal.
En Córdoba alternou o seu traballo na dirección da biblioteca coa docencia na Escola de Artes e Oficios. Alí impartiu clases de latín e grego e, desde 1935, realizou clases de apoio no propio centro de lectura que dirixía. Foron anos proveitosos para Carmen, non só no terreo profesional. Na capital andaluza trabou unha fonda amizade con, entre outros, Manuel Sánchez-Badajoz Cano, alcalde socialista de Córdoba entre marzo e xullo de 1936, fusilado polos franquistas o 7 de agosto daquel fatídico ano. A bibliotecaria intimou así mesmo co catedrático de Dereito da Universidade de Sevilla Manuel Martínez Pedroso, que fora deputado por Ceuta nas ringleiras do PSOE en febreiro de 1936 e rematou exiliado en México. Unha terceira amizade de Carmen Guerra foi a mantida con Antonio Jaén Morente, profesor no Instituto de Segunda Ensinanza de Córdoba, militante de Izquierda Republicana e deputado en dúas ocasións (1931 e 1936) que salvou a súa vida instalándose en San Xosé de Costa Rica.
Texto plaxiado. Publicado en MasticadoresFEM o 11 de outubro de 2024. Artigo traducido e asinado por: Pepe González Arenas.
En Córdoba, alternó su trabajo en la dirección de la biblioteca con la docencia en la Escuela de Artes y Oficios. Allí enseñó latín y griego y, a partir de 1935, impartió clases de apoyo en la biblioteca que regentaba. Fueron años fructíferos para Carmen, no sólo en el ámbito profesional. En la capital andaluza, entabló una profunda amistad, entre otros, con Manuel Sánchez-Badajoz Cano, alcalde socialista de Córdoba, fusilado por los franquistas. Con el catedrático de Derecho de la Universidad de Sevilla, Manuel Martínez Pedroso, que había sido diputado por Ceuta en las filas del PSOE en febrero de 1936 y acabó exiliado en México y con Antonio Jaén Morente, profesor del Instituto de Segunda Enseñanza de Córdoba, militante de Izquierda Republicana y diputado en dos ocasiones, que salvó la vida instalándose en San José de Costa Rica.
Texto orixinal. Publicado en Praza Pública o 28 de xuño de 2024. Autoría: Francisco Xavier Redondo Abal.
Ademais do alcanzado, Samuel de los Santos subliña que Carmen “se preocupó grandemente por reorganizar la biblioteca”, creando dúas seccións, unha de fondos históricos e outra popular. A bibliotecaria solicitou da Xunta de Intercambio e Adquisición de Libros a concesión de revistas e obras modernas e a resultante final foi “un índice altísimo de lectores diarios que contrastaba con el muy bajo, por no decir nulo, de los años anteriores”.
Texto plaxiado. Publicado en MasticadoresFEM o 11 de outubro de 2024. Artigo traducido e asinado por: Pepe González Arenas.
Según Samuel de los Santos, Carmen Guerra «se preocupó mucho por reorganizar la biblioteca», creando dos secciones, una de fondos históricos y otra popular. Y solicitó a la Junta de Intercambio y Adquisición de Libros la concesión de revistas y obras modernas. El resultado final fue «un altísimo índice de lectores diarios que contrastaba con el bajísimo, por no decir nulo, de los años anteriores».
Texto orixinal. Publicado en Praza Pública o 28 de xuño de 2024. Autoría: Francisco Xavier Redondo Abal.
Carmen Guerra San Martín viña de transformar unha biblioteca incómoda en confortable, pouco hixiénica en saudábel, inabordábel ao principio en outra de acceso doado, ordenada, moderna e coidada.
Texto plaxiado. Publicado en MasticadoresFEM o 11 de outubro de 2024. Artigo traducido e asinado por: Pepe González Arenas.
Carmen Guerra San Martín, consiguió transformar una biblioteca incómoda en cómoda, antihigiénica en saludable, inaccesible al principio en una de fácil acceso, ordenada, moderna y bien mantenida.
Texto orixinal. Publicado en Praza Pública o 28 de xuño de 2024. Autoría: Francisco Xavier Redondo Abal.
Todo remataría para Carmen Guerra o 17 de febreiro de 1948 cando unha Orde Ministerial deixaba extinta a anterior de 15 de outubro de 1942. Para entón, Carmen levaba un tempo traballando na Biblioteca da Universidade de Oviedo. Alí alcanzaría a dirección da mesma e acadaría a xubilación a principios de 1977. Nunca xamais falou da súa etapa cordobesa, nin con parentes nin con amigos. Carmen Guerra San Martín faleceu en Oviedo en 1999.
