Hoxe é o día da República, non podo deixar de sentir unha emoción. Non a vivín, pero a miña familia foi republicana, por todas as partes, mesmo se había gran diferencia entre a familia do meu pai e a miña nai. O pai da miña nai, licenciado en dereito e moi culto, dicía que fora magnífica e que se impuxera sen sangue. E o pai do meu pai, alfaiate, ensinoume a cantar sentada nos seus xeonllos, “si los curas e frailes supieran…” o himno da República. Eu nacín ao rematar a guerra, onde mataron o meu pai. Tocoume vivir unha ditadura fascista de principio a fin. Foron preto de 40 anos sen luz.
A República foi un goberno avanzado, onde as mulleres conseguimos o voto, grazas a Clara Campoamor, ministra no Parlamento, e foi un tempo, breve, hélàs, pero intenso e culto.
Nunha entrevista que lle fan, precisamente a Clara Campoamor, lle preguntan polo mellor sistema de goberno e responde que, sen dúbida, é a República. Opino o mesmo, e non entendo como a estas alturas, España, non pode ser unha República como a maioría dos estados europeos. Esa reviravolta que demos ao pasado, por moito que Franco o deixara amañado, non é comprensible. A obediencia a Franco despois de morto, non ten sentido. Eran todos retrógrados.
Sexa como for, só nos queda celebrar cado ano o 14 de abril, ansiar un goberno distinto e seguir sendo republicanas.