“Mellor morrer loitando pola liberdade que ser preso todolos días da túa vida”. Bob Marley. 1945- 1981. Músico xamaicano e membro do movemento rastafari.
O 20/06/2026, celebróuse no Paraninfo do Reitorado da Universidade de A Coruña o XVIII Encontro Médico, organizado polo “Ilustre” Colegio Oficial de Médicos de la provincia de A Coruña. O acto, presidido por Rueda e o amortizado Conselleiro de Sanidade, contou ca presenza do Presidente do Colexio e outras autoridades. Concedíase a Insignia de Prata e o título de Colexiado Honorífico aos Médicos e Médicas xubiladxs no último ano. No diploma pon: “En reconocimiento a su abnegado y ejemplar cumplimiento de los principios y valores de la profesión médica: la primacía del bienestar del paciente, el respeto a su autonomía y la justicia social” (por suposto, todo en español). O acto contaba con misa, entrega das insignias e comida (claro).
Aproveitar o acto, para meterse (de novo) co goberno central é "miserable". Pola xente presente e porque o propio goberno central e os/as que estabamos, non podían defenderse. "Pedir o voto para Feijoo", como fixo Rueda, é despreciable. Escoitar mil veces o topónimo deturpado "La Coruña" é ata ilegal. Pero o do Presidente do Colexio (que non representa nin o 10% do colectivo) querer arrogarse como o paladín da defensa da profesión, pedindo: un “Estatuto Marco so para xs Médicxs, e seguir poder exercendo na Pública e na privada, cobrando á exclusividade”, tamén é impresentable. Podían cambiarlle o nome o Colexio de Médicxs e poñerlle: “Sucursal del PP-Vox”!
Querer facer dun acto de recoñecemento, un mítin do PP (como acostumbra a facer Rueda) non é de recibo. No acto estaba un general da Garda Civil, o arzobispo de Compostela o Xefe de Policía… e 400 persoas máis (cada unha ca súa ideoloxía, por suposto). O feito, representa moito o sentir da xente que dirixe o Colexio (de militancia obrigatoria para todolos médicos e médicas) e que conta cunhas prebendas, por parte das institucións, que xa querían para sí os/as que de verdade defenden a Sanidade Pública, totalmente abandoadas por quenes presidían o acto.
O orzamento da AP na Galiza é do 13,5% cando a OMS e as Organizacións Científicas, abogan polo 25% para poder ofrecer unha Sanidade Pública de Calidade. E que fai o PP na Galiza? Desmantela o Sistema Público e dalle miles de millóns de € a sanidade privada, a través de concertos. Si se investiran eses cartos na Pública, a cidadanía estaría mellor atendida.
Ese mesmo Rueda que ten a Galiza como a Comunidade Autónoma que menos inviste por habitante en Educación: 1.095 €, frente a Euskadi con 1.856 € (no 2025). Pero non so ísto, ten tamén a Galiza como a segunda Comunidade que menos inviste en Sanidade (detrás de Madrid) según o análise dos orzamentos autonómicos feito pola Federación de Asociaciones en Defensa de la Sanidad Pública.
Na Galiza non se cubriron 26 prazas MIR, quedando vacantes inicialmente, según datos do Ministerio de Sanidad. Por qué será? Pero ten a 1.600 profesionais facendo horas extra (o dobre que no 2024). E sigue gastando máis do que recauda: si no ano 2009 a débeda pública na Galiza era de 4.859 m. de € , no 2026 será de 12.282 m. de €. Váia xestor! Tendo ademáis o orzamento máis alto da historia: máis de 14.000 m. de €.
O INE, publicou recentemente un informe sobre a Enfermaría no ano 2025, que é demoledor para o sr. Rueda e compañía: estamos só por diante de Murcia con 14.541 enfermeiras. Son 533 enfermeiras por cada 100.000 habitantes. A media do estado é de 633 (100 máis). A media da Unión Europea é de 819...queren que fagan máis...con menos persoal! Ademáis, no último ano, 256 enfermeiras formadas na Galiza, marcharon do País para exercer noutras CCAA do estado. Váia xestión!
O dos Psicólogos Clínicos xá é unha burla á profesión. Prometer facer e non facer nada!
E volven a atreverse a fechar camas hospitalarias no verán, “pensando” que as enfermidades toman vacacións!
Cunha xestión tan nefasta, non se pode tomar aos asistentes o encontro como refens, para organizar un acto de “obediencia o partido” e ir en contra do sentido común. Pero non ten nome, o de apoiar a un líder da dereita, débil e cun bagaxe na Galiza moi perxudicial para os intereses da maioría dos galegos e galegas, beneficiando sempre aos lobbis máis destructores do país. Somos libres e queremos exercer a nosa liberdade!