Texto plaxiado. Publicado en MasticadoresFEM o 11 de outubro de 2024. Artigo traducido e asinado por: Pepe González Arenas.
El calvario terminaría para Carmen Guerra el 17 de febrero de 1948 cuando una Orden Ministerial derogó la anterior de 1942. Por entonces, Carmen, llevaba un tiempo trabajando en la Biblioteca de la Universidad de Oviedo. Allí alcanzaría la dirección de la misma y más tarde en 1977, la jubilación. Carmen Guerra San Martín, falleció en Oviedo en 1999.
Os lectores poden xulgar.
*****
En poucos momentos apostei por presentar esa denuncia: só buscaba un recoñecemento por parte de González Arenas no que admitise a súa apropiación intelectual indebida. O feito da rápida reacción á miña proposta por parte da editora de MasticadoresFEM, así como o responsábel comportamento da Biblioteca Pública de Córdoba agochando o artigo do “divulgador cultural”, xogou ao seu favor
O 24 de febreiro establecín contacto coa Biblioteca Pública de Córdoba. Tras presentar os textos orixinais e as copias subseguintes, o plaxio foi retirado de inmediato. Miguel Ruz, responsábel da área de Información Bibliográfica e Referencia da biblioteca cordobesa, desculpouse con sinceridade tras afirmar que “compartimos dicho enlace en el mes de octubre porque el ‘autor’ del mismo nos lo hizo llegar”. O proceder da Biblioteca Pública de Córdoba resultou, tras coñecer aquela obscenidade, honesto e consecuente.
Un día máis tarde, o 25 de febreiro, contestei vía correo electrónico a González Arenas. Nun extenso envío rebatín punto por punto todas as súas negativas e todos os seus esquecementos, concluíndo: “Me reservo el derecho a demandarle por un presunto delito de plagio, así como a redactar un artículo (original) narrando todo este desvarío provocado por su irresponsabilidad”. Ao final, non houbo demanda, pero si artigo.
En poucos momentos apostei por presentar esa denuncia: só buscaba un recoñecemento por parte de González Arenas no que admitise a súa apropiación intelectual indebida. O feito da rápida reacción á miña proposta por parte da editora de MasticadoresFEM, así como o responsábel comportamento da Biblioteca Pública de Córdoba agochando o artigo do “divulgador cultural”, xogou ao seu favor.
Tamén contribuíu, e moito, para non chegar aos tribunais a través dunha demanda civil, os bos consellos ofrecidos tanto polo catedrático xa citado Ángel García Vidal como por Agustín Vilariño, avogado e gran amigo de Pontedeume. Ámbolos dous emitiron xuízos por separado pero coincidentes: o artigo plaxiado estaba retirado da publicación e da páxina da Biblioteca Pública de Córdoba, iso era o fundamental; a indecencia e inmoralidade de González Arenas afloraban sen dúbida e a denuncia ante os tribunais non pagaba a pena. Sinceramente, eu sentín alivio.
O 27 de febreiro comuniquei a Pepe González Arenas que “tras diversas consultas, he decidido olvidar este lamentable tema y pasar página de una vez y para siempre”. E a continuación escribía: “No presentaré demanda de ningún tipo”. Ese mesmo día, dúas horas máis tarde, recibín puntual contestación. Resultou tan patética, sensiblera e lacrimóxena que quedará entre González Arenas e eu.
Este escrito supón un abafo superado e ar limpo nos pulmóns.
A Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC), onde eu traballo, organiza anualmente diferentes Cursos de Competencias en Información, unha docencia transversal onde o alumnado aprende a coñecer a súa biblioteca, moverse presencial e virtualmente por ela, saber buscar e usar información, discriminar aquela que non interese, manexar os catálogos automatizados, almacenar e utilizar aquela información relevante, buscar na internet e traballar na rede, citar e crear referencias bibliográficas, obter seguridade informática e protección. Tamén adquiren competencias sobre como redactar traballos de investigación e presentalos academicamente… Un dos módulos destes cursos en linea ofertados pola BUSC leva por título “Citar a información e evitar o plaxio”. Nel, o estudantado asimila conceptos como o seguinte: hai que respectar os dereitos das persoas autoras porque eses dereitos están protexidos pola Lei de Propiedade Intelectual... algo que nunca contemplou Pepe González Arenas e que eu endexamais agardaría dun secretario de Cultura [sic] socialista da provincia de Córdoba.